O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA A CONVOCATORIA DE COMPRA DE TERREOS PARA A CONSTRUCIÓN DE 1.600 VIVENDAS PROTEXIDAS EN SAN PAIO DE NAVIA, Á QUE SE DESTINARÁN OITO MILLÓNS DE EUROS

 

  • Os propietarios de solo interesados  dispoñen de prazo ata o 30 de setembro para presentar as súas ofertas
  • Nos casos nos que nos terreos existan construcións ou elementos singulares a oferta poderá presentarase antes do 1 de setembro
  • O solo valorase en 126 euros por metro cadrado, ao que se deberá engadir o valor das construcións e elementos presentes nas fincas, como peches, arborado uo pozos
  • Cando existan vivendas e outras construcións ou elementos singulares, deberán incluirse na oferta fotos actuais e planos dos mesmos, así como unha proposta de valoración que avaliará a Xunta

 

  • A Xunta prevé que o vindeiro ano se poidan comezar as obras de urbanización e construción de vivendas no primeiro polígono se o Concello cumpre cos trámites de modificación do Plan Parcial

 

Santiago, 30 de xuño de 2016.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de adquisición dos terreos necesarios para a construción de 1.600 vivendas en San Paio de Navia, á que se destinarán 8 millóns de euros. No caso de que as ofertas presentadas polos propietarios do solo superen os oito millóns de euros previstos, a contía destinada á adquisición de solo poderá ser incrementada. No seguinte enlace ao DOG pódese consultar información desta convocatoria: http://goo.gl/z7LPLI

 

Os terreos valóranse a 126 euros por metro cadrado, ao que haberá que sumar o valor dos elementos existentes nas fincas, como construcións, peches, arborado, etc. Este valor é o prezo indicado para a expropiación na resolución do 23 de abril de 2008 e que non puido materializarse debido ás dificultades económicas e aos atrancos urbanísticos.

 

Os terreos que non se poidan conseguir a través de mutuo acordo por compravenda serán adquiridos por permuta cos seus propietarios ou a través dun posterior expediente de expropiación.

 

Os propietarios de terreos emprazados no ámbito de actuación deberán presentar as súas ofertas antes do 30 de setembro de 2016 con carácter xeral. No caso de que nas parcelas existan edificacións ou elementos singulares a valorar mediante un expediente contraditorio entre os seus titulares e a Administración o prazo de presentación de ofertas rematará o 1 de setembro de 2016.

 

Os titulares de terreos que acepten a oferta deberán presentar no Instituto Galego da Vivenda e Solo un escrito no cal figuren os seus datos persoais e os que permitan identificar a propiedade e coñecer a súa superficie. Para tal efecto, deberanse indicar a referencia catastral e, de ser o caso, os datos rexistrais.

No caso de existir, tamén deberán presentar unha relación de elementos presentes nos terreos, como peches, arborados, pozos, emparrados, etc., xunto coa valoración segundo os prezos de ditos elementos que se inclúen na Resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia.

Naqueles terreos en que existan vivendas e outras construción ou elementos singulares, deberán incluirse na oferta fotos actuais e planos dos mesmos, así como a valoración que lle da o propietario aos efectos de que a Xunta poida aceptar a oferta ou realizar una contraoferta para a adquisición dos terreos e as construcións.

Inicio de obras en 2017

A previsión da Xunta de Galicia é iniciar a obras de urbanización do polígono 1 en 2017, e dar comezo tamén paralelamente á construción de vivendas.

 

Previamente será necesaria a aprobación, polo Concello de Vigo, da modificación do Plan Parcial, para a cal a Xunta presentou a documentación necesaria o pasado 5 de xuño.

 

A modificación do Plan permitirá incrementar o número  de vivendas protexidas en preto de 1.000, concretamente 984, ao pasar de 613 que se podían edificar co documento orixinal ás 1.597 que se poderán construír grazas aos cambios introducidos no plan parcial. En total, a superficie construída destinada a vivenda protexida sitúase nos 189.000 metros cadrados, o que permitirá construír 165 vivendas unifamiliares e 1.430 distribuídas en bloques de edificación residencial.

 

A modificación do Plan Parcial tamén prevé o incremento substancial no número de prazas de aparcadoiro público, xa que se proxectan 1.230 prazas nas fases por desenvolver e 629 en terreos das fases xa urbanizadas, o que supón a execución de 1.859 novas prazas en San Paio de Navia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: