UN TOTAL DE 20 USUARIOS DA RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER REPRESENTARÁN A OBRA “DON JUAN” GRAZAS AO PROGRAMA LECER ACTIVO DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

  • A función terá lugar mañá sábado 2 de xullo ás 20.00 horas no Teatro Rosalía da Coruña
  • Esta iniciativa beneficia aos maiores que viven en centros residenciais de titularidade pública co obxectivo de fomentar que estas persoas sigan a ser parte activa da sociedade. Os programas destinados ás persoas maiores do programa Lecer Activo incorporan accións que axudan a manter  un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais

 

Santiago, 30 de xuño de 2016.- Un total de 20 persoas maiores da cidade da Coruña realizarán unha representación teatral da obra “Don Juan” de Molière, ao abeiro do programa Lecer Activo da Consellería de Política Social, e coa colaboración da compañía teatral Voadora.  

 

Os actores e actrices realizarán unha adaptación libre do clásico “Don Juan ou o convidado de pedra”, que amosará o paralelismo entre a rebeldía e a paixón do personaxe de Molière e a situación dos maiores na sociedade actual.

 

A selección de participantes priorizou aos usuarios da Residencia de Maiores Torrente Ballester, pero a participación tamén estivo aberta ao resto de veciños e veciñas da cidade herculina. Todos eles traballarán baixo as ordes da directora Marta Pazos, dúas veces gañadora do Premio María Casares á mellor dirección.

 

O evento terá lugar mañá sábado 2 de xullo, ás 20.00 horas no Teatro Rosalía da Coruña, e a entrada será de balde ata completar aforo.

 

Programa Lecer Activo

Esta iniciativa beneficia aos maiores que viven en centros residenciais de titularidade pública co obxectivo de fomentar que estas persoas sigan a ser parte activa da sociedade. Os programas destinados ás persoas maiores do programa Lecer Activo incorporan accións que axudan a manter  un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais, e que permiten que os maiores persoas sigan formando parte da sociedade na que viven, con independencia de cal sexa o seu modo de residencia. Na oferta de actividades do Programa Lecer Activo 2016 teñen un papel activo tanto as persoas residentes nestes centros como os propios equipos profesionais, en tanto que son eles e elas os que deciden as actividades nas que teñen interese en participar, e isto é un elemento fundamental cara a que a través deste programa se poidan acadar os obxectivos que o mesmo ten: fomentar o benestar físico, mental e social a través do lecer.

 

Estratexia Galega de Envellecemento Activo 2016-2020

A Xunta de Galicia, a través deste e doutros programas, busca promover o envellecemento activo como piar para que os maiores galegos manteñan a súa autonomía. Deste xeito, proximamente será aprobada a Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 (ESGAEN) para posicionar á nosa comunidade como referente no eido do envellecemento activo e saudable desde unha perspectiva centrada nas persoas.

 

A Estratexia Galega de Envellecemento Activo dende a Innovación 2016-2020 xurde coa vontade de dar resposta ás demandas e necesidades derivadas do incremento da esperanza de vida media na nosa Comunidade Autónoma, que é unha das máis elevadas de toda España situándose en 86 anos fronte a 82 da media nacional. Ademais, este marco de actuación reforza o compromiso co envellecemento activo e o benestar das persoas maiores en Galicia atendendo ademais a principios de actuación transversais como a discapacidade, a contorna rural e tamén a perspectiva de xénero. tanto dos maiores como das persoas con discapacidade, dous colectivos prioritarios para o Goberno galego. Neste sentido, os catro eixes en que se fundamenta a Estratexia son o emprego; a participación na sociedade; a vida independente, activa e segura; e a non discriminación e a igualdade de oportunidades.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: