Xuntanza da alcaldesa do Porriño cos alcaldes de Salceda e Pontereas para a creación dun ‘consorcio’ para optar a proxectos europeos

Xuntanza proxectos europeosOs concellos de Salceda, Ponteareas, Mos e O Porriño, deron este xoves un primeiro paso para a creación dun ‘consorcio’ que facilitará a presentación de ideas que poidan optar a proxectos europeos de Formación Profesional e Ciclos medios, por medio das correspondentes concellerías de Educación e integrando aos centros formativos de cada un dos concellos.

Nunha xuntanza que tivo lugar hoxe mesmo no Concello do Porriño, os alcaldes de Salceda, Marcos Besada, de Ponteareas, Xosé Represas, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre,as  concelleiras de Educación de Ponteareas, Cristina Fernández, e do Porriño, Lourdes Moure,  xunto co profesor Amador Ordoñez, coordinador de proxectos europeos do IES Ribeira do Louro, que conta cunha dilatada experiencia na coordinación de proxectos europeos, puxeron os alicerces desta iniciativa á que xa amosaron o seu desexo de sumarse os responsábeis municipais de Salvaterra, Tui e As Neves.

O primeiro paso é a creación dunha Plataforma on line para promover nos centros de formación, e para traballar conxuntamente, a nivel europeo, dando pulo á idea de emprendedor entre as alumnas e alumnos, poñendo en man dos centros unha ferramenta que facilite esta labor mediante a formación de profesores e estudantes e a mobilidade dos mesmos, en función dos proxectos presentados e das especialidades, dentro dos países da Unión Europea e asociados á mesma, como Turquía ou Suiza.

Os estudantes terán unha visión máis crara da realidade actual do mundo da empresa, en especial coñecendo que sectores están a medrar, atopar ocos de mercado, coñecer as novas estratexias empresariais ou o estado da globalización do mercado, de xeito que, por medio de ideas en común, experiencias e ideas conxuntas de cada un dos socios que participan nesta Plataforma, conquerir unha visión máis real do que debe de ser unha empresa na actualidade.

A idea final é a creación dunha rede de colaboración entre todos os centros, concellos e empresas, unha xestión moi complexa que, como sinala o profesor Ordóñez, “só é factible creando ‘consorcios’ formados por centros, o que podería denominarse como ‘escolas de escolas’, que permitan optar aos devanditos fondos europeos de formación”, unha experiencia que funciona xa, hai anos, en países como Suecia.

Ademais dos proxectos de cooperación que poden presentar conxuntamente os concellos da rede, hai outras accións, como as promovidas por Interreg Poctep, Programa Operativo de Cooperación Transfonteriza España-Portugal; Interreg Sudoe; Interreg Atlántico; Europa Creativa ou Europa dos Cidadáns, aos que poden sumarse accións de prevención de drogodependencia ou de acoso escolar, bullying e cyberbulling.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: