Archive | junio 2016

Arquivo definitivo da denuncia presentada por dúas funcionarias contra a alcaldesa do Porriño

A Audiencia Provincial de Pontevedra, nunha decisión que é firme e non admite recurso, ven de ratificar o arquivo, ditado o pasado 17 de febreiro polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, da denuncia presentada por dúas funcionarias do Concello contra a alcaldesa, Eva García de la Torre, pola suposta comisión dos  delitos de revelación de segredos e coaccións.

Hai que lembrar que a alcaldesa deu orde ás devanditas funcionarias para que entregasen o disco duro externo ao que, presuntamente, estaban copiando, masivamente, do servidor municipal arquivos con datos pertencentes ao Concello.

A Audiencia Provincial sinala, literalmente, que o proceder tanto Eva García de la Torre, como do secretario municipal, e do concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, “non merece reproche algún, pois non so non actuaron en contra da legalidade, senón para garantir o cumprimento da mesma en materia de custodia dos arquivos de oficina propiedade do organismo municipal. Actuaron, por tanto, pola protección do interese xeral e non polo particular de descubrir datos da devandita funcionaria e o fixeron en cumprimento das súas atribucións de custodia”.

A Audiencia, que condena ás funcionarias ao pago das costas xudiciais, engade que “nin sequera existe indicio do acceso ao contido do material informático intervido, por parte da Sra. Alcaldesa denunciada, en canto o devandito material foi precintado no mesmo acto e aportado á Garda Civil quen, á súa vez, remitiullo con atestado ao xulgado”.

Esta decisión súmase á do Xulgado do Social número 5 de Vigo quen, hai uns días decidiu a absolución de Eva García de la Torre, logo de ser denunciada por unha suposta inxerencia na intimidade da devandita funcionaria.

O xuíz, dicía daquela que no material requisado non había datos algún relacionado coa intimidade da traballadora, maila o argumento do seu avogado “cunhas insinuacións vacías de corroboración probatoria”.

Asimesmo, o maxistrado sinalaba que quedou acreditado que Eva García de la Torre non empregou violencia física ou psicolóxica contra a funcionaria e que, ademais, coma alcaldesa está habilitada para fiscalizar o traballo que se faga en calquera das áreas municipais.

Anteriormente, o 21 de abril, data do xuízo por este asunto, a Fiscalía, declinou a súa presenza na causa, xustificando este feito nun escrito razoado no que subliñaba que a alcaldesa, da cordo coa interpretación do ministerio público, non cometera irregularidade algunha, subliñando que “non se aprecia violación da intimidade”.

 

Anuncios

O centro de maiores de Afundación en Vigo participa mañá no programa de rutas históricas para coñecer Galicia

Os socios e socias do Centro de Maiores de Afundación en Vigo visitarán mañá a Illa de San Simón, o Pazo de Fefiñáns e o centro histórico de Cambados, dentro do programa de rutas históricas para coñecer Galicia que ofrece a entidade nos meses de xuño e xullo ás persoas maiores de 60 anos. Así, e coa finalidade de promover un lecer cultural, saudable e un punto de encontro, comunicación e sociabilidade para os seus participantes, o programa propón visitar os principais monumentos históricos da nosa terra, así como museos e acudir a celebracións tradicionais. Ademais, previamente a cada ruta, realízanse pequenas clases teóricas con proxeccións audiovisuais sobre o noso patrimonio artístico, natural e inmaterial.

Teatro Infantil para abrir a Feira do Libro de Vigo

Raquel Castro e Carlos Labraña, mañá venres ás 19 horas na Porta do Solunnamed

Este ano a Feira do Libro de Vigo trasládase á Porta do Sol. Coma sempre, a Editorial Galaxia terá unha importante presenza cunha morea de actos que darán comezo mañá ás sete do serán coa presenza de Raquel Castro, autora de ‘As terapias da doutora Ledicia’ e Carlos Labraña, responsable de ‘Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada’. Ambos os dous guiarán un acto teatral no que se representará parte da obra da primeira.

A nosa editorial está apostando nos últimos anos pola publicación de moitos textos de teatro pensado para as máis pequenas e pequenos no convencemento de que é necesario fornecelos de obras de carácter dramático que fomenten nelas e neles, ademáis do gusto polas boas historias, tamén o gusto polo xénero.

As terapias da doutora Ledicia: Capa | Foto de Raquel Castro |Ficha editorial
Moito Morro Corporation: Capa | Foto de Carlos Labraña | Ficha editorial

ARRANCA LA 31º EDICIÓN DEL PREMIO BMW DE PINTURA

unnamedEl certamen que reconoce e impulsa el arte y la pintura en España, mediante la difusión cultural de obras y el descubrimiento de talentos, abre su plazo de participación entre los días 30 de junio y 24 de agosto de 2016.

Las inscripciones se harán exclusivamente a través de internet en la webwww.premiodepintura.bmw.es. Los participantes, que deberán ser pintores españoles o extranjeros residentes en España, podrán presentar hasta cinco obras por autor. Solo se solicitará el envío físico de las obras a aquellos autores cuyos trabajos hayan sido preseleccionadas para una segunda fase.

La entrega de los galardones se realizará el 25 de octubre en el Teatro Real de Madrid presidida por Su Majestad La Reina Sofía.

A través del Premio BMW de Pintura, el Grupo BMW quiere transmitir su compromiso con el impulso del arte como medio de expresión y comunicación, así como su apuesta por el talento joven. Esta iniciativa nació en 1986 y desde entonces se ha ido consolidando con los años como uno de los proyectos culturales más prestigiosos del país, gracias a la estructura y dinámica abierta de participación, a la transparencia en su desarrollo y a la imparcialidad del jurado.

Premios:
Para su edición 31º, el Premio BMW de Pintura destinará un total de 43 mil euros en premios. El certamen destina las siguientes cantidades a los ganadores de cada categoría:

Premio BMW de Pintura: 25.000€
Beca Mario Antolín de Ayuda a la Investigación Pictórica: 8.000€
Premio a la Innovación: 6.000€
Premio BMW al Talento más Joven: 4.000€

Consulta las bases de participación aquí.

XUNTA DE GALICIA, EMPRESARIOS E UNIVERSIDADES DANSE CITA NO TERCEIRO FORO DE PARTICIPACIÓN “TALENTO XOVE” DE DESENVOLVEMENTO DAS CAPACIDADES DOS MOZOS E MOZAS GALEGOS

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, explicou que o encontro, celebrado en Vigo, busca “recoller a opinión e as ideas dos principais axentes que traballan coa xuventude en Galicia, aos efectos de analizar as necesidades, descubrir as oportunidades e propiciar un intercambio de coñecementos”

 

Vigo, 30 de xuño de 2016.- A Consellería de Política Social continua coas reunións de traballo dos foros de participación “Talento Xove”, unha nova iniciativa que ten por obxecto poñer en valor e favorecer o desenvolvemento das destrezas e capacidades dos mozos e mozas galegos. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, mantivo hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Vigo un encontro con representantes de diferentes institucións e entidades que participan nas políticas de xuventude.

 

Esta foi a terceira das xuntanzas que realizará Cecilia Vázquez nas catro provincias galegos no marco desta iniciativa para avaliar cos axentes implicados as posibilidades de desenvolvemento dos talentos da mocidade. Así, nestas reunións están convidados a participar asociacións de empresarios, representantes de universidades, técnicos de xuventude doutras administracións e directivos de selección de persoal de empresas.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, explicou que o que se pretende con estes encontros é “recoller a opinión e as ideas dos principais axentes que traballan coa xuventude en Galicia, aos efectos de analizar as necesidades, descubrir as oportunidades e propiciar un intercambio de coñecementos”.

 

Estas reunións de traballo de “Talento Xove” terán unha duración de hora e media, durante a que se analizará e reflexionará dende diferentes puntos de vista sobre como o talento da nosa xuventude pode reverter no tecido empresarial galego.

 

UN RECORRIDO VISUAL POR UNA EUROPA EN TRANSFORMACIÓN

La Fábrica  y Toluca publican Transiciones. Diez años que trastornaron Europa, un libro que retrata el paisaje de la sociedad entre 1979 y 1989unnamed (1)

El trabajo de Martín Parr, Axel Hütte, Thomas Ruff, Paul Graham, Candida Höfer, Boris Mikhaïlov y otros 21 fotógrafos se reúnen para reflexionar sobre una década de cambios sociales, políticos y culturales

El libro también aborda la evolución de la fotografía durante esos años, cuando desaparecieron definitivamente las fronteras entre la fotografía y las distintas manifestaciones artísticas

Transiciones. Diez años que trastornaron Europa tiene su desarrollo expositivo en el Círculo de Bellas Artes, dentro del marco de PHotoEspaña con fotografías pertenecientes a la Colección Motelay

 

Más información: www.lafabrica.com

Banco Alimentos, Operación Kilo en Vigo y Pontevedra

MARTA G. BREA. 1.4.16, VIGO (AV. DE MADRID).- SEGUNDA OPERACION KILO DEL BANCO DE ALIMENTOS EN EL HIPERMERCADO ALCAMPO.

SEGUNDA OPERACION KILO DEL BANCO DE ALIMENTOS EN EL HIPERMERCADO ALCAMPO.

La recogida de comida no perecedera se llevará a cabo mañana, viernes, y el sábado, 1 y 2 de julio, en los dos Alcampo de Vigo y en tres supermercados Froiz de Pontevedra, en ambas localidades, en horario ininterrumpido de 9:00 a 22:00 horas

 

Los voluntarios (80 en Vigo y 70 en Pontevedra), perfectamente identificados con petos de la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, facilitarán la donación de productos de primera necesidad como leche, galletas, aceite o cacao que, una vez más, vuelven a ser los más demandados

 

Desde la ONG se pide la implicación generosa de la ciudadanía para seguir recuperando su stock de alimentos básicos

 

Vigo, 30/06/16.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo movilizará durante este fin de semana a unos 150 voluntarios que participarán en una nueva Operación Kilo que se desarrollará de manera simultánea en Vigo y Pontevedra.

 

La cita con la solidaridad se llevará a cabo mañana, viernes, 1, y el sábado, 2, en los dos Alcampo de Vigo (Avenida de Madrid y Coia) y en tres supermercados Froiz de Pontevedra (Avenida de Vigo, 21; calle Loureiro Crespo, 14; y Multicentro de Cobián Roffignac).

 

El grupo de voluntarios (80 en Vigo y otros 70 más en Pontevedra), perfectamente identificados con petos de la ONG, facilitarán la donación de alimentos básicos como leche, galletas, cacao o aceite que, una vez más, vuelven a ser los alimentos más necesarios. La Operación Kilo comenzará a las 9:00 horas y se prolongará, en horario ininterrumpido, hasta las 22:00 horas.

 

Desde el Banco de Alimentos de Vigo se emplaza a la ciudadanía a acudir a cualquiera de las superficies comerciales citadas y aportar su granito de arena solidario. Asimismo, aprovecha para agradecer la implicación de Alcampo y Froiz para permitir esta acción solidaria.

 

Durante 2015, el Banco de Alimentos entidad repartió 1,7 millones de kilos de comida (1.688.000 kilos), lo que representa un 30% más que en 2014, cuando fueron más de 1,3 millones de kilos (1.345.520 kilos) los entregados a los 150 colectivos sociales de la provincia a los que ayuda.  A través de estas entidades benéficas, la ONG llega a unas 25.000 personas con dificultades en la provincia de Pontevedra.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL ANUNCIA NO PARLAMENTO IMPORTANTES MELLORAS NA SITUACIÓN LABORAL DO PERSOAL DAS ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS DE DÍA

  • O responsable da área social da Xunta de Galicia comprométese a iniciar negociacións cos sindicatos para que estean suxeitos a convenio e para actualizar as listaxes de agarda

 

Santiago, 29 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia respondeu no Parlamento autonómico a unha pregunta oral do BNG sobre a situación do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Na súa intervención, José Manuel Rey Varela explicou de xeito pormenorizado a situación do cadro de persoal dese ente, na que existe unha variada tipoloxía de estatus laborais, derivada dos distintos procesos de selección acometidos nos últimos anos e das datas de incorporación de cada traballador.

 

O titular de Política Social lembrou que o seu departamento xa acadou, dende a súa chegada á Consellería, dous importantes acordos para o Consorcio: o asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) o pasado 11 de maio, que garante a viabilidade económica do ente e que clarifica os criterios canto aos custos por praza nas escolas infantís e centros de día para maiores; e o que se acadou cos sindicatos -que xa se aplica dende o pasado mes de abril-, que equipara as condicións do persoal do Consorcio coas dos traballadores da Xunta de Galicia en materia de permisos e vacacións.

 

Vontade de mellora

Rey Varela comprometeuse a abrir tan pronto teña plena eficacia o acordo cos concellos un proceso de negociación para que os empregados do ente instrumental que xestiona as escolas infantís e os centros para maiores teñan un convenio. Avanzou que iso abrirá outro proceso, igualmente pactado cos sindicatos, para actualizar as listaxes de agarda para cubrir temporalmente postos de traballo do ente.

 

Dese xeito evitarán, afirmou, “a actual multiplicidade de listaxes, que derivan dos procesos selectivos de persoal realizados nos anos 2007, 2008 e 2009” e se poderán satisfacer “de xeito áxil e eficaz” as necesidades que ten o Consorcio á hora de suplir as baixas, os permisos e as vacacións ás que teñen dereito os seus traballadores.

 

De feito, Rey Varela asegurou que os representantes sindicais xa están citados nos próximos días co fin de comezar o diálogo sobre a actualización das listaxes.

 

O conselleiro manifestou que dende o minuto un tivo unha “firme vontade” de continuar adiante co proceso de mellora progresiva das condicións laborais e de traballo do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Lembrou que ese órgano ten un orzamento para este ano de 67,8 millóns de euros (un14,26 por cento máis que en 2015) e que, só os gastos de persoal das escolas infantís e centros de maiores, suporán 34,9 millóns no presente exercicio.

 

REY VARELA DEFENDE A NECESIDADE DUN PACTO DE ESTADO E DE FINANCIAMENTO EN MATERIA DEMOGRÁFICA

O responsable da área social sinala que a dinamización demográfica “é unha prioridade para este goberno”, e para o que está levando a cabo actuacións tanto a nivel autonómico, como estatal e europeo

  • Así, destacou a posta en marcha de novas axudas directas ás familias, recursos de conciliación e servizos a través do Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia)
  • Tamén sinalou o traballo coordinado con outras comunidades autónomas no Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos para reclamar un gran pacto de Estado para situar o problema no centro de debate como prioridade de país
  • E referiuse á presenza da Xunta de Galicia na Rede Europea de Rexións afectadas polo cambio demográfico, que demanda a inclusión desta cuestión na programación dos fondos europeos para o período 2014-2020