Afundación organiza a vindeira semana en Vigo obradoiros de verán dedicados ao mundo da radio e a televisión
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle a vindeira semana un obradoiro de radio e televisión, dentro da proposta de axenda estival da entidade que programou tamén, para este período, actividades de robótica e cociña. O Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova ofrece, así mesmo, visitas dinamizadas para nenos e nenas ou grupos. O obxectivo destas actividades é que os participantes poidan aprender divertíndose e, ao mesmo tempo, promover un espazo que contribúa á conciliación da vida laboral e familiar. Información e reservas no teléfono 986 129 032 ou a través da web de Ataquilla.com.