Obras de conexión ao saneamento de vivendas da parroquia de Atios
A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de recibir unha subvención de 112.412,56 €, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que se destinará íntregramente á mellora do saneamento da parroquia de Atios.
Concretamente, o orzamento irá as obras das acometidas de 20 vivendas do lugar de Albarín, asimismo, dentro dos devanditos traballos, se realizará o asfaltado integral da zona e se rematarán as cesiones en todo o vial.
Este proxecto se suma ao iniciado o mes pasado, o ‘Saneamento na Pereira-Contrasto’, en Torneiros, que abranguen a canalización para conectar coa rede de saneamento a mais de 30 vivendas da zona que na actualidade nos están enganchadas á rede municipal.
As obras, “que estarán rematadas este mesmo ano”, suporán un investimento de 150.000€, e contemplan un colector, por gravidade, con pozos intermedios e conexión a un pozo de rexistro xa existente da rede local na beira do camiño. O colector será de tubaxe de PVC, soterrado nunha gabia ata o devandito pozo de rexistro.
Ademais está prevista a pavimentación da estrada nos tramos afectados pola obra, a da parte superior da gabia, con mestura asfáltica quente de 5 centímetros de grosor, así coma a mellora do firme de varios camiños e pistas do lugar.