Rapazas e rapaces farán labores de voluntariado no Porriño este verán

Voluntarias e voluntariosA alcaldesa recibiu este venres aos rapazas e rapaces que realizarán actividades de voluntariado este verán no concello, aportando a súa axuda en distintas áreas, entre elas aos peregrinos que pasan polo Porriño facendo o Camiño de Santiago; no eido da Cultura, arte e tradicións populares e o coidado e potenciación do medio ambiente.

Eva García de la Torre preguntou ás voluntarias e voluntarios cales eran as súas preferencias, amosoulles a súa “admiración” polo compromiso que amosan coa vila e cos seus veciños e transmitiulles a gratitude tanto do Concello como das porriñesas e porriñeses polo seu traballo e a súa iniciativa.

As voluntarias e voluntarios desenrolarán unha campaña de información do Camiño de Santiago polo concello, informarán aos peregrinos das actividades que poden realizar no Porriño e atenderán ás súas dúbidas e preguntas. Os obxectivos son potenciar o patrimonio artístico-cultural ó paso do Camiño pola vila, axudar a fomentar toda clase de itinerarios culturais ou fomentar a peregrinación dende O Porriño.

Ademais, en Colaboración con Protección Civil, estarán presentes nas festas do concello e das parroquias, festivais, actos culturais, axudando a fomentar a Cultura, xerando dinámicas de comunicación que defendan o ocio.

Tamén participarán en actividades de vixilancia, protección e conservación do medio ambiente e dos animais e colaborarán cos programas de sensibilización cidadá, colaborando nas actividades das patrullas verdes, sempre colaborando con Protección Civil.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: