Archive | julio 4, 2016

O CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO INVISTE EN 2016 MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS EN REHABILITACIÓN E ADQUISICIÓN DE NOVOS INMOBLES

  • 04072016_RPCascoVelloO delegado territorial da Xunta en Vigo e presidente do organismo destacou a necesidade de continuar coa recuperación e rehabilitación da zona
  • López-Chaves explicou que con esta partida de mais 2 millóns de euros se conseguirán 13 novas vivendas e 3 locais comerciais
  • No último comité executivo adquiriuse un novo inmoble na rúa Cruz Verde, 12

 

Vigo, 4 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar sobre as últimas execucións de obra e novas adquisicións de inmobles do organismo. Tras os actos do X Aniversario, o delegado e presidente do CCVV -formado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello- anunciou a adquisición de novos inmobles para continuar coa rehabilitación e recuperación do casco histórico, sobre todo da zona alta.

 

Coma informou, no último comité executivo do CCVV adquiriuse un novo inmoble, o edificio da rúa Cruz Verde 12, por un valor de 148.000 euros. Este edificio dispón de 265m2 de superficie construíble para a súa posterior recuperación na zona alta do Casco Vello. O delegado lembrou que este proxecto continúa coa política de recuperación e de “cambio substancial” da zona antiga nos últimos anos. “Conseguimos recuperar, rehabilitar e facer que a xente e os negocios volvan ao casco histórico da cidade”, considerou.

 

Ademais desta nova adquisición, actualmente están en situación de rehabilitación e execución 2 inmobles na rúa Ferrería 45-47 e 10-12, que suporán a construción de 6 novas vivendas e 2 locais comerciais e cuxa inversión é de case 1 millón de euros. As outras obras, que xa están en fase de proxecto, son os edificios da rúa Cruz Verde 8, Ferrería 8, Subida á Costa 5 e Subida ao Castelo 12, que suporán 7 novas vivendas e un local comercial e cuxa inversión acadará aproximadamente 900.000 euros.

 

Deste xeito, e coma destacou López-Chaves, este ano se destinarán algo máis de 2 millóns de euros nestes proxectos para conseguir 13 novas vivendas e 3 locais comerciais máis que se sumarán ás xa realizadas nos 10 anos de vida do CCVV. De feito, con estas actuacións superarase xa o centenar de vivendas rehabilitadas onde xa residen máis de 150 persoas.

 

De todos modos, a intención do Consorcio, coma especificou o seu presidente, é optar por construír vivendas de maior superficie para ter un número maior de pisos de 2 ou 3 dormitorios pero sempre de acordo co deseño e coas condicións do PEPRI. Isto é así porque, coma explicou o delegado, “o que se pretende é asentar poboación e que as familias convivan de maneira permanente no casco histórico”. A día de hoxe quedan dispoñibles por adxudicación directa 5 vivendas de 1 dormitorio.

A XUNTA EXPLICA AO CONCELLO DE GONDOMAR O FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

 

  • Xa solicitaron a adhesión ao programa 32 concellos e outros 23 solicitaron información previa á solicitude de adhesión
  • O Programa de Vivendas Baleiras permitirá destinar vivendas de propiedade pública ou privada a alugueiro social por parte de familias desfavorecidas

 

 

Santiago, 4 de xullo de 2016.- O director xeral do IGVS; Heriberto García Porto, e a secretaria xeral do mesmo, María Ángeles Domínguez, mantiveron hoxe unha reunión co concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Gondomar, Antonio Araúxo, co obxectivo de explicarlle o funcionamento do Programa de Vivendas Baleiras posto en marcha pola Xunta no pasado mes de abril no marco do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellor acceso á vivenda 2015-2020.

 

O Concello de Gondomar solicitou xa a adhesión ao devandito convenio. Na mesma reunión tamén se explicaron as 12 medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para evitar ou paliara os desafiuzamentos de vivendas.

 

O municipio poderá poñer en marcha os mecanismos de captación de vivendas baleiras para a súa inclusión no programa da Xunta de Galicia unha vez que se asine o correspondente acordo entre o IGVS e o concello adheríndose este último ao convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

 

Ata o momento xa son 32 os concellos de toda Galicia, que solicitaron formalmente a adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras, entre os que destacan o de Ourense, que foi o primeiro en facelo a comezos do mes de maio e que xa asinou o convenio de adhesión o 6 de xuño, ou o de Santiago de Compostela, que solicitou a adhesión o 18 de maio. Outros 23 concellos, solicitaron do IGVS información previa á súa solicitude de adhesión ao convenio.

 

O Programa de Vivendas Baleiras permitirá, grazas ao convenio asinado entre a Xunta e a Fegamp, destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas.

 

As vivendas que se incorporen a este programa terán aseguradas, por parte do Goberno galego e sen custe para os propietarios, as seguintes coberturas:

 

  1. Un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento.

 

  1. Un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas, que inclúa como mínimo os honorarios de avogado e dereitos e suplidos de procurador, cando a súa intervención sexa preceptiva, gastos notariais e de outorgamento de poderes para preitos e gastos de execución procesual. A  garantía do cobro das rendas impagadas non poderá superar o período  máximo de doce mensualidades.

 

Estas coberturas serán efectivas durante o tempo en que as vivendas permanezan arrendadas ao abeiro deste programa.

 

Concellos

Poderán acollerse a este programa os concellos que asinen o acordo de adhesión anexo ao convenio coa Fegamp. Os concellos adheridos proporán ao IGVS a incorporación ao programa de vivendas baleiras da súa propiedade ou de terceiros, sempre que estean libres de cargas e gravames que impidan o seu arrendamento, ser conformes coa lexislación que lle sexa de aplicación, incluída a urbanística, estar desocupadas e ser susceptibles de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.

 

As vivendas incorporadas ao programa serán adxudicadas aos demandantes que cumpran os requisitos establecidos no convenio

 

Os concellos tamén proporán o procedemento de selección de arrendatarios e de adxudicación de vivendas respectando, en todo caso, os requisitos e prioridades sinalados no convenio coa Fegamp.

 

REY VARELA E RODRÍGUEZ MIRANDA EXPLORAN POSIBLES CAMIÑOS PARA FORTALECER O APOIO DAS ADMINISTRACIÓNS AOS GALEGOS RESIDENTES NA ARXENTINA

  • Conselleiro e secretario xeral estudan as vías para reforzar a unidade das colectividades galegas, e reforzar a prestación de asistencia a aquelas persoas en situación de maior precariedade
  • Arestora, residen no país austral máis de 170.000 paisanos, a gran maioría na capital, Bos Aires

 

Santiago, 4 de xullo de 2016- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, exploran na última data da súa viaxe a Uruguai e Arxentina posibles mecanismos para optimizar a achega de recursos á poboación galega en situación máis desfavorecida e que reside en ambas repúblicas.

 

“É para nós unha prioridade absoluta chegar a aquelas persoas que máis necesitan do apoio do Goberno galego, residan na Galicia territorial ou na diáspora”, asegurou o conselleiro, quen apuntou que “as comunidades galegas no Exterior coñecen a realidade do país e poden facer chegar a información sobre as nosas axudas a aqueles colectivos ou individuos a quen costa acceder á mesma”.

 

Pola súa parte, o secretario xeral lembra que “a unidade de acción dos galegos e galegas de Arxentina ten unha vertente humanitaria que debemos manter e reforzar no futuro. A capacidade de unir vontades e conseguir grandes obxectivos tense demostrado no Buenos Aires celebra Galicia”, dixo Rodríguez Miranda en relación á gran celebración das comunidades galegas no centro da capital arxentina, que este ano acadou a súa terceira edición e na que participan decenas de milleiros de persoas, converténdose nun referente tanto para a poboación galega como para a autóctona.

 

Contacto directo

Co gallo de coñecer o mellor posible a situación real e actual da colectividade galega, conselleiro e secretario xeral entrevistáronse esta mañá coa presidenta da Asociación ‘Hijos de Zas’, Beatriz Carballo, quen, en representación das entidades galegas con sede na República Arxentina, saíu elixida membro da Comisión Delegada (máximo órgano de representación estable da diáspora) na undécima edición do Consello das Comunidades Galegas, celebrado hai un mes na Habana baixo a presidencia de Núñez Feijoo.

 

Con Carballo pulsaron as principais inquedanzas das colectividades galegas, estudaron posibles vías para mellorar e optimizar a importante achega de recursos da Administración galega á diáspora na Arxentina, e tamén exploraron camiños para potenciar e reforzar a unidade entre as e os galegos residentes no país.

 

Despois, Rey Varela e Rodríguez Miranda mantiveron unha nova xuntanza cos mesmos obxectivos na sede da Consellería de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España na República Arxentina, co seu titular, Santiago Camba. Os tres mandatarios falaron de diversos aspectos para unha mellor e maior coordinación entre as administracións central e autonómica, e tamén entre elas e as colectividades e individuos galegos e españois residentes no país.

 

74% de segundas xeracións

Segundo os datos do Padrón de Españois Residentes no Exterior do Instituto Nacional de Estatística, a 1 de xaneiro de 2016 residían na República Arxentina un total de 170.645 galegas e galegos, dos que 126.409 xa naceron na diáspora (o 74’07 por cento do total).

 

“A presenza de Galicia en tódolos lugares onde se ten asentado a diáspora a través destas segundas xeracións, que nalgún caso senten a terra con igual o maior sentido de pertenza cá dos seus pais, é un activo importantísimo para o noso país, que podemos e debemos aproveitar para o progreso de todas e todos”, afirma o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

 

AIMEN presenta los últimos avances en materiales poliméricos para el sector de automoción

Vigo, 4 de julio de 2016.- El Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN, en O Porriño, acoge mañana martes, 5 de julio, a partir de las 10:00 horas, la celebración de la jornada “Materiales poliméricos en el sector de la automoción”. El objetivo es mostrar los últimos avances y técnicas de análisis de materiales poliméricos en la industria de automoción.

PROGRAMA

 

MATERIALES POLIMÉRICOS EN EL SECTOR DE LA AUTOMOCIÓN

 

10:00 – 10:10h Apertura

 

10:10h – 10:35h Desarrollo de estructuras híbridas metal-composite para el sector automoción –

Proyecto ComMUnion

AIMEN Centro Tecnológico

Pilar Rey. Técnico del Departamento de Materiales Avanzados – I+D+i

 

10:35h – 11:00h Ventajas de los materiales poliméricos espumados en el sector automoción

Centro Tecnológico GRUPO COPO, S.L.

Arturo González. Gerente

 

11:00h – 11:30h Café Networking

 

11:30h – 11:55h Análisis de polímeros y plásticos para el sector de automoción

AIMEN Centro Tecnológico

Philippe Vandervorst. Responsable del Laboratorio de Polímeros

 

11:55h – 12:20h Análisis térmico aplicado al estudio de plásticos de automoción

TA INSTRUMENTS

Carlos A. Gracia Fernández. Responsable de Aplicaciones, Reología, Análisis Térmico y

Microcalorimetría

 

12:20h – 13:00h Visita Laboratorio

 

MATADOR OLÍMPICO: UN HOMENAJE DE LAS ARTES A LOS VALORES DEL OLIMPISMO

unnamed (1)Matador celebra sus veinte años con un número especial dedicado al olimpismo. Editado por Santiago Segurola, Matador Olímpico ofrece una visión panorámica y atemporal del olimpismo, y recaba los grandes hitos de su historia

El tributo a la belleza del cuerpo atlético plasmado por Leni Riefenstahl en 1936; la atmósfera de revolución que llegó hasta los estadios de México 68 captada por el objetivo de Raymond Depardon, o el poder redentor del deporte que rescató a Japón del ostracismo en las fotografías de Osamu Murai pueden disfrutarse en este Matador Olímpico

La revista cuenta con textos de autores clásicos como Píndaro, Fray Luis de León o Henry de Montherlant, y contemporáneos como Juan Antonio González Iglesias, Marti Peraranau, Pedro Brieger, Xavier Aguado Jódar, y Diego S. Garrocho

Matador Olímpico recoge los mejores ejemplos de cómo el olimpismo transforma la fisonomía de las ciudades con obras de arquitectos como Kenzo Tange y José María Ezquiaga

Olimpismo y diseño se abordan también de la mano de Javier Mariscal, Otl Aicher y César Ávila, entre otros

 

Más información: www.lafabrica.com

Banco Alimentos, KILOS recogidos Operación Kilo Vigo y Pontevedra

Operación Kilo Alcampo 1y2julio (II)Los 150 voluntarios movilizados por parte de la ONG durante el fin de semana estuvieron recibiendo donaciones de la ciudadanía tanto en los dos Alcampo de Vigo como en tres supermercados Froiz de Pontevedra

 

En Vigo, la acción solidaria desarrollada en los Alcampo de la Avenida de Madrid y de Coia se tradujo en unos 10.000 kilos de comida recogida, mientras que en los tres supermercados Froiz de Pontevedra la cifra asciende a otros 10.000 kilos de alimentos

 

Desde la Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo se agradece públicamente la generosidad ciudadana, ya que la comida recogida permitirá seguir recuperando su stock de alimentos básicos

 

Vigo, 04/07/16.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recogió este fin de semana unos 20.000 kilos de comida no perecedera gracias a la Operación Kilo simultánea desarrollada en Vigo y Pontevedra.

 

Según el cómputo realizado este lunes, de esos 20.000 kilos de alimentos, unos 10.000 kilos fueron donados en los dos Alcampo de Vigo (Avenida de Madrid y Coia), mientras que los otros 10.000 kilos fueron recogidos en los tres supermercados Froiz de Pontevedra (Avenida de Vigo, 21; calle Loureiro Crespo, 14; y Multicentro de Cobián Roffignac).

 

La Operación Kilo, en la que participaron 150 voluntarios, se  llevó a cabo el viernes y el sábado y las  muestras de solidaridad fueron un ir y venir durante los dos días. Nuevamente, los alimentos básicos que más se recibieron fueron leche, galletas, cacao y aceite, entre otros.

 

Desde el Banco de Alimentos de Vigo se agradece la implicación solidaria y también que las superficies comerciales citadas permitieran la presencia de voluntarios para hacer posible esta nueva Operación Kilo. Con estos 20.000 kilos de comida recogida se seguirá recuperando el stock de alimentos básicos con el que cuenta el Banco de Alimentos, tanto en su nave de San Pedro de Sárdoma (Vigo) como en su almacén de Faustino Santalices (Pontevedra).

 

Durante 2015, el Banco de Alimentos entidad repartió 1,7 millones de kilos de comida (1.688.000 kilos), lo que representa un 30% más que en 2014, cuando fueron más de 1,3 millones de kilos (1.345.520 kilos) los entregados a los 150 colectivos sociales de la provincia a los que ayuda.  A través de estas entidades benéficas, la ONG llega a unas 25.000 personas con dificultades en la provincia de Pontevedra.

Datos paro xuño.

 

  • O paro baixou en xuño en 13.144 persoas en Galiza, pero a afiliación á Seguridade Social só medrou en 8746

 

 

 

  • O mercado laboral galego experimenta un novo aumento da precariedade, da desprotección e da expulsión de activos/as

 

 

O mercado laboral galego experimentou no mes de xuño un novo aumento da precariedade, da temporalidade e da desprotección, características que van camiño de converterse en estruturais. O número de contratos rexistrados neste período acadou un maximo histórico, pero pola contra o paro baixou en só 13.144 persoas, o que se explica por unha temporalidade de máis do 93%. De igual xeito, o descenso do desemprego non coincide co incremento da afiliación á Seguridade Social, xa que unicamente medrou en 8746 persoas, o que significa que 4398 activos/as foron expulsados do mercado laboral.

 

Como cada ano, o inicio do período estival e das rebaixas fan de xuño un mes tradicionalmente positivo no que a datos do paro se refire. Nesta ocasión o descenso do desemprego atinxiu en Galiza o 5,6%, o que se traduce en 13.144 parados/as rexistrados/as menos. Deste xeito, a cifra total de desempregados/as no noso país sitúase nas 207.320 persoas.

 

Porén, o que a priori semella un dato positivo contrasta co feito de que a afiliación á Seguridade Social medrou unicamente en 8746 persoas, o que significa que 4398 activos/as foron expulsados do mercado laboral, ben sexa porque xa non se anotan nas oficinas do SEPE por falta de confianza no sistema ben porque deciden buscar un futuro na emigración. O que vén a significar que preto do 35% do descenso do desemprego non se corresponde cun incremento da ocupación, polo que probablemente a emigración e o desencanto co sistema expliquen unha parte importante do descenso do paro.

 

De igual xeito, o optimismo que inunda a propaganda gubernamental dilúese se temos en conta que o número de contratos acadou un máximo histórico (93.293), dos que o 93,4% se rexistraron baixo algunha das modalidades de contratación temporal. Ademais, non é que se trate só de contratos maioritariamente temporais, senón que tamén son de escasa duración xa que son poucos/as os novos/as contratados/as para un número de contratos tan elevado. O 79,3% destes contratos rexistráronse nalgunha actividade do sector servizos.

 

Asemade, tanto o paro prolongado como a escasa duración dos contratos fan que mes a mes diminúa a cantidade de parados/as que perciben algunha prestación. No último mes, tan só o 46% ingresou algunha; deles/as, unicamente o 38,8% recibiron a prestación contributiva. Estes factores están a disparar o número de persoas en risco de exclusión social ao provocar un progresivo empobrecemento da clase traballadora.

 

Fronte este datos, dende o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, incide na necesidade de cambiar este modelo produtivo baseado na precariedade e temporalidade e aposta pola implementación dun plan de desenvolvemento industrial baseado no reforzo dos nosos principais sectores produtivos, “que ademais son precisamente os que teñen maior capacidade de crear emprego digno e de calidade”. A central levou esta proposta ao Parlamento galego a través dunha ILP que o PP rexeitou.

Rosa Quintana Conselleira do Mar, “reina” de entramados piramidales y societarios “bajo trasiego” que emana de fondos públicos dentro de la Xunta de Galicia.

Al Presidente Feijóo, PSOE. En MAREA, PODEMOS, Anova, BNG, Agencia Tributaria y a quien pudieran interesar los entramados societarios con relación directa en las Agrupaciones Europeas de Interés Económico AEIE pervertidas en España y raíces en la Xunta de Galicia bajo directrices Rosa Quintana Carballo

 

La que hasta hace pocas semanas era Presidenta y Consejero de SEAGA, (EMPRESA PUBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS SA) de una Sociedad de Inversión de fondos públicos, Sra Rosa María Quintana Carballo y a la vez Conselleira de Medio Rural e do Mar, Vicepresidenta de la Fundación Cetal, Presidenta de la Fundación Fremss, Denuncia por prevaricación en el trasiego de los helicópteros de incendios y Salvamento, un convenio que NADIE HA VISTO DE 1.300.000 EUROS con los ingenieros navales que deben derivarlo al bolsillo de Carlos Maneiro Secretario de Mar, un restaurante en Caión Furna Atlántica pagado con fondos públicos de su consellería a un familiar del Alcalde del PP en Laracha, total permisividad con un falsificador de documentos públicos y Secretario de la Cofradía de Celeiro conocido como el con-seguidor del PP en la Mariña Lucense, una jefa de prensa que mete la mano en la caja pública para llevarse el dinero a su bolsillo bajo el silencio de Rosa Quintana, trapicheos por doquier entre otras muchas irregularidades descontroladas bajo la pregona transparencia de la Xunta, sin que conteste a una sola petición de información ponen las carbonilla en el asador para desmontar la TRACALERA GESTIÓN de la citada Conselleira, y que se ha puesto en conocimiento de Feijóo que algo no esta bien a la hora de gestionar dinero público al amparo de las irregularidades que podrían acabar en el desvío de fondos públicos a través de Agrupaciones Europeas de Interés Económico AEIE donde la Sra Rosa Quintana mantiene o ha mantenido una larga experiencia y pleno control en una pirámide empresarial subvencionista de fondos europeos y públicos de cuya auditoría nada se sabe a día de hoy, deja muchas dudas y evidencias de presuntas irregularidades cometidas bajo su mandato.

Entramado surrealista y Piramidal de empresas privadas bajo gobierno de Fijóo PPdeG Xunta de Galicia

 

Descargar documentos, comunicado y más información:

http://pladesemapesga.com/comunicados/148-rosa-quintana-conselleira-do-mar-reina-de-entramados-piramidales-y-societarios-bajo-trasiego-que-emana-de-fondos-publicos-dentro-de-la-xunta-de-galicia

 

CÁMARA Y MODELO, UN HOMENAJE A LA FOTOGRAFÍA DE MAQUETAS ARQUITECTÓNICAS

CÁMARA Y MODELO, UN HOMENAJE A LA FOTOGRAFÍA DE MAQUETAS ARQUITECTÓNICAS

La Fábrica rinde homenaje a la fotografía de maquetas como medio de representación arquitectónica en el libro Cámara y modelo. Fotografía de maquetas de arquitectura en España. 1925-1970 unnamed

Un volumen que rescata más de un centenar de fotografías originales de autores como Català-Roca, Kindel, Pando, Lladó, Maspons-Ubiña, Gómez o Massats, y de arquitectos como Aizpurúa, De la Sota o Higueras

Completan el volumen los ensayos de Iñaki Bergera, Davide Deriu, Juan Carlos Oliver y Eduardo Prieto

El libro surge como catálogo de la muestra que se celebra en septiembre en la sala de exposiciones La Arquería de los Nuevos Ministerios (Madrid) dentro del marco del festival PHotoEspaña

 

Más información: www.lafabrica.com