Archive | julio 5, 2016

A XUNTA CONVIDA AO CONCELLO DE VIGO A INCORPORARSE AO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS PARA AXUDAR ÁS FAMILIAS EN DIFICULTADES CON GARANTÍAS PARA OS PROPIETARIOS

  • Vázquez Mourelle explica que a Xunta financiará un seguro multirrisco do fogar; e outro de garantía do cobro dos alquileres impagados, que inclúe asistencia e defensa xurídica, para dar tranquilidade ao arrendatario
  • Precisa que estes seguros blindan ao propietario, que ve como o piso que cede en alugueiro para axudar ás familias está totalmente asegurado
  • Fai fincapé na necesidade de que os concellos colaboren coa Xunta para que estas vivendas baleiras poidan ser ofrecidas en réxime de alugueiro social a quen máis as necesita
  • A día de hoxe, 35 concellos xa teñen solicitado formalmente a súa adhesión; 4 deles da área de Vigo: Redondela, Ponteareas, Gondomar e Pazos de Borbén; e outros 20 pediron información previa

 

Vigo, 5 de xullo de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, interveu hoxe no coloquio ‘Políticas públicas de vivenda. Balance e perspectivas’, onde convidou ao Concello de Vigo a incorporarse no Programa de Vivendas Baleiras coa fin de axudar ás familias en dificultades con garantías para os propietarios.

Ethel Vázquez lamentou que a pesar de que Vigo é a cidade de Galicia que rexistra maior número de desafiuzamentos e con máis familias que precisan dun fogar, o Concello rexeita sumarse ao Programa de Vivendas que protexe o dereito á vivenda dos cidadáns. Lembrou que a Valedora do Pobo dirixiuse ao Concello instándoo “a valorar a conveniencia” de sumarse este programa da Xunta, xa que o citado municipio ten pisos baleiros da súa propiedade que non destina a alugueiro social.

O Programa de Vivendas Baleiras permite que todos municipios galegos que o desexen se sumen a través a sinatura dun acordo de adhesión. Trátase de mobilizar as vivendas públicas ou privadas que estean baleiras e que os seus propietarios voluntariamente incorporen, contando para isto coa participación dos Concellos. Este é un acordo que vai facer dun conxunto de vivendas desocupadas, unha bolsa de vivendas sociais artellada polos concellos que se queiran adherir ao programa.

Vázquez Mourelle explicou que para facilitar este programa, a Xunta financiará un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía do cobro dos alquileres impagados, que inclúe asistencia e defensa xurídica, para dar tranquilidade ao arrendatario.

A titular de Vivenda indicou que estes seguros blindan ao propietario, que ve como o piso que cede en alugueiro para axudar ás familias está totalmente asegurado. Precisou que así evitaríanse problemas como os trasladados por Os Ninguéns, pola complexidade de atopar xente disposta a alugar un piso a familias en dificultades.

A conselleira fixo fincapé na necesidade de que os concellos colaboren coa Xunta para que estas vivendas baleiras poidan ser ofrecidas en réxime de alugueiro social a quen máis as necesita. concretou que é unha medida coa que todos os municipios galegos teñen unha oportunidade de sumarse de forma real á loita contra os desafiuzamentos e ao apoio ás persoas con dificultades para acceder a un fogar.

A día de hoxe, 35 concellos xa teñen solicitado formalmente a súa adhesión; 4 deles da área de Vigo: Redondela, Ponteareas, Gondomar e Pazos de Borbén; e outros 20 pediron información previa.

A XUNTA DE GALICIA ULTIMA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE DÍA DE CURTIS

  • VISITA CENTRO DÍA CURTIS13 (5 XULLO 2016)A nova instalación, con capacidade máxima para 40 prazas, ten previsto abrir as súas portas ao longo do verán

 

Curtis (A Coruña), 5 de xullo de 2016.- A Consellería de Política Social ultima a entrada en funcionamento -que se producirá ao longo do verán- do centro de día de Curtis, incluído na rede autonómica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O xerente dese ente, Perfecto Rodríguez, o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e responsables da empresa SIAD24 -adxudicataria da xestión do centro-, visitaron esta mañá os traballos no edificio onde se prestará ese servizo para os maiores, pendentes das últimas supervisións que os técnicos levan a cabo estes días.

 

O centro de atención diúrna, que está completamente equipado en canto a mobiliario, ten unha capacidade máxima de 40 prazas pero, como é habitual nestes casos, abrirá as súa portas de xeito gradual; nun primeiro momento, con 25 prazas. A administración autonómica xa remitiu ao Concello de Curtis o pasado 10 de xuño o convenio de colaboración entre ambas as dúas institucións para a xestión e financiamento do novo centro de día, que agora deberá aprobar o consistorio, antes de que comece o proceso de adxudicación de prazas.

 

Ese convenio de colaboración axústase xa aos novos criterios económicos que establece o Acordo Marco subscrito pola Consellería de Política Social e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) o pasado 11 de maio, que fixa un custo por usuario e ano para todos os centros de día e escolas infantís dependentes do Consorcio.

 

Coa entrada en funcionamento do de Curtis, a rede de centros de día de titularidade autonómica, estará conformada por un total de 54 (con capacidade para 2.104 usuarios), aos que se suman 6 fogares residenciais e 1 residencia (capacidade para 170 usuarios) e 6 vivendas comunitarias (capacidade para 96 persoas).

 

A Consellería de Política Social está a acometer ademais un plan de obras de mellora de instalacións e mobiliario en centros de maiores, no que inviste máis de 600.000 euros, e que é posible grazas ao cumprimento por parte da comunidade autónoma do obxectivo do déficit.

 

Afundación reuniu 125.000 escolares nas súas propostas de programación para o curso 2015-2016

Mamá cabra 20160621_163326Máis de 125.000 escolares participaron nas propostas de programación deseñadas por Afundación para o curso 2015-2016, que incluíu actividades de artes escénicas, talleres e visitas comentadas ás exposicións e ao Centro de Educación Ambiental Naturnova. Ademais, dentro da oferta deseñada pola entidade, incluíuse o novo programa de educación interxeracional «Fálame da emigración», que permitiu aos estudantes achegarse da man dos seus protagonistas, voluntarios maiores de once centros de Afundación, a un período significativo da nosa historia. O obxectivo da programación de Afundación dirixida a escolares é fomentar o interese dos máis novos pola cultura, a historia ou a natureza desde unha perspectiva diferente e favorecer o seu desenvolvemento na súa transición cara á idade adulta. Ademais, as actividades que os alumnos realizan fóra das aulas complementan e enriquecen a súa educación, brindándolles a oportunidade de compartir, aprender e madurar.

 

Ataquilla – Concerto de Dr. Queen en Santiago, A Coruña e Vigo

O legado de Freddie Mercury, o seu espectáculo, continúa vivo grazas a Dr. Queen, a banda tributo arxentina que regresará a Galicia dentro da súa xira. Arrincan cun concerto na sala Capitol de Santiago este mércores, 7 de xullo; o 8 de xullo estarán na sala Playa Club da Coruña e o 10 de xullo pecharán con outra actuación na sala Rouge de Vigo.

XUNTA DE GALICIA, FEGAMP E A FEDERACIÓN GALEGA DO BANCO DE ALIMENTOS COORDÍNANSE PARA GARANTIR ATENCIÓN ALIMENTICIA ÁS FAMILIAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE E CON MENORES

  • As tres entidades asinan, un ano máis, un convenio de colaboración co obxectivo de cubrir as necesidades alimenticias básicas durante o verán de familias con escasos recursos económicos que non reciben outro tipo de axudas con esta mesma finalidade

 

Santiago, 5 de xullo de 2016.- A Consellería de Política Social, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Federación Galega do Banco de Alimentos asinaron un novo convenio de colaboración co obxectivo de garantir que as familias con reducidos recursos e con menores baixo o seu coidado teñan cubertas as súas necesidades alimenticias nos meses de verán. Este acordo, que se está desenvolvendo dende finais do pasado mes de xuño, establece un procedemento de actuación e coordinación entre as tres entidades para a entrega de alimentos a familias en situación ou risco de exclusión social con nenos/as ao seu cargo que non sexan beneficiarias de axudas coa mesma finalidade e que sexan previamente propostas polos concellos.

 

No convenio sinálase que “a situación de crise económica dos últimos anos motiva que moitas familias teñan problemas para cubrir as necesidades básicas por falla de recursos económicos, situación que ten graves consecuencias se afecta á alimentación dos e das menores”. Ante esta situación, a Consellería de Política Social, a Fegamp e a Federación Galega do Banco de Alimentos coinciden na necesidade de “abordar de maneira conxunta e coordinada as medidas de apoio ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo que teñan problemas para cubrir as súas necesidades alimenticias”. Por iso, as tres entidades subscribiron, un ano máis, este protocolo de colaboración para facer posible facilitar a estas familias axuda alimenticia.

 

Así, son os servizos sociais comunitarios dos concellos os que se encargan de determinar as familias destinatarias desta achega extraordinaria de alimentos en función das circunstancias en que estas se atopen, remitindo un listado de posibles beneficiarias á Consellería de Política Social e á Federación Galega do  Banco de Alimentos. Así mesmo, a Política Social contrastará a percepción por parte desas familias doutras axudas e prestacións concedidas pola propia Consellería coa mesma finalidade; e a Federación Galega do Banco de Alimentos comprobará que non se subministraron outras axudas ás familias que forman parte do devandito listado. Os concellos deberán indicar un lugar ou punto para que os bancos de alimentos fagan entrega dos lotes de produtos, en función da súa petición, e organizar esa entrega ás familias que os solicitaron. O paquete entregado a cada familia permitirá cubrir as necesidades alimenticias de todas as persoas da unidade familiar.

WILL DE REINER RIEDLER. UN LIBRO SOBRE LA VOLUNTAD DE TRASCENDER

La Fábrica publica Will, el proyecto ganador del concurso de maquetas de La Fábrica 2015, realizado por el fotógrafo austriaco Reiner Riedlerunnamed (1)

Will habla del cuerpo humano, la enfermedad y la prolongación de la vida, en un viaje que empieza en la física y termina en la metafísica

El fotógrafo reflexiona sobre la voluntad de trascender del ser humano, que busca en la parafernalia médica la posibilidad de prolongar la vida humana y aspirar así a la inmortalidad

El libro, que recoge un total de 80 imágenes, se completa con textos de Gonzalo Golpe y Paul Wombell

Will será presentado al público en el festival Les Rencontres de la Photographie de Arles (Francia), que tendrá lugar del 4 al 10 de julio

 

Más información: www.lafabrica.com

A secretaria xeral de Urbanismo e o delegado da Xunta en Vigo asistiron á inauguración da exposición “15 anos do Proxectoterra

05072016_ExpoProxectoTerraPé de foto: A exposición conmemorativa 15 anos do ProxectoTERRA” do Colexio de Arquitectos de Galicia chegou hoxe a Vigo. Composta por oito prismas onde se mostra o transcorrer desta iniciativa de cooperación co mundo da educación, está dirixido ás distintas etapas educativas co obxecto de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares deben ter da arquitectura e da identidade territorial galega. Á presentación da exposición, que estará localizada ata o día 10 na rúa Príncipe, asistiron a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo,María Encarnación Rivas Díaz, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

 

A  iniciativa Proxecto Terra naceu no ano 2000, ideada e impulsada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e dende 2003 conta co apoio da Xunta de Galicia. A finalidade principal do Proxecto Terra é conseguir que a cidadanía perciba a ordenación do territorio e o urbanismo responsable como un piar da sociedade. Dende a Xunta ponse en valor a importancia desta iniciativa, xa que é un proxecto de colaboración co mundo educativo que busca difundir a importancia da sensibilización no respecto á paisaxe e o urbanismo responsable.

 

PECHADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO III CERTAME DE RELATOS VIGO HISTÓRICO CON 170 OBRAS

Vigo, 5 de xullo de 2016. O III Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira e patrocinado polo Concello de Vigo e a empresa Tressis, pechou o prazo de presentación de relatos con 170 obras admitidas, un número moi similar ao das dúas edicións anteriores.

Mércores na Feira do Libro de Vigo

Libros sobre o mar en Vigounnamed

Benigno Campos e Manuel Sánchez Gálvez presentan este mércores as súas novas obras na Feira do Libro

Mañá mércores os actos da Editorial Galaxia na Feira do libro gravitarán arredor do mundo do mar, dalgunha maneira. Comezaremos ás 19 horas co debut literario de Manuel Sánchez Gálvez quen presentará, abeirado polo editor Francisco Castro, a súa primeira novela, publicada na colección Costa Oeste, ‘Mäelstrom, Mäelstrom’, unha novela na que o mar de Vigo vai ter unha presenza fundamental.

Ás 19.45 chegará o momento de Benigno Campos, o popular cociñeiro do programa da TVG LARPEIROS e que nos agasalla cun novo receitario, desta volta titulado ‘Peixes e mariscos’e cheo de receitas saborosas como as que xa nos ten acostumados. O cociñeiro estará acompañado por Alfonso Cabaleiro e Víctor F. Freixanes.

Mäelstrom, Mäelstrom: Capa | Foto de Manuel Sánchez Gálvez
Peixes e Mariscos: Capa con foto de Benigno Campos

Curso de Perruquería

Perruquería3A Concellería de Emprego está a desenrolar un Curso de Perruquería Artística ao que asisten 20 veciñas do Porriño, todas elas en situación de e seleccionadas na Oficina do antigo INEM da vila. As participantes reciben formación, teórica e práctica nesta modalidade que ten coma obxectivo final a posibilidade de desenvolver os coñecementos adquiridos en pequeñas e medianas empresas adicadas, principalmente, e actividades socioculturais.

A concelleira, Soledad Girón, subliña que estes cursos teñen como “obxectivo esencial e fundamental contribuír á volta ao mercado laboral” mediante o coñecemento de novas habilidades demandadas polos empregadores ou que poden constituír un oco de mercado á hora de crear unha empresa.

A este curso, que ten unha duración total de 60 horas, seguirá outro de maquillaxe, que empeza o vindeiro 18 de xullo e no que participarán outras 20 persoas. Soledad Girón reitera que todas as actividades formativas, que se desenrolan no centro de Torneiros, son de balde.