A XUNTA CONVIDA AO CONCELLO DE VIGO A INCORPORARSE AO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS PARA AXUDAR ÁS FAMILIAS EN DIFICULTADES CON GARANTÍAS PARA OS PROPIETARIOS

  • Vázquez Mourelle explica que a Xunta financiará un seguro multirrisco do fogar; e outro de garantía do cobro dos alquileres impagados, que inclúe asistencia e defensa xurídica, para dar tranquilidade ao arrendatario
  • Precisa que estes seguros blindan ao propietario, que ve como o piso que cede en alugueiro para axudar ás familias está totalmente asegurado
  • Fai fincapé na necesidade de que os concellos colaboren coa Xunta para que estas vivendas baleiras poidan ser ofrecidas en réxime de alugueiro social a quen máis as necesita
  • A día de hoxe, 35 concellos xa teñen solicitado formalmente a súa adhesión; 4 deles da área de Vigo: Redondela, Ponteareas, Gondomar e Pazos de Borbén; e outros 20 pediron información previa

 

Vigo, 5 de xullo de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, interveu hoxe no coloquio ‘Políticas públicas de vivenda. Balance e perspectivas’, onde convidou ao Concello de Vigo a incorporarse no Programa de Vivendas Baleiras coa fin de axudar ás familias en dificultades con garantías para os propietarios.

Ethel Vázquez lamentou que a pesar de que Vigo é a cidade de Galicia que rexistra maior número de desafiuzamentos e con máis familias que precisan dun fogar, o Concello rexeita sumarse ao Programa de Vivendas que protexe o dereito á vivenda dos cidadáns. Lembrou que a Valedora do Pobo dirixiuse ao Concello instándoo “a valorar a conveniencia” de sumarse este programa da Xunta, xa que o citado municipio ten pisos baleiros da súa propiedade que non destina a alugueiro social.

O Programa de Vivendas Baleiras permite que todos municipios galegos que o desexen se sumen a través a sinatura dun acordo de adhesión. Trátase de mobilizar as vivendas públicas ou privadas que estean baleiras e que os seus propietarios voluntariamente incorporen, contando para isto coa participación dos Concellos. Este é un acordo que vai facer dun conxunto de vivendas desocupadas, unha bolsa de vivendas sociais artellada polos concellos que se queiran adherir ao programa.

Vázquez Mourelle explicou que para facilitar este programa, a Xunta financiará un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía do cobro dos alquileres impagados, que inclúe asistencia e defensa xurídica, para dar tranquilidade ao arrendatario.

A titular de Vivenda indicou que estes seguros blindan ao propietario, que ve como o piso que cede en alugueiro para axudar ás familias está totalmente asegurado. Precisou que así evitaríanse problemas como os trasladados por Os Ninguéns, pola complexidade de atopar xente disposta a alugar un piso a familias en dificultades.

A conselleira fixo fincapé na necesidade de que os concellos colaboren coa Xunta para que estas vivendas baleiras poidan ser ofrecidas en réxime de alugueiro social a quen máis as necesita. concretou que é unha medida coa que todos os municipios galegos teñen unha oportunidade de sumarse de forma real á loita contra os desafiuzamentos e ao apoio ás persoas con dificultades para acceder a un fogar.

A día de hoxe, 35 concellos xa teñen solicitado formalmente a súa adhesión; 4 deles da área de Vigo: Redondela, Ponteareas, Gondomar e Pazos de Borbén; e outros 20 pediron información previa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: