XUNTA DE GALICIA, FEGAMP E A FEDERACIÓN GALEGA DO BANCO DE ALIMENTOS COORDÍNANSE PARA GARANTIR ATENCIÓN ALIMENTICIA ÁS FAMILIAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE E CON MENORES

  • As tres entidades asinan, un ano máis, un convenio de colaboración co obxectivo de cubrir as necesidades alimenticias básicas durante o verán de familias con escasos recursos económicos que non reciben outro tipo de axudas con esta mesma finalidade

 

Santiago, 5 de xullo de 2016.- A Consellería de Política Social, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Federación Galega do Banco de Alimentos asinaron un novo convenio de colaboración co obxectivo de garantir que as familias con reducidos recursos e con menores baixo o seu coidado teñan cubertas as súas necesidades alimenticias nos meses de verán. Este acordo, que se está desenvolvendo dende finais do pasado mes de xuño, establece un procedemento de actuación e coordinación entre as tres entidades para a entrega de alimentos a familias en situación ou risco de exclusión social con nenos/as ao seu cargo que non sexan beneficiarias de axudas coa mesma finalidade e que sexan previamente propostas polos concellos.

 

No convenio sinálase que “a situación de crise económica dos últimos anos motiva que moitas familias teñan problemas para cubrir as necesidades básicas por falla de recursos económicos, situación que ten graves consecuencias se afecta á alimentación dos e das menores”. Ante esta situación, a Consellería de Política Social, a Fegamp e a Federación Galega do Banco de Alimentos coinciden na necesidade de “abordar de maneira conxunta e coordinada as medidas de apoio ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo que teñan problemas para cubrir as súas necesidades alimenticias”. Por iso, as tres entidades subscribiron, un ano máis, este protocolo de colaboración para facer posible facilitar a estas familias axuda alimenticia.

 

Así, son os servizos sociais comunitarios dos concellos os que se encargan de determinar as familias destinatarias desta achega extraordinaria de alimentos en función das circunstancias en que estas se atopen, remitindo un listado de posibles beneficiarias á Consellería de Política Social e á Federación Galega do  Banco de Alimentos. Así mesmo, a Política Social contrastará a percepción por parte desas familias doutras axudas e prestacións concedidas pola propia Consellería coa mesma finalidade; e a Federación Galega do Banco de Alimentos comprobará que non se subministraron outras axudas ás familias que forman parte do devandito listado. Os concellos deberán indicar un lugar ou punto para que os bancos de alimentos fagan entrega dos lotes de produtos, en función da súa petición, e organizar esa entrega ás familias que os solicitaron. O paquete entregado a cada familia permitirá cubrir as necesidades alimenticias de todas as persoas da unidade familiar.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: