A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS INFORMA AO ALCALDE DE TUI DOS AVANCES NO PROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA ROTONDA DE ACCESO Á DEPURADORA DE GUILLAREI
- Este proxecto, que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria na zona, consta dun orzamento de preto de 200.000 euros
- A actuación consiste na transformación da intersección de acceso á depuradora nunha glorieta, no punto quilométrico 1+900 da estrada que une Guillarei e Salvaterra de Miño (PO-404)
Santiago, 6 de xullo de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na que o informou dos avances no proxecto para a construción dunha rotonda de acceso á estación depuradora de Guillarei.
Esta actuación consiste na transformación da intersección de acceso á depuradora nunha glorieta, no punto quilométrico 1+900 da estrada que une Guillarei e Salvaterra de Miño (PO-404).
Este proxecto, que ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria na zona, consta dun orzamento de preto de 200.000 euros.
O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, pretende resolver carencias na rede viaria autonómica co obxectivo de proporcionar unhas estradas cómodas e seguras aos cidadáns.