PARTICIPANTES NA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA REALIZAN PRÁCTICAS FORMATIVAS DE ENVASADO NO POLÍGONO OURENSÁN DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

  • Un grupo de catro persoas adquiren coñecementos técnicos e melloran as súas posibilidades de inserción no mercado laboral

 

Barbadás (Ourense), 6 de xullo de 2016.- Un grupo de catro persoas que participan a través do equipo de inclusión de Barbadás (Ourense) na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsada pola Consellería de Política Social e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, están a realizar prácticas formativas non laborais no centro de traballo da empresa “Aceites Abril S.L.”, no polígono industrial San Cibrao das Viñas, en Ourense.

 

O programa de formación, froito do convenio asinado no seu día por esa empresa coa Xunta de Galicia, desenvólvese dende o pasado 13 de xuño e comprenderá un total de 100 horas de prácticas como envasadores, ata o seu remate o día 11 deste mes de xullo.

 

Os catro participantes nesta actuación adquirirán novos coñecementos técnicos e demostrarán as súas aptitudes nun posto de traballo, pudendo incorporar logo esta experiencia ao seu currículo persoal co que aumentarán as posibilidades de inserción no mercado laboral.

 

As prácticas forman parte do plan de actuacións incluído nos itinerarios de inserción socio-laboral da administración autonómica, que os dispositivos técnicos comarcais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar deseñan para os participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

 

O departamento de Inclusión do Consorcio, da Consellería de Política Social, conta na actualidade con 18 oficinas comarcais repartidas polo territorio da comunidade autónoma galega, máis un centro no módulo penitenciario de Teixeiro. No pasado ano 2015, as oficinas de Inclusión da Xunta de Galicia atenderon a 10.230 persoas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: