Archive | julio 8, 2016

A XUNTA REITERA A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO DE VIGO AXILICE A TRAMITACIÓN PARA INICIAR O ANTES POSIBLE A CONSTRUCIÓN DE 1.600 VIVENDAS PROTEXIDAS EN SAN PAIO DE NAVIA

 

  • A proba do interese da Xunta pola actuación é que en 2016 o Goberno galego vai investir catro veces máis do presupostado inicialmente para esta actuación
  • A Administración local limitarase a tramitar a modificación do plan parcial, mentres que o investimento en adquisición de solo e urbanización do mesmo realizarao exclusivamente a Xunta de Galicia, que construirá tamén vivendas públicas

 

 

Santiago, 8 de xullo de 2016.- A Xunta de Galicia reitera a necesidade de que o Concello de Vigo axilice a tramitación para iniciar o antes posible a construción de 1.600 vivendas protexidas en San Paio de Navia. O Goberno galego aposta decididamente polo desenvolvemento da ampliación do solo residencial neste ámbito,  como o demostra o feito de que en 2016 destinará á adquisición de solo un total de 8 millóns de euros, catro veces máis do inicialmente presupostado.

 

A tramitación da modificación do plan parcial, necesaria par a construción das 1.600 vivendas protexidas, viuse ralentizada forzadamente pola caída do Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2008. A Xunta seguiu en todo momento as indicacións da Xerencia de Urbanismo de Vigo para o impulso desta actuación.

 

En todo momento o Instituto Galego da Vivenda e Solo mostrouse activo e partidario de buscar alternativas que permitiran continuar co desenvolvemento de San Paio de Navia, de maneira que aos poucos días de comunicar o Concello a posibilidade de continuar coa súa tramitación, presentouse ante o mesmo a documentación para a modificación do plan parcial. Neste senso, cabe salientar que a comunicación do concello se produciu o 20 de maio de 2016 e a presentación da documentación no mesmo para a tramitación da modificación se realizou o 6 de xuño.

 

Ao mesmo tempo, o Consello da Xunta do 16 de xuño autorizaba a convocatoria dun concurso público de adquisición de solo en San Paio de Navia, concurso que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 30 de xuño, coa previsión de adquirir solo por importe de 8 millóns de euros, catro veces máis do que estaba presupostado investir en San Paio de Navia en 2016.

 

Fronte a esta realidade, plasmada no Diario Oficial de Galicia, o alcalde de Vigo so parece interesado en poñer trabas ao desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida no seu concello. Cabe salientar a a única intervención do concello de Vigo no desenvolvemento da ampliación de San Paio de Navia consistirá na tramitación do plan parcial, sen que estea previsto que realice ningún investimento, xa que tanto a adquisición do solo como a súa urbanización serán financiados exclusivamente pola Xunta de Galicia. O concello, pola contra, recibirá de forma gratuíta os espazos públicos xa urbanizados, rúas, equipamentos, etc.

 

A XUNTA COLABORA CO FORO INDUSTRIAL DE INTERNACIONALIZACIÓN E INNOVACIÓN NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL QUE HOXE SE CELEBRA EN VIGO

  • 08072016_ForoEurorrexión3López- Chaves destacou a “oportunidade” que supón para galegos e portugueses a posibilidade de emprender proxectos conxuntos
  • Neste ámbito a Xunta vén de multiplicar por catro as axudas á internacionalización e ten previsto investir 87 millóns de euros para a activación de 25 unidades mixtas
  • O delegado territorial da Xunta insistiu en que o obxectivo desta colaboración é a creación de emprego e as melloras nas condicións na rexión

 

Vigo, 08 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de apertura do Foro Industrial de Internacionalización e Innovación na Eurorrexión que hoxe se celebra na cidade olívica.

 

Na súa intervención, López-Chaves destacou a consolidación da Eurorrexión, que vén de  converterse en modelo para outras fórmulas territoriais de cooperación que xurdiron en posteriormente en Europa. “Supón unha oportunidade para galegos e portugueses pola súa capacidade para emprender proxectos conxuntos, para reclamar fondos e xestionalos con racionalidade e transparencia, converténdoos en melloras para os cidadáns”, dixo.

 

O marco institucional de cooperación entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal constitúeo a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, creada en 1991. Neste senso, o delegado territorial destacou a “vantaxe competitiva” que supón esta unión situada nunha rexión estratéxica dende o punto de vista do tráfico marítimo e da centralidade euro-americana. “É necesario non só prantexar proxectos comúns senón plans de investimento en conxunto para aumentar as afinidades”, aclarou.

 

Neste ámbito a Xunta, dentro do programa Galicia Exporta, vén de multiplicar por catro as axudas á internacionalización para chegar a 400 pemes galegas e a máis dun cento de mercados. Tamén ten previsto investir 87 millóns de euros nos próximos dous anos para a activación de 25 unidades mixtas que xerarán 360 empregos cualificados. López-Chaves insistiu na necesidade de “buscar a cooperación institucional e empresarial” co obxectivo da “creación de emprego e realizando melloras nas condicións na rexión”.

 

O acto de apertura da xornada foi presentado polo director xeral de FELUGA, Enrique Mallón. Tamén participaron Aníbal Campos, presidente de Feluga e presidente de AIMMAP; Julio Gómez Rodríguez, vicepresidente de FELUGA e presidente de ASIME; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Carlos Neves, vicepresidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N); e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

MARCO Vigo: inauguración PASCUALA CAMPOS DE MICHELENA /ANA GALLEGO PALACIOS

unnamedPascuala Campos de Michelena | Ana Gallego Palacios

La conversación

PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto

Ciclo de exposicións comisariado por Chus Martínez Domínguez

Datas     8 xullo – 11 setembro 2016

Lugar     Anexo [vestíbulo principal]

Horario             Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00

Domingos, de 11.00 a 14.30

Produción         MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración con

Coincidindo coa xornada inaugural, o venres 8 de xullo ás 19.30 tená lugar no salón de actos unencontro-coloquio aberto ao público entre as arquitectas Pascuala Campos de Michelena e Ana Gallego Palacios, e a comisaria Chus Martínez Domínguez.

 

 

Pascuala Campos de Michelena | Ana Gallego Palacios

La conversación

As arquitectas Pascuala Campos de Michelena (Xaén, 1942) e Ana Gallego Palacios (Cáceres, 1977) pensan, proxectan e habitan espazos. Nas súas respectivas traxectorias teñen dedicado investigacións e accións a descifrar a natureza das experiencias e as emocións que acontecen nos lugares, a clarificar tamén os seus significados mediante as ferramentas das que dispón a arquitectura, cómplices coa filosofía e coa arte. Na intervención específica que proxectan para o Anexo, formulan un espazo fenomenolóxico para sentir e imaxinar a vulnerabilidade dos espazos que habitamos, para pensar como os experimentamos, lexitimamos e compartimos. Unha intención que no museo opera desde as coincidencias coas artes visuais, activando un novo estadio de existencia, paralelo entre o espazo real e o espazo figurado.

A exposición está organizada para crear un lugar de tránsito e de encontro, ao redor dun volume central, polo que deambular e deixarse levar nos detalles e a atmosfera xerada. Cruzamos o limiar da sala para pisar un chan de area e irremediablemente revivimos a experiencia dunha praia, pero hoxe, máis ca nunca, terreo de exilios, de fuxidas, de dramas vitais e morte. No centro unha construción de lonas de burel acubilla dúas pequenas cadeiras enfrontadas, expectantes ao diálogo. Sobre estas colgan pequenas pinzas de madeira; obxectos feramente cotiáns, sinxelos, pero tamén cargados dunha férrea simboloxía que fala de patróns, de labores domésticas, de muller. Dispositivos case máxicos que actúan como unha sorte de prolongación de mans, de suxeición. O conxunto acompaña a imaxe próxima dunha conversa que non ocorreu e que debera ter existido, para desde ese lugar doloroso e totalmente subxectivo, dar o salto a unha experiencia colectiva; ligando o tempo íntimo a realidades externas levadas por unha necesidade urxente de reflexionar sobre as relacións e os modos de comunicación desde e fronte á nosa realidade cultural, social e política.

As autoras articulan un espazo orgánico, permeable e temporal, fluído e cambiante segundo a percepción de cada visitante. Unha paisaxe proxectada para activar un novo ritmo, emocional e subxectivo, mediante o manexo esencial dos obxectos, materiais e luz. Unha experiencia tamén física, corporal, onde se ofrece un lugar fronteirizo, como tamén o son as palabras, onde reivindicar e comprometerse coa identidade, a memoria e a política, co territorio e o xénero. Traspasar o limiar para intuírse fóra ou dentro, constatar a pertenza ou o desarraigo desde a reflexión sobre os exilios persoais, nunha actualidade especialmente sensible, problemática, cara aos exilios colectivos.

A interacción entre a linguaxe arquitectónica e as artes visuais sucede neste proxecto co desexo de mostrar os dinamismos básicos da propia subxectividade no seu intento de xerar o sentido e, en definitiva, de constituír o mundo que nos rodea, cunha actitude crítica sobre o noso ser no espazo. Colaborar na mobilidade das marxes da invención e da creación. Un resultado realmente suxestivo que nace da fusión do traballo de dúas arquitectas cuxas poéticas diferenciadas conectan na ética do traballo e no sentido intuitivo do espazo. Deste xeito, a sala motiva a creación dun discurso que, sen voz, arma un debate: asumir un sitio onde estar, un lugar onde poder chegar a ser.

Chus Martínez Domínguez

 

PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto

Ciclo de exposicións comisariado por Chus Martínez Domínguez

Lugar: Anexo (vestíbulo principal)

O 29 de abril estreouse un novo ciclo expositivo no Anexo do MARCO, un lugar que dende 2015 foi convertido en sala de proxectos. Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, a liña de programación pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras en si —novas producións realizadas especificamente para este espazo— como ao comisariado —ciclos de exposicións con periodicidade anual. Nesta ocasión, e ao longo de 2016, a crítica de arte e comisaria Chus Martínez Domínguez presenta o ciclo ‘PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto’.

Tomando como punto de partida as circunstancias e realidades problemáticas que se producen na interacción entre as artistas e o sistema da arte, este ciclo achega, a través de catro proxectos específicos, diferentes cuestións da teoría e a práctica artística, concretando as investigacións, conceptos e poéticas sobre as que xiran os traballos de cada unha das participantes.

Un programa articulado nas propostas de Mónica Cabo (Oviedo, 1978), Pascuala Campos de Michelena/Ana Gallego Palacios (Xaén, 1938/Cáceres, 1975), Xisela Franco (Vigo, 1978) eElena Blasco (Madrid, 1950), creadoras de distintas xeracións procedentes das artes visuais, a arquitectura e o audiovisual, que tecerán relatos e accións particulares arredor da representación, a identidade, a política e o territorio, desde unha perspectiva non exenta de humor e crítica, de subversión e memoria. Apenas algunhas cuestións dun longo discurso sobre o traballo das artistas que sempre parece disposto, ou imposto, nun estadio inacabado, en construción e reivindicado.

O Anexo do MARCO convértese na metáfora idónea dos espazos nos que demasiadas veces operan as creadoras; nas marxes, na resistencia, nos cantos do sistema. Este proxecto, non obstante, quere volver preguntar e insistir neses lugares, transformalos en relatos guionizados polas propias artistas, enfrontándose a eles como un escenario no que propor novas realidades, reaccionando fronte aquelas circunstancias que as limitan, condicionan e vulneran. Reflexións transversais en forma de accións dende unha actualidade na que a cuestión de xénero segue a ser problemática.

 

Pascuala Campos de Michelena

Titulada pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, Pascuala Campos de Michelena (Xaén, 1942) ten compaxinado a súa actividade profesional como arquitecta coa labor docente e investigadora na Escola de Arquitectura da Coruña (ETSAC). Pioneira na incorporación da perspectiva de xénero á docencia arquitectónica, en 1995 converteuse na primeira catedrática de Proxectos Arquitectónicos das escolas de arquitectura españolas cun traballo titulado “Espazo e Xénero”.

Dirixiu e participou en cursos e seminarios, codirixindo o curso NOW 256 (New Oportunities for Women) sendo as outras directoras Ángeles Durán, Adriana Bisquert e Rosa Barba, que tiveron lugar en 1993 en Málaga e en Toledo en 1994 e que foi apoiado pola Iniciativa Europea, o Consello Superior de arquitectos e os colexios de arquitectos de Andalucía occidental e Castela a Mancha e o Instituto Andaluz de la Mujer.

En 1994 participou no 1º Congreso Internacional das Mulleres nas Sociedades Mediterráneas, compartindo mesa con Soledad Sevilla, pintora e artista de instalacións, María Camboni, poetisa, e Concha Galdón, pintora.

Entre os seus traballos destacan: Casa para o párroco de Marín (1968); Casa de País en Sanxenxo (1968); Concello de Pontecesures (1975); actuación en Combarro (1984); Escola de Formación Pesqueira en Arousa (1990), vencedora dun concurso nacional e seleccionada para a mostra “Lugar, Memoria e Proxecto. Galicia: 1974-1994” (Santiago de Compostela, 1995) e para a exposición “Construir desde el interior” (Madrid, 2000); Casa de Fina (1995); Casa de Antolina e, por último, a súa vivenda particular de Pontevedra (1998), situada no casco vello da cidade na que reside.

Ana Gallego Palacios

Ana Gallego Palacios (Cáceres, 1977) é doutora en arquitectura pola Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC) na especialidade de urbanismo coa tese “Arquitectura de la vid en la región de Entre-Douro e Minho. Fenomenología y paisaje”. Durante os últimos anos ten realizado diversos cursos de posgrao en Arquitectura efémera “Arquitectura y Artesanía” na Escuela de Arquitectura de la Universidad de Barcelona UPC – TSAB e tamén “Representations of the city” e “Arquitectura en Finlandia” na TKY-TKK University of Technology (Helsinki, Finlandia).

As súas principais liñas de investigación son: Fenomenoloxía e Paisaxe, Arquitectura Vernacular, Natureza e Cidade, Arquitectura e Artesanía, ademais de Educación en Arquitectura para grupos infantís, eido no que ven desenvolvendo numerosos obradoiros con grupos de nenos de altas capacidades intelectuais.

Talleres de arquitectura infantil que tratan de fomentar dende o lúdico a creatividade e a imaxinación, a diversión e a espontaneidade, a empatía e as relacións persoais, dende o corpo como lugar de percepción.

Ten publicado xunto a Pascuala Campos de Michelena e Soledad Bugallo Chouciño, o libro: A Árbore na Cidade: catálogo-proposta para protección do arboredo no casco histórico e proximidades. A Coruña.

 

 

PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto Programación e calendario

Mónica Cabo

29 abril – 26 xuño 2016

Pascuala Campos de Michelena/Ana Gallego Palacios

8 xullo – 11 setembro 2016

Xisela Franco

23 setembro 2016 – 8 xaneiro 2017

Elena Blasco

20 xaneiro 2017– 26 marzo 2017

Sobre a comisaria

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Chus Martínez Domínguez (Tui, 1976) é especialista en artes visuais contemporáneas. Na súa actividade profesional salienta o seu labor como crítica de arte, sendo colaboradora habitual do suplemento cultural Babelia do xornal El País e da revista Tempos Novos, ademais de ter colaborado noutras publicacións especializadas galegas e estatais, como ArtNotes, Arte y Parte e Artecontexto. É autora de textos e ensaios de investigación no ámbito da creación contemporánea e da muller no sistema da arte, participando en diferentes proxectos de investigación, catálogos e ensaios de institucións públicas e privadas como o Centro Galego de Arte Contemporánea, Consello da Cultura Galega, Museo Barjola de Xixón, Deputación de Ourense, Deputación de Lugo, Universidade de Vigo, Universidade de Santiago ou Universidade da Coruña. Exerce como comisaria independente de exposicións, experiencia que tivo como resultado as mostras no CGAC, Auditorio de Galicia, Sala Alterarte e Casa da Parra, entre outras. Destaca o seu labor como coordinadora do espazo www.espazodocumental.net (CGAC, 2008), un sitio web pioneiro dedicado a artistas galegos e editora da publicación homónima que deu como resultado espazodocumental.net. Pertence desde 2012 á Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

Información e visitas

O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00

Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900

A CIG convoca unha nova xornada de folga nos centros de chamadas

 

O vindeiro 11 de xullo os 8.000 teleoperadores e teleoperadoras de toda Galiza están chamados a unha nova xornada de folga sectorial de 24 horas, ante a situación de bloqueo da negociación do Convenio Colectivo Estatal de Contact Center (antigo telemárketing).

clip_image002

Despois de 20 meses de reunións a negociación do novo Convenio Colectivo Estatal mantense bloqueada pola intención da patronal de empeorar as condicións laborais, dun colectivo que xa sofre unhas condicións tremendamente precarias.

 

O persoal dos centros de chamadas, que son a voz de grandes empresas e administración públicas, sufren unhas condicións extremadamente precarias: baixos salarios; contratos a tempo parcial; temporalidade; ritmos de traballo esgotadores; son as condicións xerais nun sector no que son laborais as 24 horas os 365 días do ano. Incluso en moitas empresas o persoal sofre un acoso laboral organizado e estruturado.

 

O sector medra en facturación ano a ano, pero as empresas manteñen 25.000 postos de traballo deslocalizados en terceiros países. Son 25.000 postos de traballo que se perden aquí, de atención á clientela do Estado Español.

Moitas persoas identifican aos teleoperadores/as coa venda telefónica, nada mais lonxe da realidade, esa é unha parte pequena da actividade do sector. Cada vez os servizos son mais especializados e requiren unha maior formación, van dende a banca telefónica, ao mantemento de redes informáticas de internet; ata teléfonos de administracións e organismos públicos.

Esta non é a primeira folga deste persoal. Ao longo deste ano foron convocados paros dunha hora (en febreiro e maio) e outra xornada de folga en abril.

 

A folga foi convocada en solitario pola CIG primeira forza sindical do sector en Galiza, e conta co apoio do resto de sindicatos en Atento na Coruña, pero non no resto de empresas do país.

 

Ao tempo están convocadas concentracións en Vigo (na Farola de Príncipe ás 11 da maña), na Coruña (diante de diversas empresas que teñen subcontratadas a empresas de telemarketing, dende as 12 da maña na rúa Juan Florez e na Praza de Pontevedra) e en Lugo (ás 12:00 diante das instalacións da empresa Abante no Polígono do Ceao).

 

Tempada de abonos teatro Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) poñerá á venda, a partires do vindeiro xoves 21 de xullo e ata o vindeiro 9 de setembro, os abonos para a nova tempada teatral en Vigo. O programa conta cun total de cinco obras que abordan temáticas de índole moi social. Desde a rutina matrimonial enLos vecinos de arriba, pasando polo acoso escolar en Mi pequeño poni, ata a desesperación que provoca a enfermidade en Héroes. Esta tempada conta co selo de calidade de recoñecidos actores como Juan Antonio Molina, María Adánez e Juan Gea entre moitos outros. As entradas soltas poderán adquirirse a partires do día 12 de setembro. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación enataquilla.com e a través do teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos das entradas soltas, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. A totalidade das funcións terán lugar no Teatro Afundación de Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 13.

LA AUTORIDAD PORTUARIA DE VIGO INICIA LA APERTURA DE EXPEDIENTE INFORMATIVO A LAS EMPRESAS ACCIONISTAS DE LA SAGEP VIGO

Vigo, 8 de julio de 2016.-  La Autoridad Portuaria de Vigo, a la vista de lo establecido en el artículo 150.4 del Texto Refundido de la Ley de Puertos del Estado y de la Marina Mercante que establece, para todas las empresas estibadoras, la obligación de contratar un número de  trabajadores perteneciente a la Sociedad Anónima de Gestión de Estibadores Portuarios (SAGEP), en una cantidad correspondiente, al menos,  al 25% de la actividad de la empresa, en cómputo anual, en el ámbito de este servicio, se solicitó a la SAGEP que remitiera información al respecto.

Según información remitida por la SAGEP a requerimiento de esta Autoridad Portuaria, las empresas estibadoras podrían haber incumplido esta obligación. De ser esto cierto, ello podría constituir una infracción grave, tipificada como tal en el art. 307.1.c del Texto Refundido de la Ley de Puertos del Estado y de la Marina Mercante.

Por otra parte, el art. 317, del citado texto legal, establece con claridad la obligación del personal y los responsables de las Autoridades Portuarias, de formular y tramitar las denuncias.

Y por todo ello, esta Autoridad Portuaria ha decidido abrir un expediente informativo sobre los hechos que se mencionan como paso previo a  un  posible  expediente  sancionador.

El expediente informativo que se abre tiene como fin determinar posibles responsabilidades, si las hubiera.

 

Aeródromo de CERVAL Ganha Novos Voos

01ab

01ab

As Câmaras Municipais de Valença e Vila Nova de Cerveira vão assinar um acordo de cooperação para a requalificação do Aeródromo de Cerval, sábado, 9 de julho, às 12h30, nas instalações do Aeródromo.

Esta parceria pretende requalificar e potenciar uma infra-estrutura estratégica não só para Valença e Vila Nova de Cerveira, mas para todo o Alto Minho.

As obras de requalificação da estrutura, nomeadamente a pavimentação e aumento da pista, para os 750 metros, vão permitir melhorar as condições de segurança, funcionalidade e comodidade do Aeródromo, bem como reforçar a sua capacidade no contexto da Península Ibérica. As intervenções programadas vão abrir novas janelas de oportunidade à criação de condições para a realização de voos turísticos, reforçar o apoio à proteção das florestas da região, bem como acolher aviões ligeiros.

O Aeródromo de Cerval possui uma localização estratégica no contexto do Alto Minho e do sul da Galiza.

Com certificação, para aviação de ultraleves, pelo I.N.A.C. -Instituto Nacional de Aviação Civil, em 11 de Fevereiro de 2009, permite realizar eventos e receber aviões e pilotos de vários pontos do país e da Europa.

Localizado entre os concelhos de Valença e Vila Nova de Cerveira, motiva o empenho das duas autarquias na sua potencialização.

O Aeroclube de CERVAL é a estrutura associativa a quem compete a gestão da utilização do espaço. Esta associação foi formada por pilotos, portugueses e espanhóis, em 16 de setembro de 1992. Inicialmente contava com seis aviões, hoje, são já mais de 60 as aeronaves aqui estacionadas nos vários hangares, com uma área de cinco mil metros quadrados.

De registar que o aeroclube de CERVAL tem orgulho de não registar qualquer tipo de acidente desde a sua formação, tendo nas estatísticas mais de 30 mil horas de voo, o que daria para dar mais de 130 voltas ao planeta Terra.

O CONSELLO GALEGO DA COMPETENCIA IMPONLLE UNHA MULTA DE 68.868 EUROS A UNHA EMPRESA POR FALSEAR DATOS NUN CONCURSO PÚBLICO

  • A empresa, Alcor Seguridade, informou ao órgano de contratación duns custos laborais superiores aos reais co obxectivo de prexudicar ao resto de concursantes
  • Isto provocou que o resto de empresas utilizasen estes custos ‘inflados’ ao presentar as súas ofertas
  • Fronte ás sospeitas de fraude, o Concello de Lugo decidiu deixar o concurso deserto e presentar unha denuncia en Competencia
  • A sanción imposta equivale ao beneficio ilícito que tería acadado a empresa durante a duración do contrato

 

Santiago, 8 de xullo de 2016.- O Consello Galego da Competencia (CGC) vén de impoñerlle á empresa Alcor Seguridade unha multa de 68.868 euros por falsear datos nun concurso público convocado en 2014 polo Concello de Lugo. O organismo autonómico considera que a empresa falseou a competencia ao inflar os custos laborais do servizo que viña prestando, o que prexudicou ás outras empresas que participaban no concurso.

 

En xullo de 2014, o Concello de Lugo sacou a concurso o servizo de vixilancia do fogar do transeúnte municipal. A empresa concesionaria deste servizo ata ese momento -Alcor Seguridade- informou ao órgano de contratación duns custos laborais superiores aos que realmente tiña, co fin de que o resto de empresas concursantes tomasen os devanditos custos ‘inflados’ como base para presentar as súas ofertas económicas.

 

A Lei de Contratos do Sector Público obriga a que, cando se somete a concurso público un determinado servizo, o actual concesionario ten que informar ao órgano de contratación dos custos laborais dos traballadores de obrigada subrogación, de maneira que todos os concursantes poidan coñecer de antemán os custos do servizo para propor as súas ofertas económicas á Administración.

 

Como resultado do sinalado engano, as outras dúas empresas que concorreron ao concurso presentaron ofertas económicas superiores ás de Alcor, que polo tanto resultou adxudicataria do mesmo, ao presentar a oferta economicamente máis beneficiosa.

 

Fronte ás sospeitas de fraude, o Concello de Lugo decidiu deixar o concurso deserto e presentar unha denuncia diante do CGC, a cal deu orixe ao presente expediente sancionador. Xa en 2015 o Concello volveu sacar a concurso o citado servizo, resultando novamente adxudicataria Alcor Seguridade, aínda que cun prezo substancialmente inferior.

 

Enriquecemento ilícito

O Consello Galego da Competencia considera que os feitos descritos constitúen un acto de competencia desleal por violación de normas -as de contratación pública- que vulnera o disposto no artigo 3 da Lei de Defensa da Competencia, ao prexudicar á competencia en prexuízo do interese público.

 

Segundo a xurisprudencia do Tribunal Supremo, a multa pola infracción da Lei de Defensa da Competencia ten que alcanzar, polo menos, o beneficio que ilicitamente obtivese o infractor. Neste caso, o CGC considera que a fraude na contratación permitiríalle a Alcor Seguridade gañar o concurso cun prezo máis elevado do que tería que ofertar nunha situación de competencia non falseada.

 

No primeiro concurso falseado, a empresa fíxose co contrato cunha oferta de 99.207,90 euros (sen IVE), mentres que no segundo -xa en réxime de libre competencia- resultou adxudicataria por importe de 81.990 euros (sen IVE). É dicir, o falseamento do procedemento de licitación teríalle suposto á empresa un enriquecemento ilícito de 17.217 euros que, multiplicados polo catro anos de vixencia que podería chegar a ter o contrato, reflicte un beneficio ilícito de 68.868 euros. Esta é a cantidade na que o Consello Galego da Competencia cuantificou a sanción no presente procedemento.

O Consello Galego da Competencia (CGC) é un organismo dependente da Consellería de Facenda, que ten como finalidade a defensa e a promoción da competencia en Galicia. Entre os seus fins está o de instruír e sancionar as conductas empresariais contrarias á libre competencia ou a resolución dos procedementos que se tramiten sobre condutas abusivas

El dinero de las gentes de la Mar acaba en casi su totalidad bajo Rosa Quintana (PPdeG) regalado de forma presuntamente ilegal a «DEDO» bajo convenios y contratos a todo tipo de personajes y funcionarios de la Xunta de Galicia

unnamedSegún y solo algunos de los documentos que no han podido ser ocultados al público, y a través de convenios directos con el dedo saltándose las mínimas normnas legales y contratos menores viene otorgando adjudicaciones a empresas de sus amigos y simpatizantes del PP por todo el territorio gallego llegando a inducir que se contemple el montar todo tipo de chiringuitos con marcados fines políticos para el PPdeG si quieren recibir los fondos públicos como única condición.

A dedo. Sin concurso público. Sin pliegos. Sin publicidad. Sin ningún tipo de informe que los justifique, ni fiscalización previa por parte de intervención, una trama CONTAMINADA DFE PRESUNTA CORRUPCIÓN HASTALAS OREJAS que Feijóo no quiere ver. Convenios con partidas troceadas entre las que destacan cientos de miles de euros a la VOZ DE GALICIA con tres días de intermediación, en trozos de 149.000 euros a lo que se suman contratos menores de servicios, que escapan de cualquier control y que se han convertido en uno de los principales NEGOCIOS que la justicia no quiere ver de la corrupción en la Xunta de Galicia…..Rosa Quintana (PPdeG) tiene el «DEDO» más grande de España adjudicando contratos a todo tipo de personajes y funcionarios de la Xunta de Galicia y a su propio Secretario de Mar con fines de presunta corrupción bajo la impunidad….(+)

A XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE CARBALLEDO ASINAN O CONVENIO POLO QUE SE REFORMARÁ E AMPLIARÁ UN EDIFICIO NA LOCALIDADE QUE PRESTARÁ SERVIZOS DE AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

2016-07-07 13 59 37_1467892887854_resized (4)A actuación levarase a cabo grazas á achega de ata 700.000 euros por parte da Consellería de Política Social. Pola súa banda, o Concello consignará máis de 90.000 euros a este fin

  • En virtude deste acordo, poranse a disposición das persoas maiores e/ou dependentes un total de 24 prazas residenciais e 20 de atención diúrna
  • A Xunta garante así o dereito a que os servizos no medio rural sexan accesibles ás persoas con discapacidade e ás persoas maiores, tomando en consideración as necesidades particulares dos cidadáns do medio rural