A CIG convoca unha nova xornada de folga nos centros de chamadas

 

O vindeiro 11 de xullo os 8.000 teleoperadores e teleoperadoras de toda Galiza están chamados a unha nova xornada de folga sectorial de 24 horas, ante a situación de bloqueo da negociación do Convenio Colectivo Estatal de Contact Center (antigo telemárketing).

clip_image002

Despois de 20 meses de reunións a negociación do novo Convenio Colectivo Estatal mantense bloqueada pola intención da patronal de empeorar as condicións laborais, dun colectivo que xa sofre unhas condicións tremendamente precarias.

 

O persoal dos centros de chamadas, que son a voz de grandes empresas e administración públicas, sufren unhas condicións extremadamente precarias: baixos salarios; contratos a tempo parcial; temporalidade; ritmos de traballo esgotadores; son as condicións xerais nun sector no que son laborais as 24 horas os 365 días do ano. Incluso en moitas empresas o persoal sofre un acoso laboral organizado e estruturado.

 

O sector medra en facturación ano a ano, pero as empresas manteñen 25.000 postos de traballo deslocalizados en terceiros países. Son 25.000 postos de traballo que se perden aquí, de atención á clientela do Estado Español.

Moitas persoas identifican aos teleoperadores/as coa venda telefónica, nada mais lonxe da realidade, esa é unha parte pequena da actividade do sector. Cada vez os servizos son mais especializados e requiren unha maior formación, van dende a banca telefónica, ao mantemento de redes informáticas de internet; ata teléfonos de administracións e organismos públicos.

Esta non é a primeira folga deste persoal. Ao longo deste ano foron convocados paros dunha hora (en febreiro e maio) e outra xornada de folga en abril.

 

A folga foi convocada en solitario pola CIG primeira forza sindical do sector en Galiza, e conta co apoio do resto de sindicatos en Atento na Coruña, pero non no resto de empresas do país.

 

Ao tempo están convocadas concentracións en Vigo (na Farola de Príncipe ás 11 da maña), na Coruña (diante de diversas empresas que teñen subcontratadas a empresas de telemarketing, dende as 12 da maña na rúa Juan Florez e na Praza de Pontevedra) e en Lugo (ás 12:00 diante das instalacións da empresa Abante no Polígono do Ceao).

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: