A XUNTA COLABORA CO FORO INDUSTRIAL DE INTERNACIONALIZACIÓN E INNOVACIÓN NA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL QUE HOXE SE CELEBRA EN VIGO

  • 08072016_ForoEurorrexión3López- Chaves destacou a “oportunidade” que supón para galegos e portugueses a posibilidade de emprender proxectos conxuntos
  • Neste ámbito a Xunta vén de multiplicar por catro as axudas á internacionalización e ten previsto investir 87 millóns de euros para a activación de 25 unidades mixtas
  • O delegado territorial da Xunta insistiu en que o obxectivo desta colaboración é a creación de emprego e as melloras nas condicións na rexión

 

Vigo, 08 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou esta mañá no acto de apertura do Foro Industrial de Internacionalización e Innovación na Eurorrexión que hoxe se celebra na cidade olívica.

 

Na súa intervención, López-Chaves destacou a consolidación da Eurorrexión, que vén de  converterse en modelo para outras fórmulas territoriais de cooperación que xurdiron en posteriormente en Europa. “Supón unha oportunidade para galegos e portugueses pola súa capacidade para emprender proxectos conxuntos, para reclamar fondos e xestionalos con racionalidade e transparencia, converténdoos en melloras para os cidadáns”, dixo.

 

O marco institucional de cooperación entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal constitúeo a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, creada en 1991. Neste senso, o delegado territorial destacou a “vantaxe competitiva” que supón esta unión situada nunha rexión estratéxica dende o punto de vista do tráfico marítimo e da centralidade euro-americana. “É necesario non só prantexar proxectos comúns senón plans de investimento en conxunto para aumentar as afinidades”, aclarou.

 

Neste ámbito a Xunta, dentro do programa Galicia Exporta, vén de multiplicar por catro as axudas á internacionalización para chegar a 400 pemes galegas e a máis dun cento de mercados. Tamén ten previsto investir 87 millóns de euros nos próximos dous anos para a activación de 25 unidades mixtas que xerarán 360 empregos cualificados. López-Chaves insistiu na necesidade de “buscar a cooperación institucional e empresarial” co obxectivo da “creación de emprego e realizando melloras nas condicións na rexión”.

 

O acto de apertura da xornada foi presentado polo director xeral de FELUGA, Enrique Mallón. Tamén participaron Aníbal Campos, presidente de Feluga e presidente de AIMMAP; Julio Gómez Rodríguez, vicepresidente de FELUGA e presidente de ASIME; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Carlos Neves, vicepresidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N); e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: