A XUNTA REITERA A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO DE VIGO AXILICE A TRAMITACIÓN PARA INICIAR O ANTES POSIBLE A CONSTRUCIÓN DE 1.600 VIVENDAS PROTEXIDAS EN SAN PAIO DE NAVIA

 

  • A proba do interese da Xunta pola actuación é que en 2016 o Goberno galego vai investir catro veces máis do presupostado inicialmente para esta actuación
  • A Administración local limitarase a tramitar a modificación do plan parcial, mentres que o investimento en adquisición de solo e urbanización do mesmo realizarao exclusivamente a Xunta de Galicia, que construirá tamén vivendas públicas

 

 

Santiago, 8 de xullo de 2016.- A Xunta de Galicia reitera a necesidade de que o Concello de Vigo axilice a tramitación para iniciar o antes posible a construción de 1.600 vivendas protexidas en San Paio de Navia. O Goberno galego aposta decididamente polo desenvolvemento da ampliación do solo residencial neste ámbito,  como o demostra o feito de que en 2016 destinará á adquisición de solo un total de 8 millóns de euros, catro veces máis do inicialmente presupostado.

 

A tramitación da modificación do plan parcial, necesaria par a construción das 1.600 vivendas protexidas, viuse ralentizada forzadamente pola caída do Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2008. A Xunta seguiu en todo momento as indicacións da Xerencia de Urbanismo de Vigo para o impulso desta actuación.

 

En todo momento o Instituto Galego da Vivenda e Solo mostrouse activo e partidario de buscar alternativas que permitiran continuar co desenvolvemento de San Paio de Navia, de maneira que aos poucos días de comunicar o Concello a posibilidade de continuar coa súa tramitación, presentouse ante o mesmo a documentación para a modificación do plan parcial. Neste senso, cabe salientar que a comunicación do concello se produciu o 20 de maio de 2016 e a presentación da documentación no mesmo para a tramitación da modificación se realizou o 6 de xuño.

 

Ao mesmo tempo, o Consello da Xunta do 16 de xuño autorizaba a convocatoria dun concurso público de adquisición de solo en San Paio de Navia, concurso que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 30 de xuño, coa previsión de adquirir solo por importe de 8 millóns de euros, catro veces máis do que estaba presupostado investir en San Paio de Navia en 2016.

 

Fronte a esta realidade, plasmada no Diario Oficial de Galicia, o alcalde de Vigo so parece interesado en poñer trabas ao desenvolvemento de solo residencial para vivenda protexida no seu concello. Cabe salientar a a única intervención do concello de Vigo no desenvolvemento da ampliación de San Paio de Navia consistirá na tramitación do plan parcial, sen que estea previsto que realice ningún investimento, xa que tanto a adquisición do solo como a súa urbanización serán financiados exclusivamente pola Xunta de Galicia. O concello, pola contra, recibirá de forma gratuíta os espazos públicos xa urbanizados, rúas, equipamentos, etc.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: