A XUNTA DE GALICIA ASINA COA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA E CO CONCELLO DE SANTIAGO O CONVENIO QUE POSIBILITARÁ A POSTA EN MARCHA DUNHA ESCOLA INFANTIL NA CAPITAL GALEGA

  • As novas instalacións, cuxa construción e equipamento financiará a FAO, ofertarán máis de 80 prazas para nenos de 0 a 3 anos
  • O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Santiago porán en marcha o centro unha vez rematada a obra e o integrarán na rede pública de escolas infantís de GaliciaFAOSANTIAGO

 

Arteixo (A Coruña), 11 de xullo de 2016-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director xeral da Fundación Amancio Ortega, Óscar Ortega, asinaron esta mañá na sede da FAO, un convenio de colaboración que permitirá a construción dunha nova escola infantil na capital galega, cun investimento por parte da Fundación Amancio Ortega -que sufragará a construción e o equipamento- de preto de 1,5 millóns de euros.

 

O futuro centro terá capacidade para atender a máis de 80 nenos de 0 a 3 anos, en 6 aulas -dúas para cada franxa de idade-, patio, comedor e outros espazos comúns.

 

A escola infantil estará localizada no barrio compostelán de O Castiñeiriño sobre unha parcela de titularidade municipal, que foi cedida para este fin ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Unha vez concluída a obra, deseñada de acordo co modelo creado por Elsa Urquijo Arquitectos para a FAO, o Consorcio e o Concello de Santiago serán os responsables da posta en marcha do centro e da súa integración na rede pública de escolas infantís de Galicia.

 

Coa sinatura deste convenio, a Fundación Amancio Ortega da un paso máis na execución do compromiso adquirido coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en marzo de 2012, que supuxo o impulso da construción de nove escolas públicas, cun total de 750 prazas. Desas nove escolas programadas, tres delas están xa funcionando (Ferrol, Melide e Cambre), e o resto (Santiago de Compostela, A Coruña, Arteixo, Ourense, Lugo e Vigo), atópanse en distintas fases de desenvolvemento dos proxectos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: