A XUNTA DE GALICIA POTENCIARÁ O SERVIZO DE ATENCIÓN NO FOGAR NO CARBALLIÑO E REALIZARÁ OBRAS DE MELLORA NA ESCOLA INFANTIL, NA RESIDENCIA PARA MAIORES E NA RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE

  • Rey Varela anunciou unha inversión de máis de 400.000 euros grazas ao cumprimento do obxectivo do déficit por parte da Comunidade Autónoma

110716reunioncarballino

Santiago, 11 de xullo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe a súa rolda de entrevistas con representantes municipais co obxectivo de poñer en común as liñas estratéxicas que guiarán este ano a actuación do Goberno galego no ámbito da inclusión; da atención aos maiores e ás persoas con dependencia; do apoio á familia, á infancia e á conciliación; e da xuventude. Nesta ocasión, a reunión de traballo foi coa concelleiros de O Carballiño, Marina Ortega e Diego Fernández, titulares das áreas de Servizos Sociais e de Educación respectivamente.

 

Así, o conselleiro insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de  Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello.

 

Neste sentido o responsable da carteira autonómica de Política Social e os concelleiros contemplaron as posibilidades de cooperación futura en aspectos como a atención á dependencia. Ao respecto, Rey Varela anunciou un incremento de preto de 4.000 horas anuais (ata acadar as 28.668 horas ao ano) no Servizo de Atención no Fogar (SAF), coa finalidade de chegar á totalidade de persoas que precisan deste servizo e cubrir o 100% da demanda.

 

No encontro, o titular autonómico trasladou aos representantes municipais a inversión de máis de 400.000 euros que Xunta de Galicia realizará en O Carballiño grazas ao cumprimento por parte da Comunidade Autónoma do obxectivo do déficit. En concreto, 271.000 euros irán destinados ás obras de mellora na Residencia de Tempo Libre; 18.000 euros consignaranse ás obras de mellora na Residencia para Maiores con Autonomía; e outros 6.500 euros irán destinados á mellora da Escola Infantil. Nesta liña, Rey Varela lembrou a importancia do convenio de uso da Residencia de Tempo Libre no que se atopan traballando Xunta e Concello para potenciar o uso das instalacións desta infraestrutura social.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: