A XUNTA EXPLICA A COLECTIVOS DE MULLERES AS NOVAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO

  • A secretaria xeral da Igualdade e o delegado da Xunta en Vigo mantiveron hoxe un encontro con asociacións de mulleres, de empresarias e representantes dos CIMs.11072016_SXIgualdadeEMEGA
  • O DOG vén de publicar as bases para a concesión de axudas do programa Emega, destinadas ao fomento do emprendemento feminino.
  • O goberno galego leva investido máis de catro millóns de euros neste programa dende o ano 2009, o que permitiu crear preto de 500 postos de traballo en Galicia.
  • Poderán beneficiarse deste programa as iniciativas que promovan o emprego de mulleres e axuden a conciliación da vida persoal e laboral.

 

Vigo, 11 de xullo de 2016.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentaron esta mañá as axudas do programa Emega a responsables de asociacións de mulleres, asociacións de empresarias e representantes dos CIMs (Centros de Información á Muller) da área de influencia de Vigo.

 

O motivo da presentación foi a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas do programa Emega, destinadas ao fomento do emprendemento feminino, promoción do emprego e novas formas de organización do traballo que axuden a conciliación da vida persoal e laboral. O programa Emega é un programa de estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo. O goberno galego leva investido máis de catro millóns de euros neste programa dende o ano 2009, o que permitiu crear preto de 500 postos de traballo en Galicia.

 

Con estas axudas, dende a Xunta preténdese establecer medidas de fomento ás iniciativas empresariais promovidas por mulleres e que pretenden a promoción do autoemprego constituídas en actuacións eficaces para a xeración de emprego, repercutindo tamén na redución da taxa de paro feminino, que certamente segue sendo máis elevada que a dos homes, e favorecendo a desaparición das diferenzas existentes aínda entre o número de emprendedores, moito máis elevado, e o de emprendedoras.

 

Para lograr os seus obxectivos, o programa Emega porase en marcha a través de cinco liñas de actuación específicas. Así,  a liña “Emprende” estará destinada a posta en marcha de novas empresas, a liña “Innova” para a promoción de melloras en empresas lideradas por mulleres, “Activa”, que busca a reactivación e consolidación de proxectos empresariais, a liña “ITEF”, que se centra na axuda para a posta en marcha de iniciativas empresariais de base tecnolóxica).

Por outra banda, están deseñadas dúas modalidades de axudas complementarias ás liñas descritas anteriormente, a primeira, a modalidade “Concilia”, un programa de apoio a conciliación da vida laboral e, a segunda, a modalidade “Dual” para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización, co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria.

 

Para as axudas desta convocatoria -cofinanciadas con Fondos FSE- destinarase un orzamento de 1.338.100 euros.

 

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias deste tipo de axudas as empresas ou proxectos empresariais formados por mulleres que teñan domicilio social e establecemento de produción en Galicia, que non pertenzan o sector público nin sexan entidades sen ánimo de lucro.

 

Ademais, valoraranse entre outros criterios a calidade do proxecto, a contribución á integración laboral de mulleres en paro, con algún tipo de discapacidade ou outro tipo de situación especial ou risco de exclusión social.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes, contando a partir da publicación desta resolución no DOG o venres 1 de xullo. Dita presentación poderá realizarse por vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: