UN ESTUDO DE ARQUITECTURA, UNHA ENXEÑERÍA, UNHA ACADEMIA INFANTIL, A FUNDACIÓN AMIGOS DOS MAIORES E UN TALLER DE COSTURA SON OS NOVOS LOCAIS COMERCIAS DA ZONA ALTA DO CASCO VELLO

  • 11072016_Deleg_BertanaIngenieria
    • O delegado da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, visitou esta maña os últimos locais ofrecidos en aluguer
    • López-Chaves destacou que o obxectivo do Consorcio é “revitalizar” o casco histórico da cidade con novas familias e tamén con actividades profesionais
    • O delegado territorial da Xunta recordou o investimento de máis 2 millóns de euros que destinará o Consorcio este ano para os novos proxectos
    • Os novos emprendedores destacaron as vantaxes dos locais comerciais ofrecidos polo Consorcio así como a súa privilexiada situación


    Vigo, 11 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá os últimos locais comerciais rehabilitados polo Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV) que se ofrecen en aluguer a novos emprendedores. Actualmente o Consorcio dispón de 24 locais comerciais, dos cales, 22 xa contan con actividade empresarial e 2 están dispoñibles pero xa en trámites de adxudicación. Os baixos comerciais se ofrecen en réxime de aluguer cunha bonificación nos dous primeiros anos que chega ao 50% do prezo.


    O delegado da Xunta destacou que o obxectivo do CCVV é “revitalizar” o casco histórico da cidade. Para iso, sinalou, é preciso “recuperar e rehabilitar” os inmobles non so para vivendas de familias senón tamén “para actividades profesionais”. Recordou que o organismo -participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello- vén de adquirir un novo inmoble e que este ano se investirán máis de 2 millóns de euros en obras en execución, novos traballos que están en proxecto e a nova adquisición en Cruz Verde.


    Na visita de hoxe López-Chaves fixo parada en primeiro lugar no novo estudio de arquitectura de 62m2 localizado en San Sebastián 26 e que ten previsto abrir en setembro. Os arquitectos Ana López e Antonio Oliveira veñen de traballar en Canadá e queren establecerse en Galicia, tendo como base a zona histórica de Vigo. Ambos arquitectos amosáronse moi ilusionados con este novo proxecto. Elixiron o local polas vantaxes ofrecidas polo Consorcio e porque o Casco Vello é un lugar moi especial da cidade pola súa historia e que serve tamén como un “bo escaparate”.


    O segundo local visitado polo presidente do CCVV foi o de San Sebastián 6, ocupado pola empresa Bertana Ingeniería desde decembro do pasado ano. Trátase dunha oficina técnica onde traballan normalmente entre tres e catro persoas.


    Os últimos locais visitados foron unha academia infantil localizada en San Sebastián 4 e a fundación Amigos dos Maiores en Ferrería 33 e un taller de costura en Ferrería 5. O primeiro local xa está rematado e Ana Belén, a impulsora do centro, xa está a piques de impartir a docencia. Mentres, os responsables de Amigos dos Maiores están a rematar a súa posta en marcha. Trátase dunha oficina de xestión para a asociación que pretende establecer a súa sede na cidade. O local conta con 53m2 e esperan comezar a súa actividade nunhas poucas semanas. Por último, a nova actividade profesional que se asentará no barrio é un taller de costura que abrirá as súas portas no número 5 da rúa Ferrería unha vez estean rematadas as obras de acondicionamento do local comercial de 34,70m2.


 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: