REY VARELA GARANTE O APOIO DA XUNTA DE GALICIA Á ARQUITECTURA SOCIAL “QUE DÁ UN FOGAR ÁS FAMILIAS” NA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO MICASITA DO HOGAR SOR EUSEBIA
- A Xunta de Galicia concedeu á entidade herculina preto de 65.000 euros en 2015. “Un importe que non deixou de medrar desde 2012 e que agardamos poder aumentar tamén en 2016”, apunta
- Di que para acadar o obxectivo compartido da inclusión sociolaboral plena os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social medraron neste ano un 21% con respecto a 2015
A Coruña, 13 de xullo de 2016-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no serán de hoxe na gala do Hogar Sor Eusebia na que se realizou a entrega de premios do concurso Micasita. Alí, o responsable da carteira social da Xunta de Galicia valorou a importancia deste proxecto que “procura a mellor solución arquitectónica para dar acubillo ás persoas que por un motivo ou outro pasan a noite ao raso” e reivindicou a arquitectura como ciencia social pola súa capacidade de “idear unha alternativa residencial para as persoas que viven á intemperie”. A Xunta de Galicia estará sempre con esa arquitectura que “dá un fogar ás familias”, sentenciou.
No acto que tivo lugar no Salón de actos de Afundación, o conselleiro gabou o labor do Hogar Sor Eusebia que desde 1986 acolle ás persoas con maior grao de exclusión na sociedade, persoas sen fogar, as cales en moitos casos padecen enfermidades mentais, adiccións e/ou discapacidade. Deste xeito lembrou que a Xunta de Galicia concedeu á entidade herculina preto de 65.000 euros en 2015. “Un importe que non deixou de medrar desde 2012 e que agardamos poder aumentar tamén en 2016”, apuntou.
Nesta liña, Rey Varela apuntou cara o traballo coordinado coas asociacións de toda Galicia como “unha das nosas prioridades para acadar o noso obxectivo compartido da inclusión sociolaboral plena”. “O consenso e a colaboración entre administracións e demais organizacións do tecido social debe ser a bandeira que guíe o noso camiño”, engadiu.
Ademais, o conselleiro de Política Social afirmou que para acadar este obxectivo, os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social medraron neste ano un 21% con respecto a 2015.
NUMAX e Curtocircuíto amplían a súa colaboración coa proxección periódica de curtametraxes
|
|
|
O GOBERNO LOCAL CONSIDERA PREOCUPANTE QUE OS CONCELLEIROS DO PP CONSIDEREN MAIS IMPORTANTE ESTAR NA PRESENTACIÓN DA XESTORA DO SEU PARTIDO QUE ACUDIR AO PLENO
O Goberno local do Porriño lamenta que os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular non estivesen presentes no Pleno Extraordinario convocado para este mércores. O goberno lembra que o Partido Popular non amosou nunca, en ningunha xuntanza, a súa discrepancia coa convocatoria desta reunión da Corporación, máis ben o contrario: sempre estivo dacordo coa mesma e mesmo ofreceuse a outros grupos municipais a apoiar cada iniciativa que presentasen para que se solicitasen reunións extraordinarias dos corporativos.
Para o Goberno local é moi preocupante que os concelleiros do Partido Popular consideren máis importante estar na presentación da xestora do seu partido no Porriño, anunciada para este mércores, que acudir ao Pleno do Concello no que se tratan, debaten e búscanse solucións aos problemas das porriñesas e os porriñeses. Neste senso, o goberno sinte unha profunda magoa polo desprezo dos concelleiros do PP, non so cara aos votantes dos partidos que si estaban no Pleno de hoxe, senón dos seus propios representados: os votantes do Partido Popular, que se merecen que os seus intereses sexan defendidos no máximo órgano de representación veciñal.
O Goberno local considera inaceptábel que os concelleiros Partido Popular non se preparen as súas intervencións, preguntas, argumentos e propostas para levar ao Pleno do Concello, como é a súa obriga, e que renuncien de un xeito tan vergoñento a facer o seu traballo.
Por último, o Goberno local cre que é infame tentar de xustificar a ausencia da xuntanza da Corporación co argumento de que a mesma custa aos veciños 2.000 €: ningún dos concelleiros do Partido Popular comunicou a súa renuncia aos 120 € que cada un deles ten dereito a percibir por este Pleno extraordinario ou solicitou que isa cantidade se entregase a algunha das entidades benéficas do concello. Dado que non foi así, a realidade é que os integrantes do grupo municipal popular pretenden embolsarse 120 € cada un sen facer o seu labor e, por riba, culpar delo a este goberno.
Neste senso, hai que subliñar o cinismo dos responsábeis populares que no Pleno extraordinario convocado para o sorteo das meses electorais das Eleccións do 20 de Decembro, ata en dúas ocasións, votaron en contra de delegar na Xunta Local de Goberno as posíbeis repeticións deses sorteos que tivesen que facerse para completar as mesas.
É dicir: pretendían que por cada sorteo se convocase un Pleno, que o Concello tivese que desembolsar 2.000 € por cada un, e que cada concelleiro popular cobrase, sucesivamente, 120 €, cando a delegación á Xunta de Goberno, ademais de facerse habitualmente, mesmo cando o PP estaba na Alcaldía, non tería custo algún para os veciños.
Concentración sanidade Álvaro Cunqueiro.
Os representantes do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e o colectivo en defensa da sanidade pública veñen de consensuar un intenso calendario de mobilizacións que contempla protestas todas as semanas do mes de xullo. Ademais, xa anunciaron que unha vez que rematen estas acción reinvindicativas avaliarán a posibilidade de repetilas en agosto.
A primeira das citas terá lugar este mesmo xoves día 7, xornada na que desenvolverán unha concentración na entrada principal do Meixoeiro ás 12.00 horas. Este hospital está moi presente nas reivindicacións que se atopan detrás das protestas, xa que unha das demandas ten que ver coa apertura dunha unidade de críticos/as no centro.
A seguinte mobilización, convocada para o xoves 14 ás 12.00 horas, terá como escenario a porta de consultas externas do hospital Álvaro Cunqueiro, co obxectivo de reclamar o seu rescate para a sanidade pública. A continuación desenvolversanse novas protestas o xoves 21 (na antiga entrada de Urxencias do hospital Xeral ás 20.00 horas) e o 28 (na sede do Sergas na rúa García Barbón ás 12.00 horas).
Unha vez rematado o calendario reivindicativo, xunta de persoal e SOS Sanidade avaliarán a posibilidade de repetir o ciclo de mobilizacións no mes de agosto para seguir a reclamar tamén a apertura de todas as camas de hospitalización e un plan de choque para reducir as listas de espera, ademais de rexeitar calquera derivación á sanidade privada.
IESIDE recibe os seus primeiros estudantes internacionais en Pontevedra
- Un grupo de 15 universitarios chineses formarase no campus pontevedrés do Instituto para obter o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais con énfase nos negocios
- Os estudantes combinarán a formación empresarial con prácticas en institucións e empresas da provincia

Os estudantes formaranse dende mañá e ata finais de setembro para obter o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais (DARI), dotado con 300 horas. A titulación inclúe módulos de dirección de empresas, relacións internacionais e formación en español de negocios, ademais dun período de prácticas en empresas e institucións da provincia.
Apoio á internacionalización
Este programa formativo ten como obxectivo principal apoiar ás empresas galegas na súa entrada e posicionamiento no mercado chinés, proporcionándolles profesionais deste país multilingües con formación empresarial. Outro dos seus obxectivos estratéxicos é a promoción do sector turístico galego en China. Os primeiros estudantes do DARI cursan o Grao de Español en BISU, un centro de formación superior recoñecido pola formación de expertos en linguas estranxeiras e en turismo, que foi pioneiro en China en establecer estudos de español hai máis de 40 anos e actualmente figura entre as seis universidades de referencia no ensino da nosa lingua.
Durante a súa estancia, os estudantes aloxaranse na residencia que IESIDE ten en Pontevedra. En paralelo á formación teórica e práctica, están previstas visitas a diferentes institucións e organizacións empresariais, así como diversas actividades en A Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago.
A posta en marcha do Diploma Avanzado en Relacións Internacionais é froito dun convenio de colaboración entre a Escola de Negocios Afundación de IESIDE e BISU, para desenvolver programas conxuntos de formación. Ámbalas institucións teñen previsto levar a cabo tamén conxuntamente programas de posgrao no eido turístico, onde BISU é a universidade de referencia en China.
IESIDE é a primeira institución de educación superior de Galicia orientada á empresa. Conta con 22 profesores a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 docentes estranxeiros visitantes e 250 profesores colaboradores. A súa oferta formativa incluirá programas académicos presenciais, online e de tipo híbrido, así como cursos corporativos dirixidos a empresas. O centro ofrecerá un programa de becas que beneficiará, de forma progresiva, ao 25% do seus estudantes. IESIDE naceu en abril deste ano como unha aposta estratéxica de ABANCA en colaboración con Afundación para impulsar a súa actuación no ámbito da educación superior e conta con sedes en A Coruña, Pontevedra e Vigo.
ShowRocking PortAmérica 2016: Los chefs y sus pinchos – PortAmérica Circo Cabaret: Un espectáculo para niños de todas las edades
ShowRocking PortAmérica 2016: Los chefs y sus pinchos
PortAmérica Circo cabaret: Un espectáculo para niños de todas las edades
PortAmérica vuelve a acoger durante sus 2 jornadas, junto a Hijos de Rivera, la fusión perfecta entre ritmo y cocina: un Showrocking a cargo de 20 chefs internacionales con 8 Estrellas Michelin y amplia representación gallega que, comisionados por Pepe Solla, harán disfrutar a los asistentes con pinchos únicos creados especialmente para el Festival.
Todo ello mano a mano con estudiantes de escuelas de hostelería gallegas que vivirán una oportunidad única de aprender al lado de grandes figuras gracias al Programa Co-cooking de Hijos de Rivera.
El ShowRocking de PortAmérica ya se llevó en 2015 el Premio Fest a la mejor Zona de Restauración.
Estas son las propuestas para la 5ª edición del Festival:
Menú ShowRocking:
Pepe Solla: Comisario
Viernes 15 de julio
Estanis Carenzo y Pablo Giudice – Chifa (Madrid)
Choripán Thailandés.
Shuiyiao criollo.
Diego López – La Molinera (Lalín)
Sope de Cocido de Lalín
Bonito, yema y pimiento de padrón.
Javier Olleros – Culler de Pau (O Grove)
Bonito con salsa picante.
Xoán Crujeiras – A Estación (Cambre)
Taco de Bonito del Norte marinado, pimientos de Couto y olivas verdes.
Yayo Daporta – Yayo Daporta (Cambados)
Sardina marinada y asada sobre tosta de pan de maíz.
Versión de mejillones en vinagreta y tallarines marinos.
Diego Gallegos – Sollo (Fuengirola)
Tamal de chicharrón de esturión y salsa criolla de sus pieles escabechadas.
Curry de trucha con tomate choricero y puré de camote.
Héctor López – Restaurante España (Lugo)
Salteado de choquitos encebollados en su tinta.
Álvaro Villasante – Paprica (Lugo)
Bonito, habas y cítricos en una ensalada.
Iván Domínguez – Alborada (A Coruña)
Bonito curado y agua helada de tomate.
Frito de calamar picado.
Roberto Ruíz/María Fernández – Punto MX (Madrid)
Sope de cochinita.
Ceviche negro de langostinos.
Viernes 16 julio
Juanjo Pérez – Cocinandos (León)
Pita de guiso de cecina de chivo, reineta, cebolla y hongos.
Tarta de queso de leche cruda de oveja, galleta salada y capa gelatinosa de Don Px.
Édgar Núñez – SUD777 (México)
Taco de lengua de res gallega.
Pincho de pulpo con achiote y mayonesa de xcatic.
Iago Castrillón/Alberto Alonso – 2 Estaciones (Valencia)
Arroz magro de ibérico con coliflor torrefacta.
Sardina de San Juan.
Julio Sotomayor/Daniel Guzmán – Nova (Ourense)
Bocata de lacón, aguacate y chimichurri.
Ensalada de verduras asadas, bonito y sopa de tomate.
Lucía Freitas – A Tafona (Santiago de Compostela)
Ňem de Terneira Galega.
A+C+E (dulce).
Javier Estévez – La Tasquería (Madrid)
Salpicón de morro de cerdo con langostinos y brotes.
Vitello Tonato de lengua de ternera con alcaparras.
Iago Pazos – Abastos 2.0 (Santiago de Compostela)
EntrePan dPorca.
Un Tomate ben Bonito.
Manuel Núñez – Arume (Barcelona)
Ceviche de pulpo «á feira».
Bocata de chicharrón celta.
PORTAMÉRICA CIRCO CABARET: Un espectáculo para niños de todas las edades
Una propuesta que partiendo de un teatrillo instalado en la zona de la entrada del recinto tendrá como objetivo hacer más agradable la bienvenida al festival atendiendo las mejores y más exigentes expectativas del público infantil y familiar.
Cantantes, artistas, bailarines, músicos o malabaristas con propuestas que van desde espectáculos infantiles aactividades de intervención en los espacios del festival. Música en directo, desfile, talleres de hula-hop, maquillaje, papiroflexia… ¡e incluso un pequeño circo-cabaret de pulgas!
Viernes 15
19:00h. Espectáculo: ‘Pequeno Cabaret Infantil’.
20:00h. Primer pase: Flashtop Cabaret.
20:05h. Taller de hula-hop y hula-dance.
21:30h. Taller de maquillaje.
22:00h. Segundo pase: Flashtop Cabaret.
Sábado 16
19:00h. Espectáculo: ‘O Asteroide de Papel’.
20:00h. Primer pase: Cabarédeambulante
20:05h. Taller de hula-hop y hula-dance.
21:30h. Taller de papiroflexia
21:30h. Les Brigadiers.
22:00h. Segundo pase: Cabarédeambulante
AUTOBUSES BARCELÓ GRATUITOS AL FESTIVAL
AUTOBÚS VIGO con parada en Canido, Saiáns, Patos, Panxón y Playa América
Salidas desde Vigo: Plaza de España (Concheiro) y Plaza de América (Santa Irene)
Viernes: 17.00 h. y 18.30 h. (apertura de puertas del festival: 18:00 h.)
Sábabo: 17.00 h. y 18.30 h. (apertura de puertas del festival: 18:00 h.)
Salidas desde Porto do Molle hacia Plaza de España y Plaza de América
Viernes: 04:30 h. y 06:00 h. (horario fin penúltima y última actuación)
Sábado: 04:00 h. y 06:00 h. (horario fin penúltima y última actuación)
AUTOBÚS PONTEVEDRA
Salidas desde Pabellón Municipal de Deportes
Viernes: 17.00 h. y 19.00 h. (apertura de puertas del festival: 18:00 h.)
Sábabo: 17.00 h. y 19.00 h. (apertura de puertas del festival: 18:00 h.)
Salidas desde Porto do Molle hacia Pabellón Municipal de Deportes
Viernes: 04:30 h. y 06:30 h. (horario fin penúltima y última actuación)
Sábado: 04:00 h. y 06:00 h. (horario fin penúltima y última actuación)
AUTOBÚS CIRCULAR VAL MIÑOR
Salidas desde Baiona con parada en Ramallosa, Patos, Panxón y Playa América
Viernes y sábado: 18:00, 19:00, 20:00 y 21:00 h.
Salidas desde Porto do Molle hacia Baiona con parada en Ramallosa, Patos, Panxón y Playa América
Viernes y sábado: 03:00, 04:00, 05:00 y 06:00 h.
Las plazas disponibles se ocuparán por riguroso orden de llegada.
HORARIOS DE LOS ESCENARIOS SON ESTRELLA GALICIA Y FLOOXER
Viernes 15 de julio
Escenario SON Estrella Galicia
19.20 Amaro Ferreiro
21.10 Pony Bravo
23.40 Amaral
02.00 Molotov
Escenario Flooxer
18.10 Dallasgracias
18.50 Australia
20.10 Sonido Gallo Negro
22.20 Izal
01.00 FM Belfast
03.10 Nortec Collective presents: Bostich and Fussible
04.25 Eme Dj
Sábado 16 de julio
Escenario SON Estrella Galicia
20.15 Leiden
22.00 Bunbury
00:20 Love of Lesbian
02:25 León Benavente
Escenario Flooxer
18.30 Retrovisor
19.25 Myles Sanko
21.15 Furious Monkey House
23.20 The Undertones
01.40 Talisco
03.40 ElyElla Djs
ENTRADAS ANTICIPADAS Y PRECIOS TAQUILLA
Precios entrada anticipada
Abono: 50 € + gastos de distribución
Abono + 4 días de acampada: 66 € + gastos.
Entrada diaria: 28 € + gastos.
Entrada diaria + 4 días de acampada: 46 € + gastos.
Precios entrada taquilla
Abono: 60 €
Abono + 4 días de acampada: 75 €
Entrada diaria: 35 €
Entrada diaria + 4 días de acampada: 55 €
Mercadillo de La Fábrica
Los próximos 15, 16 y 17 de julio, La Fábrica celebra el mercadillo de verano en su librería de la calle Alameda 9. Por ello, durante estos tres días, abriremos nuestras puertas de 11:00h a 21:00h.
El mercadillo es una nueva oportunidad para hacerte con libros y revistas de nuestro catálogo a unos precios muy especiales. También tendremos importantes descuentos en serigrafías originales yPHotoRegalos. Además, durante viernes, sábado y domingo, podrás disfrutar de estas ofertas en nuestra tienda online.
¡Te esperamos!
REY VARELA APOSTA POLA INNOVACIÓN NA ATENCIÓN A PERSOAS EN RISCO OU SITUACIÓN DE POBREZA E EXCLUSIÓN A TRAVÉS DE INICIATIVAS COMO O PROXECTO INCLÚE DA FUNDACIÓN EMAÚS
Lembra que os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social para 2016 medraron un 21% con respecto ás partidas consignadas en 2015
- Insiste na importancia do consenso e da colaboración entre administracións e demais organizacións do tecido social e lembra que en 2015, Política Social financiou as actividades da Fundación Emaús cunha achega de 128.850 euros
- Anuncia que neste ano 2016 “aumentará esa cantidade de xeito considerable como tamén aumentará para o resto de entidades sociais do Concello de Vigo grazas a que a orde de entidades sociais de toda Galicia tense duplicado”
Vigo, 13 de xullo de 2015-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a Fundación Social Emaús de Vigo onde puido comprobar o traballo desenvolto por esta entidade para “mellorar as condicións de vida daquelas persoas que se atopan en situación ou grave risco de pobreza ou exclusión, así como para sensibilizar á sociedade sobre as causas e posibles solucións a estes problemas”. Dous obxectivos, dixo, que “resumen a filosofía coa que foi creada a Consellería de Política Social, “analizar de xeito pormenorizado ás realidades de pobreza e exclusión para erradicar as eivas sociais con programas de integración social e laboral potenciando o maior grado de autonomía individual”. Neste sentido cómpre lembrar que os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social para 2016 medraron un 21% con respecto ás partidas consignadas en 2015.
Na súa visita á sede olívica de Emaús, o titular da área social da Xunta de Galicia apuntou que acadar os obxectivos que ten formulados á Consellería sería inviable sen o apoio das outras entidades sociais galegas. Deste xeito, insistiu unha vez máis na importancia do consenso e da colaboración entre administracións e demais organizacións do tecido social e lembrou que en 2015, Política Social financiou as actividades da Fundación Emaus cunha achega de 128.850 euros. Ademais, o responsable da Consellería anunciou que neste ano 2016 “aumentará esta cantidade de xeito considerable como tamén aumentará para o resto de entidades sociais do Concello de Vigo grazas a que a orde de entidades sociais de toda Galicia tense duplicado”
Proxecto Inclúe
Entre as actividades que desenvolve Emaús, o conselleiro destacou o ‘Proxecto Inclúe: innovación para a inclusión social’ no que colaboran a Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, a entidade EOSA e outras entidades que traballan pola inclusión social en Galicia no marco do Programa de Cidadanía Activa promovido polo Mecanismo Financiero del Espacio Económico Europeo (EEA Grants) 2009-2014. O proxecto busca desenvolver un modelo de atención innovador para as persoas que se atopan en risco ou en situación de exclusión, a partir das aprendizaxes derivadas da experiencia e da práctica das diferentes organizacións participantes, todas elas cunha ampla traxectoria no eido da inclusión social.
A Xunta de Galicia participou e apoiou a primeira fase do proxecto mediante un partenariado de carácter institucional, e no presente ano garante a súa continuidade e aplicabilidade na comunidade galega investindo 56.000 €.
A importancia deste proxecto reflíctese na súa selección para ser exposto na Conferencia Europea de Servizos Sociais de La Haya (Países Baixos). De feito, é a primeira vez que un proxecto galego é seleccionado para a súa mostra neste evento de alto nivel en servizos sociais.
Ademais, esta ferramenta pioneira conta xa con múltiples referencias e atópase altamente valorada por todas as entidades sociais e traballadores dos servizos sociais comunitarios en Galicia.
A XUNTA INVISTE 82.000 EUROS NA ADAPTACIÓN DE DÚAS SENDAS PEONÍS E CICLISTAS NA PO-244 AO SEU PASO POLO MUNICIPIO DE SOUTOMAIOR
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde do municipio, Agustín Reguera, supervisaron esta mañá o inicio das obras
- O presuposto da primeira senda que comezou esta semana ascende a 22.000 euros e o da segunda, que se iniciará nos vindeiros días, a 60.000 euros
Soutomaior, 13 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, supervisaron esta mañá o inicio das obras de execución de dúas sendas peonís e ciclistas na PO-244. A actuación, que leva a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, consiste na adaptación das dúas sendas peonís e ciclistas duns 400 metros de lonxitude.
A primeira senda duns 230 metros aproximadamente e que vai do tramo 12+060 ao 12+290 ten adxudicado un presuposto de 22.185,37 euros. A estrada PO-244 xa conta cun tramo peonil e a intención é prolongalo a partir deste tramo coa creación dunha senda compartida para peóns e ciclistas, cunha sección mínima útil de 1,80 metros, ata a pasarela situada no acceso ao Colexio Santiago Apóstol.
Coma puido comprobar o delegado, os traballos nesta primeira vía comezaron esta mesma semana e contan cun prazo de execución de tres meses. Para levalos a cabo, en primeiro lugar, procederase á escavación da terra vexetal. Despois realizarase a demolición do pavimento existente e prepararase a superficie de asento. Pavimentarase a senda con formigón cor area, de 10cm de espesor, e completarase a obra coa colocación dos bordos de formigón. Por último, realizarase a sinalización e a formación de céspede na contorna.
As obras da segunda senda, de 150 metros de lonxitude, teñen previsto comezar este mesmo verán e contarán tamén cun prazo de tres meses para ser executadas. Neste caso as obras abarcarán do tramo 11+150 ao 11+300 da PO-244. O presuposto destinado a esta senda peonil e ciclista é de 60,000 euros e o procedemento de construción será similar ao do tramo anterior coa diferenza da lonxitude.
En definitiva, e coma recalcou o delegado, “trátase de actuacións de mellora da seguridade viaria dirixidas a peóns e vehículos” no municipio de Soutomaior onde se investirá en total máis de 82000 euros.
SAÚDOS,
GABINETE D
A XUNTA INVESTIRÁ PRETO DE 250.000 EUROS EN MELLORAS ESTRUTURAIS DO IES REPÚPLICA ORIENTAL DE URUGUAI E DO IES ROSAIS 2 DE VIGO
O delegado territorial na cidade, Ignacio López-Chaves, reuniuse está mañá con responsables do equipo directivo dos centros
- No IES República Oriental levarase a cabo este verán a reforma da cuberta de 1.800m2 cun investimento superior aos 185.000 euros
- No IES Rosais 2 se reformarán os sistemas de fontanería e calefacción
- Hoxe tamén publicouse a licitación da primeira fase da obra de ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia, que conta cunha inversión de 1,8 millóns de euros
Vigo, 13 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o IES República Oriental de Uruguai con motivo dos traballos de cambio da cuberta do edificio.
Xunto ao xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, e persoal da unidade técnica, estivo reunido con responsables do equipo directivo do IES para constatar de primeira man as necesidades do centro. López-Chaves aproveitou tamén a ocasión para visitar o IES Rosais 2, onde a Administración autonómica investirá outros 62.000 euros para a mellora dos seus sistemas de fontanería e calefacción. En total, estas dúas actuacións de melloras estruturais supoñen un investimento que chega case aos 250.000 euros
A reforma no IES República Oriental de Uruguai, que contará no próximo ano con preto de 340 alumnos, se prevé que estea rematada para o inicio do próximo ano lectivo 2016/2017. A adxudicación da obra farase en 15 días, e os traballos contan cun prazo de execución dun mes e medio. Deste xeito, os traballos non incidirán no desenvolvemento habitual do curso e se prevé que se poida cumprir con normalidade o calendario escolar.
A obra consistirá na reparación da cuberta, cunha superficie de 1.819,71m2 e actualmente de fibrocemento, para cambiala por panel nevado de dobre chapa lacada. Realizarase a colocación do novo material de cubrición, remates, canlóns e baixantes na cuberta. Para a elección da nova cuberta tívose en conta a zona climática, o grao de impermeabilidade, a recollida de augas pluviais, a resistencia ao lume e as condicións de illamento acústico.
Estas melloras nas instalacións no IES República Oriental de Uruguai e no IES Rosais 2 súmanse a outros investimentos da Xunta de Galicia nos centros educativos da cidade olívica. Así pois, hoxe mesmo vén de publicarse no DOG a licitación da primeira fase da obra de ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia, que conta cunha inversión de 1,8 milllóns de euros. Ademais, cabe destacar a ampliación do IES de Teis cuxa licitación publicouse este mes cun investimento superior aos 1,6 millóns de euros