A XUNTA INVESTIRÁ PRETO DE 250.000 EUROS EN MELLORAS ESTRUTURAIS DO IES REPÚPLICA ORIENTAL DE URUGUAI E DO IES ROSAIS 2 DE VIGO

  • 13072016_IESRepublicaOriental2O delegado territorial na cidade, Ignacio López-Chaves, reuniuse está mañá con responsables do equipo directivo dos centros
  • No IES República Oriental levarase a cabo este verán a reforma da cuberta de 1.800m2 cun investimento superior aos 185.000 euros
  • No IES Rosais 2 se reformarán os sistemas de fontanería e calefacción
  • Hoxe tamén publicouse a licitación da primeira fase da obra de ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia, que conta cunha inversión de 1,8 millóns de euros

 

Vigo, 13 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o IES República Oriental de Uruguai con motivo dos traballos de cambio da cuberta do edificio.

 

Xunto ao xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, e persoal da unidade técnica, estivo reunido con responsables do equipo directivo do IES para constatar de primeira man as necesidades do centro. López-Chaves aproveitou tamén a ocasión para visitar o IES Rosais 2, onde a Administración autonómica investirá outros 62.000 euros para a mellora dos seus sistemas de fontanería e calefacción. En total, estas dúas actuacións de melloras estruturais supoñen un investimento que chega case aos 250.000 euros

 

A reforma no IES República Oriental de Uruguai, que contará no próximo ano con preto de 340 alumnos, se prevé que estea rematada para o inicio do próximo ano lectivo 2016/2017. A adxudicación da obra farase en 15 días, e os traballos contan cun prazo de execución dun mes e medio. Deste xeito, os traballos non incidirán no desenvolvemento habitual do curso e se prevé que se poida cumprir con normalidade o calendario escolar.

 

A obra consistirá na reparación da cuberta, cunha superficie de 1.819,71m2 e actualmente de fibrocemento, para cambiala por panel nevado de dobre chapa lacada. Realizarase a colocación do novo material de cubrición, remates, canlóns e baixantes na cuberta. Para a elección da nova cuberta tívose en conta a zona climática, o grao de impermeabilidade, a recollida de augas pluviais, a resistencia ao lume e as condicións de illamento acústico.

 

Estas melloras nas instalacións no IES República Oriental de Uruguai  e no IES Rosais 2 súmanse a outros investimentos da Xunta de Galicia nos centros educativos da cidade olívica. Así pois, hoxe mesmo vén de publicarse no DOG a licitación da primeira fase da obra de ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia, que conta cunha inversión de 1,8 milllóns de euros. Ademais, cabe destacar a ampliación do IES de Teis cuxa licitación publicouse este mes cun investimento superior aos 1,6 millóns de euros

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: