IESIDE recibe os seus primeiros estudantes internacionais en Pontevedra

  • Un grupo de 15 universitarios chineses formarase no campus pontevedrés do Instituto para obter o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais con énfase nos negocios
  • Os estudantes combinarán a formación empresarial con prácticas en institucións e empresas da provincia
20160713-alumnos-chinos-ieside
Os alumnos aloxaranse na residencia de estudantes de IESIDE en Pontevedra.

 

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) recibiu hoxe os seus primeiros alumnos, un grupo 15 de estudantes chineses procedentes da Beijing International Studies University (BISU) que cursarán no campus pontevedrés do centro un programa intensivo sobre relacións internacionais.

Os estudantes formaranse dende mañá e ata finais de setembro para obter o Diploma Avanzado en Relacións Internacionais (DARI), dotado con 300 horas. A titulación inclúe módulos de dirección de empresas, relacións internacionais e formación en español de negocios, ademais dun período de prácticas en empresas e institucións da provincia.

Apoio á internacionalización

Este programa formativo ten como obxectivo principal apoiar ás empresas galegas na súa entrada e posicionamiento no mercado chinés, proporcionándolles profesionais deste país multilingües con formación empresarial. Outro dos seus obxectivos estratéxicos é a promoción do sector turístico galego en China. Os primeiros estudantes do DARI cursan o Grao de Español en BISU, un centro de formación superior recoñecido pola formación de expertos en linguas estranxeiras e en turismo, que foi pioneiro en China en establecer estudos de español hai máis de 40 anos e actualmente figura entre as seis universidades de referencia no ensino da nosa lingua.

Durante a súa estancia, os estudantes aloxaranse na residencia que IESIDE ten en Pontevedra. En paralelo á formación teórica e práctica, están previstas visitas a diferentes institucións e organizacións empresariais, así como diversas actividades en A Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago.

A posta en marcha do Diploma Avanzado en Relacións Internacionais é froito dun convenio de colaboración entre a Escola de Negocios Afundación de IESIDE e BISU, para desenvolver programas conxuntos de formación. Ámbalas institucións teñen previsto levar a cabo tamén conxuntamente programas de posgrao no eido turístico, onde BISU é a universidade de referencia en China.

IESIDE é a primeira institución de educación superior de Galicia orientada á empresa. Conta con 22 profesores a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 docentes estranxeiros visitantes e 250 profesores colaboradores. A súa oferta formativa incluirá programas académicos presenciais, online e de tipo híbrido, así como cursos corporativos dirixidos a empresas. O centro ofrecerá un programa de becas que beneficiará, de forma progresiva, ao 25% do seus estudantes. IESIDE naceu en abril deste ano como unha aposta estratéxica de ABANCA en colaboración con Afundación para impulsar a súa actuación no ámbito da educación superior e conta con sedes en A Coruña, Pontevedra e Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: