O GOBERNO LOCAL CONSIDERA PREOCUPANTE QUE OS CONCELLEIROS DO PP CONSIDEREN MAIS IMPORTANTE ESTAR NA PRESENTACIÓN DA XESTORA DO SEU PARTIDO QUE ACUDIR AO PLENO

IMG-20160713-WA0002O Goberno local do Porriño lamenta que os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular non estivesen presentes no Pleno Extraordinario convocado para este mércores. O goberno lembra que o Partido Popular non amosou nunca, en ningunha xuntanza, a súa discrepancia coa convocatoria desta reunión da Corporación, máis ben o contrario: sempre estivo dacordo coa mesma e mesmo ofreceuse a outros grupos municipais a apoiar cada iniciativa que presentasen para que se solicitasen reunións extraordinarias dos corporativos.

Para o Goberno local é moi preocupante que os concelleiros do Partido Popular consideren máis importante estar na presentación da xestora do seu partido no Porriño, anunciada para este mércores, que acudir ao Pleno do Concello no que se tratan, debaten e búscanse solucións aos problemas das porriñesas e os porriñeses. Neste senso, o goberno sinte unha profunda magoa polo desprezo dos concelleiros do PP, non so cara aos votantes dos partidos que si estaban no Pleno de hoxe, senón dos seus propios representados: os votantes do Partido Popular, que se merecen que os seus intereses sexan defendidos no máximo órgano de representación veciñal.

O Goberno local considera inaceptábel que os concelleiros Partido Popular non se preparen as súas intervencións, preguntas, argumentos e propostas para levar ao Pleno do Concello, como é a súa obriga, e que renuncien de un xeito tan vergoñento a facer o seu traballo.

Por último, o Goberno local cre que é infame tentar de xustificar a ausencia da xuntanza da Corporación co argumento de que a mesma custa aos veciños 2.000 €: ningún dos concelleiros do Partido Popular comunicou a súa renuncia aos 120 € que cada un deles ten dereito a percibir por este Pleno extraordinario ou solicitou que isa cantidade se entregase a algunha das entidades benéficas do concello. Dado que non foi así, a realidade é que os integrantes do grupo municipal popular pretenden embolsarse 120 € cada un sen facer o seu labor e, por riba, culpar delo a este goberno.

Neste senso, hai que subliñar o cinismo dos responsábeis populares que no Pleno extraordinario convocado para o sorteo das meses electorais das Eleccións do 20 de Decembro, ata en dúas ocasións, votaron en contra de delegar na Xunta Local de Goberno as posíbeis repeticións deses sorteos que tivesen que facerse para completar as mesas.

É dicir: pretendían que por cada sorteo se convocase un Pleno, que o Concello tivese que desembolsar 2.000 € por cada un, e que cada concelleiro popular cobrase, sucesivamente, 120 €, cando a delegación á Xunta de Goberno, ademais de facerse habitualmente, mesmo cando o PP estaba na Alcaldía, non tería custo algún para os veciños.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: