REY VARELA APOSTA POLA INNOVACIÓN NA ATENCIÓN A PERSOAS EN RISCO OU SITUACIÓN DE POBREZA E EXCLUSIÓN A TRAVÉS DE INICIATIVAS COMO O PROXECTO INCLÚE DA FUNDACIÓN EMAÚS

  • _PHG3155Lembra que os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social para 2016 medraron un 21% con respecto ás partidas consignadas en 2015
  • Insiste na importancia do consenso e da colaboración entre administracións e demais organizacións do tecido social e lembra que en 2015, Política Social financiou as actividades da Fundación Emaús cunha achega de 128.850 euros
  • Anuncia que neste ano 2016 “aumentará esa cantidade de xeito considerable como tamén aumentará para o resto de entidades sociais do Concello de Vigo grazas a que a orde de entidades sociais de toda Galicia tense duplicado”

 

Vigo, 13 de xullo de 2015-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a Fundación Social Emaús de Vigo onde puido comprobar o traballo desenvolto por esta entidade para “mellorar as condicións de vida daquelas persoas que se atopan en situación ou grave risco de pobreza ou exclusión, así como para sensibilizar á sociedade sobre as causas e posibles solucións a estes problemas”. Dous obxectivos, dixo, que “resumen a filosofía coa que foi creada a Consellería de Política Social, “analizar de xeito pormenorizado ás realidades de pobreza e exclusión para erradicar as eivas sociais con programas de integración social e laboral potenciando o maior grado de autonomía individual”. Neste sentido cómpre lembrar que os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social para 2016 medraron un 21% con respecto ás partidas consignadas en 2015.

 

Na súa visita á sede olívica de Emaús, o titular da área social da Xunta de Galicia apuntou que acadar os obxectivos que ten formulados á Consellería sería inviable sen o apoio das outras entidades sociais galegas. Deste xeito, insistiu unha vez máis na importancia do consenso e da colaboración entre administracións e demais organizacións do tecido social e lembrou que en 2015, Política Social financiou as actividades da Fundación Emaus cunha achega de 128.850 euros. Ademais, o responsable da Consellería anunciou que neste ano 2016 “aumentará esta cantidade de xeito considerable como tamén aumentará para o resto de entidades sociais do Concello de Vigo grazas a que a orde de entidades sociais de toda Galicia tense duplicado”

 

Proxecto Inclúe

Entre as actividades que desenvolve Emaús, o conselleiro destacou o ‘Proxecto Inclúe: innovación para a inclusión social’ no que colaboran a Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, a entidade EOSA e outras entidades que traballan pola inclusión social en Galicia no marco do Programa de Cidadanía Activa promovido polo Mecanismo Financiero del Espacio Económico Europeo (EEA Grants) 2009-2014. O proxecto busca desenvolver un modelo de atención innovador para as persoas que se atopan en risco ou en situación de exclusión, a partir das aprendizaxes derivadas da experiencia e da práctica das diferentes organizacións participantes, todas elas cunha ampla traxectoria no eido da inclusión social.

 

A Xunta de Galicia participou  e apoiou a primeira fase do proxecto mediante un partenariado de carácter institucional, e no presente ano garante a súa continuidade e aplicabilidade na comunidade galega investindo 56.000 €.

 

A importancia deste proxecto reflíctese na súa selección para ser exposto na Conferencia Europea de Servizos Sociais de La Haya (Países Baixos). De feito, é a primeira vez que un proxecto galego é seleccionado para a súa mostra neste evento de alto nivel en servizos sociais.

 

Ademais, esta ferramenta pioneira conta xa con múltiples referencias e atópase altamente valorada por todas as entidades sociais e traballadores dos servizos sociais comunitarios en Galicia.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: