REY VARELA GARANTE O APOIO DA XUNTA DE GALICIA Á ARQUITECTURA SOCIAL “QUE DÁ UN FOGAR ÁS FAMILIAS” NA ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO MICASITA DO HOGAR SOR EUSEBIA

  • A Xunta de Galicia concedeu á entidade herculina preto de 65.000 euros en 2015. “Un importe que non deixou de medrar desde 2012 e que agardamos poder aumentar tamén en 2016”, apunta
  • Di que para acadar o obxectivo compartido da inclusión sociolaboral plena os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social medraron neste ano un 21% con respecto a 2015

 

A Coruña, 13 de xullo de 2016-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado polo director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no serán de hoxe na gala do Hogar Sor Eusebia na que se realizou a entrega de premios do concurso Micasita. Alí, o responsable da carteira social da Xunta de Galicia valorou a importancia deste proxecto que “procura a mellor solución arquitectónica para dar acubillo ás persoas que por un motivo ou outro pasan a noite ao raso” e reivindicou a arquitectura como ciencia social pola súa capacidade de “idear unha alternativa residencial para as persoas que viven á intemperie”. A Xunta de Galicia estará sempre con esa arquitectura que “dá un fogar ás familias”, sentenciou.

 

No acto que tivo lugar no Salón de actos de Afundación, o conselleiro gabou o labor do Hogar Sor Eusebia que desde 1986 acolle ás persoas con maior grao de exclusión na sociedade, persoas sen fogar, as cales en moitos casos padecen enfermidades mentais, adiccións e/ou discapacidade. Deste xeito lembrou que a Xunta de Galicia concedeu á entidade herculina preto de 65.000 euros en 2015. “Un importe que non deixou de medrar desde 2012 e que agardamos poder aumentar tamén en 2016”, apuntou.

 

Nesta liña, Rey Varela apuntou cara o traballo coordinado coas asociacións de toda Galicia como “unha das nosas prioridades para acadar o noso obxectivo compartido da inclusión sociolaboral plena”. “O consenso e a colaboración entre administracións e demais organizacións do tecido social debe ser a bandeira que guíe o noso camiño”, engadiu.

 

Ademais, o conselleiro de Política Social afirmou que para acadar este obxectivo, os orzamentos da Dirección Xeral de Inclusión Social medraron neste ano un 21% con respecto a 2015.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: