Archive | julio 18, 2016

A XUNTA DE GALICIA PUBLICA A CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PLURIANUAIS A CORPORACIÓNS LOCAIS PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL

  • A orde regula unha nova liña de actuación de investimento en centros de emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas, que contemplará a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores, entre outras modalidades.
  • Tamén como novidade subvencionaranse programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.
  • O investimento para o período 2016/2017 supera os 5 millóns de euros, un importe cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e polo Fondo Social Europeo no programa operativo de Galicia 2014/2020

 

Santiago, 18 de xullo de 2016.- O Diario Oficial de Galicia publicou o luns 18 de xullo a orde pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas a desenvolver polas corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión.

 

Esta orde regula unha nova liña de actuación de investimento en centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas, que contemplará a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores; e a adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluíndose expresamente os vehículos turismos.

 

En consonancia co establecido na Axenda Social de Galicia, ábrese tamén unha nova liña dotada cun orzamento de 1.333.333 € para o desenvolvemento dunha intervención técnica especializada dirixida a unidades familiares para a adquisición por parte destas das competencias e habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas.  Esta axuda permitirá ás corporacións locais a contratación de novos profesionais coa categoría de educadores sociais.

 

No resto de tipoloxías de axudas, a subvención vai dirixida á promoción de actuacións e á formulación e desenvolvemento de programas dirixidos a complementar, ampliar ou innovar actuacións dos servizos sociais das corporacións locais, tanto mediante o impulso da especificidade na atención de persoas pertencentes a diferentes colectivos de alta vulnerabilidade, como mediante o complemento da acción que estes levan a cabo. Deste xeito, subvencionarase o establecemento de políticas destinadas á mellora de emprego e da promoción da inclusión da comunidade xitana, as accións de atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante e das persoas en situación ou risco de exclusión social. Neste último caso, amplíase a poboación destinataria respecto de convocatorias anteriores,  incluíndo a persoas  que, non contando cos requisitos para ser perceptor de RISGA, estean nunha situación de vulnerabilidade ou en situación de exclusión. Por primeira vez tamén, inclúese como grupo destinatario as persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo que puideran chegar á Comunidade Autónoma galega

 

A vixencia das axudas comprende gastos dende o 1 de novembro de 2015 ata o 31 de marzo de 2017, xa que a convocatoria se formula con carácter plurianual , o que permitirá unha mellor planificación no tempo. O importe do crédito desta orde cífrase en 5.133.325 euros, duplicando así no presente exercicio 2016 o orzamento destinado a esta finalidade en 2015.

 

En concreto, o investimento en centros de inclusión e emerxencia social estará cofinanciado ao 80% con fondos FEDER e os programas restantes estarán cofinanciadas tamén ao 80% con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

 

Esta convocatoria de subvencións enmárcase na Estratexia para a Inclusión Social de Galicia 2014-2020, na que se dá unha énfase especial aos procesos vinculados á inclusión social das persoas usuarias dos servizos sociais das corporacións locais, establecendo unha liña de axudas destinada ao desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión social ou colectivos de vulnerabilidade extrema, así como ao traballo de acompañamento social e ao apoio preciso para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral.

 

As actividades financiadas neste caso terán como obxectivo o apoio ou reforzo ás persoas que, polo distanciamento dos seus vínculos persoais co contorno social ou a súa condición de inmigrante, precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inclusión social e laboral e terán por obxecto tanto a adquisición de habilidades e destrezas coma a formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás súas necesidades, como a preparación para a avaliación das competencias clave esixibles para o acceso normalizado á formación e cualificación profesional.

 

REY VARELA ANUNCIA QUE A MINIRESIDENCIA PARA DEPENDENCIAS DESTINADAS Á PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL DE PARADELA (LUGO) PORASE EN MARCHA NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2017

  • IMG_2787A ratio do Servizo de Axuda no Fogar alcanza o 99,68% grazas ao mantemento das 8.988 de horas anuais para a prestación deste servizo que conta con 23 beneficiarios

 

Santiago, 18 de xullo de 2017.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio lucense de Paradela, José Manuel Mato Díaz.

 

Na xuntanza ambos mandatarios intercambiaron opinións acerca do estado de execución da miniresidencia para dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal do concello lugués. A obra estase a executar correctamente e dentro dos prazos previstos polo que estará rematada e posta en marcha no primeiro trimestre de 2017. O centro terá unha capacidade total para 24 prazas residenciais máis unha de enfermería, ampliable a 48 prazas e dúas de enfermería.  O orzamento total da obra ascenderá ata os 1.632.947,39 euros.    

 

Outro tema abordado na xuntanza foi a boa situación da ratio do Servizo de Axuda no Fogar que alcanza o 99,68% grazas ao mantemento das 8.988 de horas anuais para a prestación deste servizo que conta con 23 beneficiarios.

 

UN GRUPO DE 15 PARTICIPANTES NA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN DE GALICIA DA XUNTA FÓRMASE COMO OPERADORES DE CARRETILLAS ELEVADORAS EN RIBEIRA

  • INICIO CURSO CARRETILLA BOIROHoxe deu comezo en Boiro outro curso para o manexo deste tipo de vehículos de traballo, que rematará o próximo 26 de xullo

 

Ribeira (A Coruña), 18 de xullo de 2016.- Un grupo de 15 persoas, que participan a través do equipo de Inclusión de Noia (A Coruña) na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsada e cofinanciada pola Consellería de Política Social da Xunta e polo Fondo Social Europeo, rematou hoxe en Ribeira un curso de operador de carretillas elevadoras que se desenvolveu dende o pasado 11 de xullo.

 

O contido do curso, que tivo unha duración total de 30 horas, xirou en torno a conceptos relacionados coa prevención de riscos laborais, a clasificación, tipos e usos das carretillas ou os elementos de condución e, ademais, tamén incluíu unha parte práctica de manexo das carretillas nun circuíto pechado. As clases teóricas, foron impartidas en Ribeira pola Autoescola Javier, e as prácticas -na localidade de A Pobra do Caramiñal- pola empresa Seforgasa.

 

Novo curso en Boiro

Ao tempo que remataba o curso de Ribeira, deu comezo outro na localidade de Boiro -tamén para formarse como operador de carretillas elevadoras- e ao que asisten 15 persoas, igualmente participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Neste caso, a formación teórica correspondeulle á empresa Seforgasa, e a práctica, á Autoescola Suso. O curso rematará o próximo 26 de xullo.

 

O obxectivo destas actuacións é favorecer e posibilitar a inserción laboral, mediante unha formación que aumente as competencias no mercado de traballo, favorecendo a adquisición dunha serie de coñecementos que permitirán desenvolver unha profesión, sempre en función das esixencias laborais reais da  sociedade.

 

Estes cursos forman parte do plan de actuacións, incluído nos itinerarios de inserción socio-laboral da administración autonómica, que os dispositivos técnicos comarcais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar deseñan para os participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

 

O departamento de Inclusión do Consorcio -da Consellería de Política Social- conta na actualidade con 18 oficinas comarcais repartidas polo territorio da comunidade autónoma, máis un centro no módulo penal de Teixeiro (A Coruña). No pasado ano 2015, as oficinas de Inclusión da Xunta de Galicia atenderon a 10.230 persoas.

 

Valença Lança Novo Site Municipal

www.cm-valenca.pt

Valença torna a administração municipal mais acessível ao cidadão com a reformulado site www.cm-valenca.pt, um espaço inovador e atrativo onde os cidadãos podem encontrar um conjunto de informações sobre os serviços municipais de forma rápida e acessível.

Os cidadãos passam a contar com acesso mais rápido, de navegação fácil e intuitiva, a todo um conjunto de informações e serviços sem terem necessidade de se deslocar fisicamente aos serviços municipais.

Novo design, maior acessibilidade, funcionalidade e atratividade são algumas das características que marcam o reformulado Site Municipal de Valença. Um espaço que foi preparado para ser mais intuitivo e responsivo, proporcionando informação ao cidadão de forma mais rápida e eficaz.

O Site Municipal pretende ser um espaço de aproximação da Câmara Municipal ao cidadão, facilitando o acesso a um conjunto de informações de interesse público e todo um conjunto de serviços on-line. Um processo de modernização administrativa dinâmico que pretende que pretende tirar o máximo proveito das novas tecnologias da comunicação em beneficio do cidadão, com a colocação de mais serviços on-line.

Esta nova estrutura enquadra-se no âmbito da política de modernização administrativa que o Município tem vindo a desenvolver nos últimos anos.

O novo site associa-se, também, ao site VISITVALENCA, um espaço dedicado exclusivamente ao visitante. Neste site quem vem até Valença encontra simplificada a informação e oferta turística da cidade.

www.cm-valenca.pt e www.visitvalenca.com associam-se a um conjunto de iniciativas inovadoras que a Câmara Municipal tem lançado, para a promoção turística da cidade, a afirmação do território e a democratização e aproximação da administração ao cidadão.

Cursos de cata de viños en Afundación

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta, a partir de setembro, un programa de cursos de cata de viños coordinados polo sumiller e director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas. A proposta ofrece dúas modalidades, unha certificación de nivel básico dirixida a amantes e afeccionados da cultura vitivinícola que busquen un primeiro achegamento ao mundo do viño, e outra de nivel avanzado para profesionais do sector. Os cursos comezarán o vindeiro mes de setembro e rematarán en maio de 2017 nas sedes Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago. As inscricións estarán abertas a partir de mañá, martes 19 de xullo, nas canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com, a través do teléfono 902 504 500 e nas billeteiras das sedes da entidade en Santiago, Vigo, Ourense e A Coruña.

José Manuel Fernandez Alvariño toma posesión como presidente de la Corte de Arbitraje de la Cámara

Reunion Corte ArbitrajeJosé García Costas y los miembros de la institución arbitral aprovecharon la ocasión para despedir a Francisco Javier Romero Fadrique, que deja el cargo tras 14 años de dedicación al frente de este servicio cameral

 

Vigo, 18/07/2016. El empresario y abogado José Manuel Fernández Alvariño tomó posesión esta mañana como nuevo presidente de la Corte de Arbitraje de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía. El Presidente de la Cámara, José García Costas, reunió a los miembros de la institución arbitral para dar la bienvenida al nuevo responsable de este servicio, no sin antes despedir y agradecer el “enorme y valioso” trabajo realizado por Presidente saliente, Francisco Javier Romero Fadrique, que deja el cargo después de 14 años al frente de este puesto.

 

En esta nueva etapa, la Cámara tratará de darle un nuevo impulso a este servicio promocionando sus beneficios y gran utilidad para las empresas entre diferentes colectivos empresariales y colegios de abogados.

 

El servicio de la Corte de Arbitraje nació, en la extinta Cámara de Comercio de Vigo, en el año 1990. El Arbitraje es un procedimiento rápido (cinco meses), eficaz y económico (gastos inferiores a los de un litigio en Tribunal) cada vez más utilizado tanto por las pequeñas y medianas empresas como por las de mayor tamaño. Su objetivo es solventar las controversias que puedan surgir de una relación jurídica cualquiera siempre que sea sobre una materia de libre disposición para las partes. Todas las empresas, sus asesores y profesionales pueden dirimir sus controversias mediante la intervención de árbitros especializados. Para poder utilizar la Corte de Arbitraje se debe incluir una cláusula de nuestra corte arbitral en los contratos. Esta inclusión se negocia entre las partes, al igual que se ha pactado el precio, la forma de pago, las calidades o la fecha de entrega de mercancías. Una vez insertado el convenio en los contratos, las partes tienen garantizada una vía natural y lógica para la resolución del conflicto, beneficiándose de las características del sistema arbitral: mayor especialización, confidencialidad, rapidez y economía.

 

La Corte de Arbitraje de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa está formada por los siguientes cargos:

 

Presidente:

  • José Manuel Fernández Alvariño

 

Vocales:

  • Alfonso Álvarez Gándara
  • María Teresa Fernández Mediero
  • Eloy García López
  • Gonzalo Gómez González
  • Javier Irisarri Castro

REY VARELA PRESENTA O ESTUDO SOBRE EDUCACIÓN NON FORMAL DA USC QUE ACREDITA QUE “OS PROGRAMAS DE XUVENTUDE FUNCIONAN E ACADAN UNHA MELLOR SITUACIÓN LABORAL PARA OS MOZOS E MOZAS”

José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentará en rolda de prensa o estudio Os programas de Educación non formal e empregabilidade da xuventude en Galicia

José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentará en rolda de prensa o estudio Os programas de Educación non formal e empregabilidade da xuventude en Galicia

O informe acredita que Galeuropa, Iniciativa Xove e Voluntariado Xuvenil cumpriron a súa finalidade última que identifica coa “mellora das competencias, habilidades e destrezas dos mozos participantes, cara a incentivar a súa participación social e facilitar a súa inserción laboral”

  • O importe destinado ao programa Galeuropa incrementouse nun 141% desde 2012 ata acadar os máis de 2 millóns de euros actuais; o importe destinado ao programa Iniciativa Xove tamén aumentou un 27% desde 2012 ata chegar aos 547.365 euros; e o importe do programa de Voluntariado Xuvenil subiu un 68% ata os 375.000 euros neste ano.

La bombona de butano baja mañana de nuevo hasta los 11,27 euros‏

* Esta reducción del precio supone un descenso del 4,9% respecto al precio actual de la bombona, que es de 11,85 €.descarga

18.07.16. Mañana martes entra en vigor el nuevo precio máximo de la bombona de butano, que será de 11,27 euros, impuestos incluidos, frente al precio actual de 11,85 euros por bombona.

El nuevo precio supone una reducción del 4,9% y se suma a las bajadas que se han ido produciendo desde marzo de 2015. Desde dicha fecha, el precio de la bombona de butano acumula un descenso de precio superior a los seis euros, equivalente a una bajada del 35%.

Este bimestre, el precio antes de impuestos teórico del GLP envasado ha bajado 0,1%. Esta variación es el resultado del incremento del 2,5% de la materia prima, que se compensa por la caída del 4,3% en el flete y por la apreciación del 0,45% del euro frente al dólar en el periodo de referencia. Al aplicar el ajuste acumulado de bimestres anteriores y el límite de variación del 5% bimestral, el precio sin impuestos real se fija en 73,0288 c€/kg, un 5% menos que el bimestre anterior y se genera un término de ajuste (superávit) para el próximo bimestre de 0,7690 c€/kg.

El nuevo precio estará vigente hasta el tercer martes de septiembre, cuando se revisará de nuevo según las cotizaciones internacionales.

El precio regulado afecta a las bombonas de butano que más comúnmente utilizan los hogares, envases con carga igual o superior a 8 kg e inferior a 20 kg, cuya tara sea superior a 9 kg.

Julio |Noche de bandas gallegas en el Apóstol 2016, Festival WOS,

Noche de bandas gallegas en el Apóstol
 
unnamedEl jueves 21 de Julio colaboramos con las Fiestas del Apóstol, programando por segundo año consecutivo una noche para las bandas gallegas en la Plaza de la Quintana de Santiago de Compostela. Este año los protagonistas serán: Caxade, Cró!, Terbutalina, Familia Caamagno y Malandrómeda.
21.07 | 22:00h | Praza da Quintana | Santiago de Compostela
Entradas Libre
Puedes consultar aquí el evento de Facebook.
WOS 2016 en septiembre
La tercera edición de nuestro festival WOS tendrá lugar entre el 7 y 11 de septiembre, y de nuevo presentará un programa de propuestas culturales alternativas  y de vanguardia. Los 16 primeros artistas anunciados son: Blaak Heat, Boogarins, Duister, Feels, Fiera, Fogbound, Hannah Epperson, Harrison Ford Fiesta, Martin Kohlstedt, Melange, Moura, Radar Men from the Moon, Silver Apples, Thee Oh Sees, The Soft Moon y Triángulo de Amor Bizarro.
Toda la información en www.wosfestival.es
07.09 a 11.09 | Varios espacios | Santiago de Compostela
Puedes consultar aquí el evento de Facebook.

Colaboramos con BMAT para implantar Vericast
 
Desde WOS continuamos colaborando con la empresa catalana BMAT para la implantación, en los bares musicales, pubs y discotecas de Galicia que lo deseen, de un dispositivo de monitorización con el que se busca obtener datos reales de cara al posterior reparto de derechos generados en dichos establecimientos. Se trata de recoger la señal de lo que suena en cada local y enviarlo a un ordenador central que lo identifica automáticamente a través de una huella digital, facilitando de este modo una distribución de royalties eficiente y trasnparente. Los locales que deseen recibir más información pueden contactarnos en bmat@workonsunday.es.

Próximos conciertos en nuestro sello Matapadre
 
Pronto habrá más novedades, pero por el momento esta es la agenda de las bandas de Matapadre en lo que queda de verano:
21.07 Malandrómeda Apóstolo 2016 Santiago de Compostela
30.07 Malandrómeda El Loro Facu Miño
30.07 Bala El Loro Facu Miño
30.07
Guerrera El Loro Facu Miño
05.08 Guerrera Dabadaba Donostia
06.08 Guerrera Atzavara Sant Feliu
07.08 Guerrera Lata de Zinc Oviedo
12.08 Guerrera O Marisquiño Vigo
12.08 Malandrómeda O Marisquiño Vigo
13.08 Bala Sonic Blast Moledo do Minho – PT
14.08 Bala O Marisquiño Vigo
14.08 Malandrómeda V de Valarés Valarés
19.08 Malandrómeda Revenidas Vilagarcía de Arousa
19.08 Bala Osa do Mar Burela
20.08 Malandrómeda Osa do Mar Burela
20.08 Guerrera Osa do Mar Burela
03.09 Bala Arteficial Ribadavia
03.09 Guerrera Arteficial Ribadavia