A XUNTA DE GALICIA PUBLICA A CONVOCATORIA DAS SUBVENCIÓNS PLURIANUAIS A CORPORACIÓNS LOCAIS PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL

  • A orde regula unha nova liña de actuación de investimento en centros de emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas, que contemplará a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores, entre outras modalidades.
  • Tamén como novidade subvencionaranse programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.
  • O investimento para o período 2016/2017 supera os 5 millóns de euros, un importe cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e polo Fondo Social Europeo no programa operativo de Galicia 2014/2020

 

Santiago, 18 de xullo de 2016.- O Diario Oficial de Galicia publicou o luns 18 de xullo a orde pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas a desenvolver polas corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión.

 

Esta orde regula unha nova liña de actuación de investimento en centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas, que contemplará a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de inmobles que garden unha relación directa coas actuacións anteriores; e a adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluíndose expresamente os vehículos turismos.

 

En consonancia co establecido na Axenda Social de Galicia, ábrese tamén unha nova liña dotada cun orzamento de 1.333.333 € para o desenvolvemento dunha intervención técnica especializada dirixida a unidades familiares para a adquisición por parte destas das competencias e habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas.  Esta axuda permitirá ás corporacións locais a contratación de novos profesionais coa categoría de educadores sociais.

 

No resto de tipoloxías de axudas, a subvención vai dirixida á promoción de actuacións e á formulación e desenvolvemento de programas dirixidos a complementar, ampliar ou innovar actuacións dos servizos sociais das corporacións locais, tanto mediante o impulso da especificidade na atención de persoas pertencentes a diferentes colectivos de alta vulnerabilidade, como mediante o complemento da acción que estes levan a cabo. Deste xeito, subvencionarase o establecemento de políticas destinadas á mellora de emprego e da promoción da inclusión da comunidade xitana, as accións de atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante e das persoas en situación ou risco de exclusión social. Neste último caso, amplíase a poboación destinataria respecto de convocatorias anteriores,  incluíndo a persoas  que, non contando cos requisitos para ser perceptor de RISGA, estean nunha situación de vulnerabilidade ou en situación de exclusión. Por primeira vez tamén, inclúese como grupo destinatario as persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo que puideran chegar á Comunidade Autónoma galega

 

A vixencia das axudas comprende gastos dende o 1 de novembro de 2015 ata o 31 de marzo de 2017, xa que a convocatoria se formula con carácter plurianual , o que permitirá unha mellor planificación no tempo. O importe do crédito desta orde cífrase en 5.133.325 euros, duplicando así no presente exercicio 2016 o orzamento destinado a esta finalidade en 2015.

 

En concreto, o investimento en centros de inclusión e emerxencia social estará cofinanciado ao 80% con fondos FEDER e os programas restantes estarán cofinanciadas tamén ao 80% con fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

 

Esta convocatoria de subvencións enmárcase na Estratexia para a Inclusión Social de Galicia 2014-2020, na que se dá unha énfase especial aos procesos vinculados á inclusión social das persoas usuarias dos servizos sociais das corporacións locais, establecendo unha liña de axudas destinada ao desenvolvemento de accións de capacitación persoal para a mellora da empregabilidade das persoas en situación ou risco de exclusión social ou colectivos de vulnerabilidade extrema, así como ao traballo de acompañamento social e ao apoio preciso para facilitar a participación das persoas destinatarias nos proxectos de inclusión sociolaboral.

 

As actividades financiadas neste caso terán como obxectivo o apoio ou reforzo ás persoas que, polo distanciamento dos seus vínculos persoais co contorno social ou a súa condición de inmigrante, precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inclusión social e laboral e terán por obxecto tanto a adquisición de habilidades e destrezas coma a formación básica e de tipo laboral específica e adaptada ás súas necesidades, como a preparación para a avaliación das competencias clave esixibles para o acceso normalizado á formación e cualificación profesional.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: