REY VARELA ANUNCIA QUE A MINIRESIDENCIA PARA DEPENDENCIAS DESTINADAS Á PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL DE PARADELA (LUGO) PORASE EN MARCHA NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2017

  • IMG_2787A ratio do Servizo de Axuda no Fogar alcanza o 99,68% grazas ao mantemento das 8.988 de horas anuais para a prestación deste servizo que conta con 23 beneficiarios

 

Santiago, 18 de xullo de 2017.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio lucense de Paradela, José Manuel Mato Díaz.

 

Na xuntanza ambos mandatarios intercambiaron opinións acerca do estado de execución da miniresidencia para dependencias destinadas á promoción da autonomía persoal do concello lugués. A obra estase a executar correctamente e dentro dos prazos previstos polo que estará rematada e posta en marcha no primeiro trimestre de 2017. O centro terá unha capacidade total para 24 prazas residenciais máis unha de enfermería, ampliable a 48 prazas e dúas de enfermería.  O orzamento total da obra ascenderá ata os 1.632.947,39 euros.    

 

Outro tema abordado na xuntanza foi a boa situación da ratio do Servizo de Axuda no Fogar que alcanza o 99,68% grazas ao mantemento das 8.988 de horas anuais para a prestación deste servizo que conta con 23 beneficiarios.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: