UN GRUPO DE 15 PARTICIPANTES NA ESTRATEXIA DE INCLUSIÓN DE GALICIA DA XUNTA FÓRMASE COMO OPERADORES DE CARRETILLAS ELEVADORAS EN RIBEIRA

  • INICIO CURSO CARRETILLA BOIROHoxe deu comezo en Boiro outro curso para o manexo deste tipo de vehículos de traballo, que rematará o próximo 26 de xullo

 

Ribeira (A Coruña), 18 de xullo de 2016.- Un grupo de 15 persoas, que participan a través do equipo de Inclusión de Noia (A Coruña) na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, impulsada e cofinanciada pola Consellería de Política Social da Xunta e polo Fondo Social Europeo, rematou hoxe en Ribeira un curso de operador de carretillas elevadoras que se desenvolveu dende o pasado 11 de xullo.

 

O contido do curso, que tivo unha duración total de 30 horas, xirou en torno a conceptos relacionados coa prevención de riscos laborais, a clasificación, tipos e usos das carretillas ou os elementos de condución e, ademais, tamén incluíu unha parte práctica de manexo das carretillas nun circuíto pechado. As clases teóricas, foron impartidas en Ribeira pola Autoescola Javier, e as prácticas -na localidade de A Pobra do Caramiñal- pola empresa Seforgasa.

 

Novo curso en Boiro

Ao tempo que remataba o curso de Ribeira, deu comezo outro na localidade de Boiro -tamén para formarse como operador de carretillas elevadoras- e ao que asisten 15 persoas, igualmente participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Neste caso, a formación teórica correspondeulle á empresa Seforgasa, e a práctica, á Autoescola Suso. O curso rematará o próximo 26 de xullo.

 

O obxectivo destas actuacións é favorecer e posibilitar a inserción laboral, mediante unha formación que aumente as competencias no mercado de traballo, favorecendo a adquisición dunha serie de coñecementos que permitirán desenvolver unha profesión, sempre en función das esixencias laborais reais da  sociedade.

 

Estes cursos forman parte do plan de actuacións, incluído nos itinerarios de inserción socio-laboral da administración autonómica, que os dispositivos técnicos comarcais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar deseñan para os participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia.

 

O departamento de Inclusión do Consorcio -da Consellería de Política Social- conta na actualidade con 18 oficinas comarcais repartidas polo territorio da comunidade autónoma, máis un centro no módulo penal de Teixeiro (A Coruña). No pasado ano 2015, as oficinas de Inclusión da Xunta de Galicia atenderon a 10.230 persoas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: