Archive | julio 19, 2016

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL DESTACA OS CONVENIOS ASINADOS POLA XUNTA DE GALICIA COA FUNDACIÓN LA CAIXA QUE “XA TEÑEN BENEFICIADO A TANTOS GALEGOS E GALEGAS”

  • Destaca o convenio para o desenvolvemento de proxectos sociais destinados a persoas maiores, así como os convenios Pro Infancia cos que se leva a cabo un programa centrado na atención a familias con menores entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade

 

Santiago, 19 de xullo de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no serán de hoxe na inauguración da nova oficina de CaixaBank na rúa compostelá de Xeneral Pardiñas. Na súa intervención valorou “a gran obra social” que leva a cabo a entidade e na que está presente a Xunta de Galicia. Uns convenios destinados tanto aos maiores como aos menores máis desfavorecidos e que “xa teñen beneficiado a tantos galegos e galegas”.

 

Por unha banda, Arturo Parrado, destacou o convenio de colaboración coa Fundación La Caixa para o desenvolvemento de proxectos sociais destinados a persoas maiores como iniciación á informática, fomento de estilos de vida saudable ou promoción da lectura. Un acordo que tamén serviu para a renovación do mobiliario das instalacións dos centros sociocomunitarios de benestar de de titularidade autonómica. Máis da metade destes centros -23 de 44- xa se viron beneficiados deste convenio.

 

Por outra banda, o director xeral subliñou o acordo asinado entre a Xunta de Galicia e a Obra Social La Caixa o pasado mes de outubro para mellorar a calidade de vida dos menores máis desfavorecidos. Grazas aos convenios Pro Infancia lévase a cabo nas sete grandes cidades galegas un programa centrado na atención a familias con menores entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade.   

 

O CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL HORTA DO MUIÑO REÚNE EN OUTES A PARTICIPANTES DE DOUS PAÍSES EXTRANXEIROS E SEIS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos voluntarios e voluntarias  que están a participar neste proxecto de carácter ambiental, etnográfico e patrimonial
  • A actividade enmárcase na Campaña de Verán 2016, que oferta 9.046 prazas para albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade e na que a Xunta de Galicia inviste 2,6 millóns de euros

 

Outes (A Coruña), 19 de xullo de 2016.- Un total de 14 voluntarios e voluntarias galegas, doutras comunidades autónomas e do estranxeiro, están a participar no campo de traballo internacional Horta do Muiño que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración co concello de Outes durante os días 17 a 28 de xullo.

 

A directora xeral fixo hoxe unha visita a esta actividade recollendo as impresións dos  voluntarios e voluntarias que están a colaborar en tarefas como a limpeza e acondicionamento da Ruta do Añón, sinalización e dinamización da ruta, acondicionamento do Muiño coa recuperación do seu sistema de canalizacións, etc; actividades que compaxinan con outras de tempo libre como o kaiak, snorkel, tiro con arco e diversas visitas complementarias.

 

Cecilia Vázquez recordou que Galicia é un referente a nivel estatal na organización de Campos de traballo internacionais. A Consellería de Política Social desenvolve este verán un total de 24 campos de traballo na comunidade, que terán lugar además de en Outes, en A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, A Peroxa, Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

 

Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade.

 

Esta iniciativa forma parte da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que oferta na provincia de A Coruña máis de 3000 prazas.

 

No total galego, na Campaña de Verán tomarán parte 9.046 mozos e mozas, un 6% máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas de entre 9 e 30 anos e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

 

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a creación de 900 postos de traballo de monitores e directores de tempo libre.

 

REY VARELA COMPROMETE “TRABALLO SEN DESCANSO PARA QUE TODAS AS PERSOAS TEÑAN AS MESMAS OPORTUNIDADES” NA VISITA AO CENTRO DE ATENCIÓN DIÚRNA OCUPACIONAL DE COGAMI EN MEDELO (SILLEDA)

  • VISITAMEDELO04 (1)Destaca que a Xunta de Galicia destina preto de 150.000 euros a este centro que é referencia no ámbito rural cunha gran cantidade de actividades e programas lúdicos, educativos, deportivos e de convivencia así como de formación profesional

 

Silleda (Pontevedra), 19 de xullo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, visitou na mañá de hoxe o Centro de Recursos para persoas con discapacidade que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Medelo. Alí o responsable da área social dixo que desde a Xunta de Galicia “traballaremos sen descanso para que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades”. “Nós queremos ser as ás desas persoas que non teñen todas as facilidades”, incidiu.

 

O conselleiro de Política Social destacou o traballo que leva a cabo a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade no centro de Medelo a través dun “servizo de atención diúrna ocupacional que mellora a vida dos seus usuarios”. O centro pontevedrés presta unha atención integral e personalizada a persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio, en situación de dependencia, que polas súas características necesitan unha atención persoal para potenciar hábitos da vida diaria, así como actividades capacitadoras e terapéuticas de formación ocupacional e de desenvolvemento de habilidades persoais e sociais.

 

Tras a visita ás instalacións, Rey Varela destacou que “no ano no que medran os nosos orzamentos un 12% con respecto a 2015”, a Xunta de Galicia destina preto de 150.000 euros a este centro que é referencia no ámbito rural cunha gran cantidade de actividades e programas lúdicos, educativos, deportivos e de convivencia así como de formación profesional.

El Centro Tecnológico EnergyLab, nuevo miembro de SPIRE

SPIRE es un instrumento público-privado de la Comisión Europea creado para impulsar el desarrollo de tecnologías que mejoren la eficiencia energética y el uso de los recursos en la industria. Actualmente está formada actualmente por 132 entidades europeas, tanto industriales como centros de investigación que abarcan múltiples sectores.EnergyLab

  • EnergyLab es el primer Centro Tecnológico gallego miembro de esta exclusiva asociación europea.

 

Pie de foto (de izqda. a dcha.): María Gómez-Reino Pérez y Patricia Vázquez Lago, responsable de Proyectos Europeos y directora de la Oficina de Proyectos de EnergyLab, respectivamente.

 

Pladesemapesga y Apedanica solicitan al Poder Judicial información concreta sobre todos los casos abiertos contra el buscador Google.

Consideramos de gran interés social las actuaciones contra el buscador Google desde distintos ángulos, como por fraude fiscal en España, Francia y otros países que seguramente se irán sumando a esta investigación realizada por La Comisión Europea, por la competencia desleal denunciada por la comisaría europea Margrethe Vestager.

 

La Tienda del Espía fuimos los primeros en España, hace 6 años, en denunciar a Google por tráfico y venta de marcas registradas como palabra de búsqueda en “el supermercado Adwords y Adsence” con 90.000 millones de facturación a través de la publicidad.

Google socialmente es un buscador pero en realidad es una empresa de publicidad con muchas técnicas engañosas.

Tenemos sentencias en contra y a favor sobre este tema y creemos que es necesario analizar la estrategia de control y dominio de Google sobre el perjuicio que está causando a la economía europea.

 

A XUNTA INICIA O PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL DA MODIFICACIÓN DO PLAN PARCIAL QUE PERMITIRÁ A CONSTRUCIÓN DE 1.600 VIVENDAS PROTEXIDAS EN SAN PAIO DE NAVIA

 

  • O Instituto Galego da Vivenda e Solo mantén aberta a oferta pública de adquisición de solo por importe de oito millóns de euros

 

 

Santiago, 19 de xullo de 2016.- A Xunta vén de iniciar o procedemento de avaliación ambiental do Plan parcial que permitirá a construción de 1.600 protexidas en San Paio de Navia, no Concello de Vigo. O documento de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada da modificación puntual do plan parcial atópase xa en información pública, so catro días despois de que o remitise o Concello de Vigo. Os interesados poderán achegar as súas alegacións ou comentarios ao mesmo ata o día 19 de setembro próximo (pode consultarse no enlace  http://goo.gl/wMQugT)

 

Ao tratarse dun procedemento simplificado, o prazo máximo para a súa tramitación é de catro meses, tal como establece a Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental, publicada no Boletín Oficial do Estado do 11 de decembro de 2013.

 

A modificación puntual do plan parcial de San Paio de Navia permitirá incrementar en preto de 1.000 as vivendas protexidas previstas na ampliación do solo residencial urbanizado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo na cidade de Vigo.

 

Paralelamente á tramitación da modificación puntual do plan parcial, o Instituto Galego da Vivenda e Solo ten aberta a oferta pública de adquisición de solo para a ampliación de San Paio de Navia, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 30 de xuño.

 

A Xunta prevé adquirir solo por mutuo acordo cos vendedores por importe de oito millóns de euros, o que supón invertir este ano en Navia catro veces máis do previsto inicialmente nos orzamentos do organismo para 2016.

 

Obra en 2017

A previsión da Xunta de Galicia é iniciar a obras de urbanización do polígono 1 da ampliación de San Paio de Navia en 2017 para que a mesma estea rematada a finais de 2018. Neste polígono, cunha superficie edificable de 86.048 metros cadrados, poderanse construír 732 vivendas protexidas.

 

Posteriormente desenvolverase o polígono 2, cunha edificabilidade de 85.268 metros cadrados para 718 vivendas e finalmente farase o propio co polígono 3, no que se empraza solo para 147 vivendas e as parcelas destinadas a usos terciarios.

 

A modificación do Plan permitirá incrementar o número  de vivendas protexidas en preto de 1.000, concretamente 984, ao pasar de 613 que se podían edificar co documento orixinal ás 1.597 que se poderán construír grazas aos cambios introducidos no plan parcial. En total, a superficie construída destinada a vivenda protexida sitúase nos 189.000 metros cadrados, o que permitirá construír 165 vivendas unifamiliares e 1.430 distribuídas en bloques de edificación residencial.

 

A modificación do Plan Parcial tamén prevé o incremento substancial no número de prazas de aparcadoiro público, xa que se proxectan 1.230 prazas nas fases por desenvolver e 629 en terreos das fases xa urbanizadas, o que supón a execución de 1.859 novas prazas en San Paio de Navia.

 

A XUNTA INVISTE MÁIS DE 6,6 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAS E REFORMAS DE ATA 25 CENTROS EDUCATIVOS DA CIDADE DE VIGO

  • O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, destacou que estas inversións se executan, sobre todo, a través do fondo de superávit de responsabilidade
  • As melloras realizaranse en centros de educación primaria e secundaria, centros de educación especial e no Conservatorio Profesional de Música de Vigo
  • Outros municipios con partidas para melloras en infraestruturas educativas son Soutomaior, Baiona, Fornelos, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño e Redondela

19072016_RPCentrosEducativos

Vigo, 19 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves,  informou esta mañá, en rolda de prensa, dos centros educativos da área metropolitana nos que a Xunta de Galicia está a destinar un importante investimento para a mellora das súas infraestruturas.

 

Só en centros educativos de Vigo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará máis de 6,6 millóns de euros para atender as demandas de ata 25 centros educativos da cidade. Outros municipios da área territorial con partidas destinadas para melloras en infraestruturas educativas son Soutomaior, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño e Redondela.

 

O delegado destacou que estas inversións proveñen das partidas de presuposto ordinarias e do fondo de superávit de responsabilidade, que permitiu á Xunta de Galicia destinar este ano unha gran partida a melloras no ámbito da educación. As actuacións de reforma se levarán a cabo en centros de educación primaria e secundaria, centros de educación especial e o Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

 

López–Chaves aclarou que os centros beneficiados son os que presentaban unhas “maiores necesidades” atendendo ás “demandas máis urxentes” segundo os criterios técnicos e mencionou algúns dos centros educativos onde se están a por en marcha estas melloras en infraestruturas:

 

CEIP Alfonso Rodríguez Castelao Obra nova de ampliación do centro 3.521.975,00 €
IES Teis Obra nova de ampliación do centro 1.700.000,00 €
IES do Castro Renovación da cuberta 183.858,00 €
IES República Oriental do Uruguai Renovación da cuberta 188.578,00 €
CEIP Sárdoma Moledo Renovación da cociña 150.000,00 €
CEIP Altamar Reforma da planta baixa 110.000,00 €
CEIP Celso Emilio Ferreiro Reforma da cuberta e ventás 95.000,00 €
CEE Saladino Cortizo Reparación do C.T e renovación da cociña 64.000,00 €
IES Rosais 2 Renovación fontanería e calefacción 60.001,00 €
IES San Tomé de Freixeiro Mellora instalacións deportivas 57.709,29 €
CEIP Vicente Risco Mellora aseos 60.000,00 €
CMUS Superior Reforma instalación eléctrica, cuberta ascensores e reposición peche e muros 27.500,00 €
CEIP Canicouva Mellora de aseos e ventás 75.000,00 €
CEIP Carrasqueira Instalacións de fontanería e calefacción 26.500,00 €
CEIP Lope de Vega Mellora da accesibilidade 75.000,00 €
CEIP O Sello Cuberta 55.000,00 €
CEIP Ría de Vigo Ventás 65.000,00 €
IES Carlos Casares Acondicionamento xeral 60.000,00 €
IES Castelao Instalación de fontanería e calefacción 49.657,91 €

 

O delegado territorial informou tamén de que a maioría destas obras executaranse durante este verán “cando se suspenden as clases e non hai actividade docente” para non interromper o normal desenvolvemento do curso escolar, aínda que, coma especificou, existen algúns casos, como o do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao en Navia onde as obras poderanse executar durante o curso escolar xa que a súa primeira fase –que xa está en proceso de licitación por 1,8 millóns de euros- non se realizará na parcela actual do centro.

 

Neste senso, López-Chaves lembrou que Educación aínda está á espera de que o Concello de Vigo firme o convenio de cesión dos terreos. Aínda así, a Xunta decidiu licitar xa a obra para “adiantar o proxecto” e avanzar na súa tramitación. De todos xeitos, coma advertiu, a obra non poderá ser adxudicada mentres o goberno local non ceda a parcela.

 

O concello desoe os requirimentos da Valedora do Pobo sobre os cortes de auga

O goberno municipal desoe á veciñanza e, dende hai uns meses, tamén á Valedora do Pobo.

O pasado 19 de abril presentabamos, ante a institución que dirixe Milagros Otero, un escrito na procura de defensa do dereito á auga en Vigo. O escrito foi admitido a trámite o 2 de maio (expediente Q/899/16). Data na que lle requiren ao concello a información pertinente para valorar a queixa. Unha primeira petición que desoe o concello que tiña 15 días de prazo para respondela.

O silencio do concello motiva que a oficina da valedora requira, o 2 de xuño, información sobre o asunto. Petición por segunda ocasión desatendida.

A valedora, o 4 de xullo, infórmanos que:

“O Concello de Vigo persiste na súa actitude de non enviar a información requirida en relación coa súa queixa, a pesar de que a demandamos en dúas ocasións.
Ante iso, pola nosa banda vímonos obrigados a recordar de novo ao citado concello o seu deber de colaborar ao rápido esclarecemento da situación que nos expón na queixa (art. 26.1 da Lei do Valedor do Pobo)”.

Até en tres ocasións a valedora requiriu información a un goberno que enche a boca falando de transparencia.

Mentres o concello cala ante as peticións da valedora, ofrece roldas de prensa para anunciar un convenio con Aqualia. Acordo polo cal a empresa dedicará 30.000€ para asegurar a subministración de auga a fogares desfavorecidos. Pura propaganda, pura mentira.

A auga é un dereito e os dereitos non se cortan! Abonda xa de negocios coas nosas necesidades!

Xullo 2016
ODS-Coia

ABANCA obtén en xuño un beneficio neto de 186 millóns de euros, un 2,2% máis que no primeiro semestre de 2015

  • O crecemento rendible e a mellora da calidade do risco impulsan o resultado de negocio
  • A rendibilidade sitúase no 10,3%
  • A marxe comercial recorrente crece un 14% pese á situación de tipos
  • A morosidade redúcese nun 22%, cunha taxa de cobertura do 60%
  • O financiamento a empresas e autónomos crece un 29%
20160719-abanca-presentacion-resultados-1s
De esquerda a dereita: Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodriguez, vicepresidente de ABANCA, e Alberto de Francisco, director xeneral Finanzas de ABANCA, durante a presentación dos resultados do primeiro semestre da entidade

Descarga en alta resolución

19072016-abanca-resultados-1s2016-gl
ABANCA obtivo no primeiros seis meses do exercicio 2016 un beneficio neto de 186 millóns de euros, un 2,2% máis que no primeiro semestre do pasado ano. Este resultado reflicte o crecemento rendible do negocio, cunha marxe comercial recorrente que se ve incrementada nun 14%, grazas ao crecemento do negocio tradicional.

A entidade seguiu impulsando a concesión de financiamento aos seus clientes, especialmente ao segmento empresas e autónomos, que experimentaron un crecemento do 29% con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Continúa mellorando a calidade da carteira, cuxa morosidade se reduciu nun 22%, mentres que a taxa de cobertura mantense no 60%. O beneficio aumenta un 2,2%

O resultado do semestre ascende a 186 M€, un 2,2% máis respecto ao ano anterior. Isto supón unha rendibilidade do 10,3%, que sitúa a ABANCA entre as entidades máis rendibles do sector.

A mellora do beneficio está baseada na marxe obtida da actividade tradicional, que crece un 14% grazas ao dinamismo na concesión de créditos. A mellora nos resultados viuse apoiada ademais pola mellora da eficiencia. Mentres a produtividade crece un 9%, os gastos de explotación redúcense un 3% grazas ás medidas adoptadas en aspectos como redución de servizos externos, optimización de grandes provedores ou austeridade.

Incremento da actividade con clientes

ABANCA rexistrou no primeiro semestre significativos incrementos nas principais magnitudes do seu negocio. O crédito á clientela, a súa principal prioridade, creceu un 6,6% en termos interanuais, ata situarse en 25.751 millóns de euros.

As empresas e autónomos constitúen o principal destinatario do investimento crediticio de ABANCA. O novo financiamento a estes segmentos situouse en 5.241 millóns de euros, un 29% máis que no mesmo período do pasado exercicio. A maior parte desta cantidade, un 76%, concéntrase en pemes e autónomos, principais compoñentes do tecido produtivo do país.

Os depósitos de clientes minoristas creceron un 3,1%, ata situarse en 29.762 millóns de euros.

En Galicia, primeiro mercado da entidade financeira, ABANCA dispón dunhas cotas de mercado do 41% en depósitos e do 31% en crédito, mentres que a nivel nacional as cotas de mercado son o 3% en depósitos e o 2% en crédito.

Comercialización de produtos de valor

Así mesmo, ABANCA segue profundando na súa estratexia de diversificación de fontes de rendibilidade mediante a dinamización da venda de produtos de valor engadido, o que permitiu incrementar nun 10,4% os ingresos por comisións.

A estratexia de vinculación da entidade está a dar resultado coa captación de clientes de alto valor. Nos últimos meses máis de 55.000 clientes adicionais accederon ao máximo nivel de vinculación grazas á contratación de novos produtos e servizos coa entidade.

Os produtos fóra de balance (fondos de investimento, plans de pensións e seguros de aforro) consolídanse como alternativa aos depósitos tradicionais para os clientes, cun crecemento do 8,8%, ata situarse en 4.378 millóns de euros.

Unha das claves do bo desempeño de ABANCA é o especial esforzo para facer fronte á volatilidade dos mercados. O 82% dos fondos comercializados por ABANCA sitúase por encima da rendibilidade media de cada categoría de produtos.

Pola súa banda, as vendas de seguros creceron un 39%. A comercialización daTarifa Plana, produto estrela da entidade no mercado asegurador, deu lugar a 2.250 contratos no último mes. ABANCA situouse como sétima entidade bancoaseguradora do mercado español no ramo de vida.

Mellora da calidade da carteira, solvencia e liquidez

Continúa a mellora da calidade dos activos a un ritmo superior ao do sector. O importe de saldo dubidoso redúcese un 22% desde xuño de 2015 e a taxa de mora descende ao 7,6%, por baixo da media do sector.

A mellora na calidade dos activos conseguiuse mantendo políticas de extremada prudencia. Deste xeito, a cobertura do crédito dubidoso situouse no 60%, un dos niveis máis elevados do sector. A cobertura de activos adxudicados, cuxo peso se mantén no 1% do balance, un dos menores do sector, sitúase no 55%. ABANCA mantense así mesmo como unha das entidades máis capitalizadas do sector, cunha marxe de 1.152 millóns sobre o requisito esixido. O cociente de capital CET1 está situado no 14,3%.

ABANCA dispón de máis de 10.900 millóns en activos líquidos e capacidade de emisión. A entidade cumpre folgadamente os requisitos de liquidez a curto e longo prazo fixados para 2018 polo BCE.

A sostibilidade futura da entidade vese reforzada, ademais, polo seu cociente crédito/depósitos minoristas, situado no 91,5%. En detrimento de outras fontes de financiamento, ABANCA financia o crédito que concede coa súa captación de depósitos.

Estratexia ABANCA

ABANCA fixouse como obxectivo desenvolver unha estratexia de crecemento baseada na mellora da experiencia do cliente. Para iso a entidade está a traballar en dous eixos de actuación: en primeiro lugar, a persoalización, para ofrecer aos seus clientes un servizo que partindo da correcta identificación das súas necesidades específicas lles proporcione solucións á medida do seu perfil/sector de actividade; e, en segundo, a dixitalización, para complementar a atención persoal que ofrece a rede de oficinas coas novas oportunidades derivadas da aplicación da tecnoloxía á actividade bancaria.

No peche do primeiro semestre a entidade rexistrou importantes crecementos no número de transaccións totais, que aumentou un 34%, e na captación de clientes, que o fixo nun 20% (en ambos os casos en termos interanuais). Este impulso á actividade obsérvase de maneira especial nas canles non presenciais e de autoservizo (banca electrónica e móbil, caixeiros, banca telefónica), cuxa cifra de transaccións presenta unha taxa de crecemento interanual do 43%, así como no segmento de clientes menores de 45 anos, que representan o 75% das novas altas.

Para dar continuidade a este crecemento, a entidade segue avanzando no coñecemento e adaptación aos seus clientes. Para iso implementou unha nova axenda e sistemática comercial e creou unidades especializadas para os diferentes segmentos de negocio: ABANCA Empresas, ABANCA Seguros, ABANCA Agro, ABANCA Mar, ABANCA Privada e ABANCA Persoal.

Así mesmo, ABANCA está a centrar os seus esforzos na adaptación do seu modelo aos novos hábitos de conduta do cliente. O 40% dos particulares e o 65% das empresas son usuarios das canles a distancia, cifras que aumentarán de forma significativa nos próximos anos. As principais canles non presenciais da entidade, os servizos de banca móbil e banca electrónica, poñen de manifesto un alto ritmo no proceso de dixitalización: as conexións a banca móbil e electrónica crecen un 72% e un 48% respectivamente (datos interanuais), mentres que o número de clientes que operan por estas canles aumentaron un 21% e un 10% desde xaneiro.

Estas cifras apóianse no uso de novas solucións de pagos (ABANCA Pay, pagos por móbil e ABANCA Cash), na implantación de novas ferramentas de comunicación e atención ao cliente (mensaxería push, financial persoal management) e no incremento das posibilidades de contratación de produtos e servizos a través da banca electrónica.