A XUNTA INVISTE MÁIS DE 6,6 MILLÓNS DE EUROS PARA MELLORAS E REFORMAS DE ATA 25 CENTROS EDUCATIVOS DA CIDADE DE VIGO

  • O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, destacou que estas inversións se executan, sobre todo, a través do fondo de superávit de responsabilidade
  • As melloras realizaranse en centros de educación primaria e secundaria, centros de educación especial e no Conservatorio Profesional de Música de Vigo
  • Outros municipios con partidas para melloras en infraestruturas educativas son Soutomaior, Baiona, Fornelos, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño e Redondela

19072016_RPCentrosEducativos

Vigo, 19 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves,  informou esta mañá, en rolda de prensa, dos centros educativos da área metropolitana nos que a Xunta de Galicia está a destinar un importante investimento para a mellora das súas infraestruturas.

 

Só en centros educativos de Vigo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará máis de 6,6 millóns de euros para atender as demandas de ata 25 centros educativos da cidade. Outros municipios da área territorial con partidas destinadas para melloras en infraestruturas educativas son Soutomaior, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño e Redondela.

 

O delegado destacou que estas inversións proveñen das partidas de presuposto ordinarias e do fondo de superávit de responsabilidade, que permitiu á Xunta de Galicia destinar este ano unha gran partida a melloras no ámbito da educación. As actuacións de reforma se levarán a cabo en centros de educación primaria e secundaria, centros de educación especial e o Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

 

López–Chaves aclarou que os centros beneficiados son os que presentaban unhas “maiores necesidades” atendendo ás “demandas máis urxentes” segundo os criterios técnicos e mencionou algúns dos centros educativos onde se están a por en marcha estas melloras en infraestruturas:

 

CEIP Alfonso Rodríguez Castelao Obra nova de ampliación do centro 3.521.975,00 €
IES Teis Obra nova de ampliación do centro 1.700.000,00 €
IES do Castro Renovación da cuberta 183.858,00 €
IES República Oriental do Uruguai Renovación da cuberta 188.578,00 €
CEIP Sárdoma Moledo Renovación da cociña 150.000,00 €
CEIP Altamar Reforma da planta baixa 110.000,00 €
CEIP Celso Emilio Ferreiro Reforma da cuberta e ventás 95.000,00 €
CEE Saladino Cortizo Reparación do C.T e renovación da cociña 64.000,00 €
IES Rosais 2 Renovación fontanería e calefacción 60.001,00 €
IES San Tomé de Freixeiro Mellora instalacións deportivas 57.709,29 €
CEIP Vicente Risco Mellora aseos 60.000,00 €
CMUS Superior Reforma instalación eléctrica, cuberta ascensores e reposición peche e muros 27.500,00 €
CEIP Canicouva Mellora de aseos e ventás 75.000,00 €
CEIP Carrasqueira Instalacións de fontanería e calefacción 26.500,00 €
CEIP Lope de Vega Mellora da accesibilidade 75.000,00 €
CEIP O Sello Cuberta 55.000,00 €
CEIP Ría de Vigo Ventás 65.000,00 €
IES Carlos Casares Acondicionamento xeral 60.000,00 €
IES Castelao Instalación de fontanería e calefacción 49.657,91 €

 

O delegado territorial informou tamén de que a maioría destas obras executaranse durante este verán “cando se suspenden as clases e non hai actividade docente” para non interromper o normal desenvolvemento do curso escolar, aínda que, coma especificou, existen algúns casos, como o do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao en Navia onde as obras poderanse executar durante o curso escolar xa que a súa primeira fase –que xa está en proceso de licitación por 1,8 millóns de euros- non se realizará na parcela actual do centro.

 

Neste senso, López-Chaves lembrou que Educación aínda está á espera de que o Concello de Vigo firme o convenio de cesión dos terreos. Aínda así, a Xunta decidiu licitar xa a obra para “adiantar o proxecto” e avanzar na súa tramitación. De todos xeitos, coma advertiu, a obra non poderá ser adxudicada mentres o goberno local non ceda a parcela.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: