O CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL HORTA DO MUIÑO REÚNE EN OUTES A PARTICIPANTES DE DOUS PAÍSES EXTRANXEIROS E SEIS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos voluntarios e voluntarias  que están a participar neste proxecto de carácter ambiental, etnográfico e patrimonial
  • A actividade enmárcase na Campaña de Verán 2016, que oferta 9.046 prazas para albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade e na que a Xunta de Galicia inviste 2,6 millóns de euros

 

Outes (A Coruña), 19 de xullo de 2016.- Un total de 14 voluntarios e voluntarias galegas, doutras comunidades autónomas e do estranxeiro, están a participar no campo de traballo internacional Horta do Muiño que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en colaboración co concello de Outes durante os días 17 a 28 de xullo.

 

A directora xeral fixo hoxe unha visita a esta actividade recollendo as impresións dos  voluntarios e voluntarias que están a colaborar en tarefas como a limpeza e acondicionamento da Ruta do Añón, sinalización e dinamización da ruta, acondicionamento do Muiño coa recuperación do seu sistema de canalizacións, etc; actividades que compaxinan con outras de tempo libre como o kaiak, snorkel, tiro con arco e diversas visitas complementarias.

 

Cecilia Vázquez recordou que Galicia é un referente a nivel estatal na organización de Campos de traballo internacionais. A Consellería de Política Social desenvolve este verán un total de 24 campos de traballo na comunidade, que terán lugar además de en Outes, en A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira, Coirós, Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga, Xermade, Muíños, Celanova, Vilamarín, Ourense, A Peroxa, Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

 

Este ano Galicia conta con 958 prazas para que participen rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos en campos de traballo, das que 370 son de envío a outras comunidades autónomas (120 prazas) e a outros países (250 prazas) e 588 de acollida, nos campos que organiza a nosa comunidade.

 

Esta iniciativa forma parte da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que oferta na provincia de A Coruña máis de 3000 prazas.

 

No total galego, na Campaña de Verán tomarán parte 9.046 mozos e mozas, un 6% máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas de entre 9 e 30 anos e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

 

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a creación de 900 postos de traballo de monitores e directores de tempo libre.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: