O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL DESTACA OS CONVENIOS ASINADOS POLA XUNTA DE GALICIA COA FUNDACIÓN LA CAIXA QUE “XA TEÑEN BENEFICIADO A TANTOS GALEGOS E GALEGAS”

  • Destaca o convenio para o desenvolvemento de proxectos sociais destinados a persoas maiores, así como os convenios Pro Infancia cos que se leva a cabo un programa centrado na atención a familias con menores entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade

 

Santiago, 19 de xullo de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou no serán de hoxe na inauguración da nova oficina de CaixaBank na rúa compostelá de Xeneral Pardiñas. Na súa intervención valorou “a gran obra social” que leva a cabo a entidade e na que está presente a Xunta de Galicia. Uns convenios destinados tanto aos maiores como aos menores máis desfavorecidos e que “xa teñen beneficiado a tantos galegos e galegas”.

 

Por unha banda, Arturo Parrado, destacou o convenio de colaboración coa Fundación La Caixa para o desenvolvemento de proxectos sociais destinados a persoas maiores como iniciación á informática, fomento de estilos de vida saudable ou promoción da lectura. Un acordo que tamén serviu para a renovación do mobiliario das instalacións dos centros sociocomunitarios de benestar de de titularidade autonómica. Máis da metade destes centros -23 de 44- xa se viron beneficiados deste convenio.

 

Por outra banda, o director xeral subliñou o acordo asinado entre a Xunta de Galicia e a Obra Social La Caixa o pasado mes de outubro para mellorar a calidade de vida dos menores máis desfavorecidos. Grazas aos convenios Pro Infancia lévase a cabo nas sete grandes cidades galegas un programa centrado na atención a familias con menores entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade.   

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: