Archive | julio 20, 2016

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal,

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal, a pesares das datas nas que nos atopamos e sendo conscientes do esforzo que supón, convocamos unha CONCENTRACIÓN o xoves 21 de xullo na rúa Pizarro, diante das antigas urxencias do Xeral, ás 20 horas.

Na concentración reclamamos:

1.- RESCATE DO H. ÁLVARO CUNQUEIRO.

2.- USO SANITARIO DO ANEXO I.

3.- APERTURA DE TODAS AS CAMAS DE HOSPITALIZACIÓN.

4.- APERTURA DA UNIDADE DE CRÍTICOS NO MEIXOEIRO.

5.- NIN UNHA DERIVACIÓN Á SANIDADE PRIVADA.

6.- PLAN DE CHOQUE PARA REDUCIR AS LISTAS DE ESPERA.

 

Diante do feito de que o SERGAS pretende destinar á Cidade da Xustiza a Torre do edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo xunto co Anexo I do mesmo, dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal queremos instar á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade a non devolver os Anexos do antigo H. Xeral á Seguridade Social e manter o seu uso sanitario.

A atención sanitaria da área de Vigo precisa dedicar a uso sanitario os Anexos I (12,672 m2) e II (8,022 m2), para situar neles servizos moi necesarios para Vigo como un Centro de Alta Resolución con; un servizo de Cirurxía Minimamente Invasora (mantendo o Bloque Cirúrxico existente); un Bloque de Consultas Externas e Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais (necesarios para reducir as listas de espera); un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia; e manter o Servizo de Urxencias Extrahospitalario; o Servizo de Rehabilitación e o Centro de Orientación Familiar.

 

Vigo, 20 de xullo de 2016

 

Manuel González Moreira

O CURSO 2015-2016 NAS ESCOLAS INFANTÍS DA REDE ‘GALIÑA AZUL’ DA XUNTA DE GALICIA CHEGA Á SÚA RECTA FINAL

  • gallina_284814Os centros afrontan os últimos días do curso, que rematará oficialmente o 31 de xullo, e planifican o 2016-2017  
  • A Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, prepara a apertura de 6 novas escolas, que suporá un incremento da oferta de 348 prazas
  • A Xunta investirá case 2 millóns de euros nas obras de mellora de 65 escolas, e na reforma integral do centro de O Grove, que acometerá durante o verán

 

Santiago, 20 de xullo de 2016.- A rede de escolas infantís ‘Galiña Azul’ do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, integrada na actualidade por 132 centros, afronta a recta final do curso 2015-2016, que rematará oficialmente o próximo 31 de xullo.

 

O persoal das escolas infantís leva a cabo estes días xuntanzas coas familias, festas de fin de curso, avaliacións por parte dos pais e nais dos nenos e do grao de satisfacción… ao tempo que planifican xa aspectos concretos do curso 2016-2017, que comezará oficialmente o 5 de setembro.

 

Un exemplo que resume o traballo desenvolvido polas escolas infantís que xestiona o Consorcio é o vídeo elaborado polos profesionais do centro de Tui (Pontevedra) e ao que se pode acceder a través da ligazón: http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/2016/06/17/a-escola-un-lugar-para-as-emocions/

 

Incremento de prazas e obras de mellora

No curso 2015-2016 que agora remata, a oferta para nenos de 0 a 3 anos incrementouse en relación ao curso anterior en 534 prazas, grazas á entrada en funcionamento de 10 novas escolas infantís: Boiro, Porto do Son, Muros, Malpica, Oroso e Salvaterra do Miño; Melide e Cambre, grazas ao convenio de colaboración coa Fundación Amancio Ortega (FAO); e Meira e Narón, que xa operaban como escolas municipais, pero que pasaron a forma parte da rede autonómica. O Consorcio xestionou no curso que vai concluír un total de 7.104 prazas.

 

Para o curso 2016-2017, que arrancará no próximo mes de setembro, está prevista a entrada en funcionamento de 6 novas escolas infantís, que sumarán en 348 prazas máis á rede autonómica.

 

Ademais, a Consellería de Política Social a través do Consorcio, aproveitará os meses de verán para levar a cabo obras de remodelación e mellora en 65 escolas infantís, máis a reforma integral do centro de O Grove, o que en conxunto supón un investimento de preto de 2 millóns de euros. Esas actuacións son posibles polos recursos económicos dos que dispón este ano a administración galega debido ao cumprimento por parte da comunidade autónoma dos obxectivos de déficit fixados para ela.   

 

Á venda, a partir de mañá, os abonos para a tempada de teatro de Afundación en Vigo

Elisa-Matilla-Gibraltareña-©-Roberto-Villalón-35--542x600

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) poñerá á venda a partir de mañá, 21 de xullo e ata o vindeiro 9 de setembro, os abonos para a nova tempada teatral en Vigo. O programa conta cun total de cinco obras que abordan temáticas de índole moi social. Desde a rutina matrimonial en Los vecinos de arribapasando polo acoso escolar en Mi pequeño poni, ata a desesperación que provoca a enfermidade en Héroes. Esta tempada conta co selo de calidade de recoñecidos actores como Juan Antonio Molina, María Adánez e Juan Gea, entre moitos outros. As entradas soltas poderán adquirirse a partir do día 12 de setembro. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación, en ataquilla.com e a través do teléfono 902 504 500. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos das entradas individuais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %. A totalidade das funcións terán lugar no Teatro Afundación de Vigo, na rúa Policarpo Sanz, 13.

MÁS DE 4.000 FOTOGRAFÍAS HAN PARTICIPADO EN EL CONCURSO DE AUTORRETRATOS, ORGANIZADO POR PHOTOESPAÑA Y LA FUNDACIÓN CANAL, INSPIRADO EN EL TRABAJO DE VIVIAN MAIER

Ciudad: dónde lo íntimo se vuelve público y lo público íntimo ha  ha sido la fotografía ganadora, recibiendo una dotación de 2.000 euros, seguida por los accésit Tarde de barbería y Para lo bueno y para lo malo, que han obtenido 500 cada unounnamed

En el entorno de la exposición Vivian Maier, Street Photographer, PHotoEspaña y la Fundación Canal propusieron al público un difícil reto en forma de concurso: aparcar la pasión por los selfies y recuperar el valor y la magia de los autorretratos de la tradición fotográfica clásica. El tiempo para conseguirlo: un mes; la plataforma en la que participar no pudo ser otra que la red social de moda: Instagram; la inspiración quedó a cargo de la irrepetible e intrigante niñera fotógrafa: Vivian Maier. Una potente combinación que ha desembocado en un rotundo éxito de participación, originalidad y calidad en este concurso.

El jurado, compuesto por el fotógrafo Chema Conesa; la responsable del Departamento de Exposiciones de La Casa Encendida, Tania Pardo; y el director de Exposiciones de Fundación Canal, Cristian Ruiz Orfila, no lo ha tenido nada fácil en la elección de las fotografías ganadoras, pero finalmente Ciudad: dónde lo íntimo se vuelve público y lo público íntimo, de Esther Elena Pimienta (@estherelena.pa), ha obtenido el primer premio, recibiendo una dotación de 2.000 euros, seguida por los accésit Tarde de barbería  y Para lo bueno y para lo malo, de Carolina Santos (@carolina_santos_floriano) e Ignasi Raventos (@raventosignasi), respectivamente, que han obtenido 500 cada uno. 

Más de 20.000 personas han visitado ya la exposición Vivian Maier, Street Photographer y muchas de ellas han participado en este concurso inspirándose en las fotografías de la muestra. Entre las imágenes participantes hay multitud de variantes de autorretratos: sombras que se extienden como charcos de agua, reflejos en un cristal, en un espejo, rostros distorsionados… En ocasiones, se aprecia cómo aprovechan los elementos de la ciudad para construir autorretratos enigmáticos y fascinantes, como la misma Maier hacía. 

Los autorretratos marcaron la trayectoria fotográfica de la niñera. Realizó infinidad de ellos, tantos como posibilidades de descubrir quién era; algo que se proponía con cierta insistencia y obsesión. Su trabajo y su historia siguen fascinando a expertos y al público general. Este concurso solo es una pequeña muestra de la cantidad de seguidores que genera el fenómeno Maier, una figura sobre la que siempre quedarán incógnitas. 

JOSÉ MANUEL REY VARELA VISITA O CENTRO DE DÍA DE ALZHÉIMER DA XUNTA DE GALICIA QUE OFRECE ATENCIÓN A UN TOTAL DE 40 PERSOAS

  • _A9A5402A administración autonómica renova con AFAL as prazas neste recurso, no que inviste 320.000 euros
  • O conselleiro de Política Social percorreu as instalacións e asistiu a varias das terapias que se estaban a realizar no momento da visita como o obradoiro de psicoestimulación cognitiva
  • A día de hoxe, Galicia conta con 424 prazas públicas para persoas con alzhéimer

 

Ferrol (A Coruña), 20 de xullo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o centro de día de Alzhéimer Ferrol da Xunta de Galicia, xestionado pola Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Ferrol e Comarca (AFAL).

 

Alí, o titular da carteira autonómica realizou un percorrido polas instalacións, nomeadamente polas dúas unidades terapéuticas, a sala de rehabilitación, a enfermería comedor, vestiarios e despacho dos técnicos. Durante a súa visita, Rey Varela tivo oportunidade de presenciar o desenvolvemento de diversas terapias que se estaban a realizar neses momentos, como por exemplo a terapia de psicoestimulación cognitiva, a de estimulación cognitiva grupal ou a de psicomotricidade e musicoterapia

 

O conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte o alzhéimer; e recoñeceu o traballo diario que neste campo leva a cabo AFAL Ferrolterra, que “presta un apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares”.  Así mesmo, recalcou que a Consellería de Política Social ten como prioridade “mellorar o benestar dos galegos e galegas, aumentando a esperanza de vida plenamente autónoma e traballando na mellora das condicións das persoas que se atopan xa nunha situación de dependencia”.

 

Neste sentido, Rey Varela referiuse ao mantemento das 40 prazas públicas de atención especializada neste centro de atención diúrna, polo que a administración autonómica inviste un total de 320.439,60 euros neste ano 2016.

 

Tamén fixo referencia á subida nun 20% do convenio económico que a Xunta de Galicia mantén coas federación que integran o CERMI, pasando dos 3 millóns de euros deste ano aos 3,6 millóns en 2016; así como aos novos servizos de atención que se porán en funcionamento na nosa Comunidade.

 

Mellores servizos e máis cobertura

O novo impulso social que das políticas autonómicas está a permitir que 10.000 novas persoas se beneficien dos servizos de atención á dependencia. Na actualidade hai máis de 44.000 dependentes atendidos polo sistema para a autonomía e atención á dependencia e o obxectivo e chegar a 50.000 ao longo do ano.

 

A Comunidade Autónoma de Galicia é pioneira en ter unha carteira específica de servizos sociais dedicada á atención á dependencia e promoción da autonomía, o que permite ofertar unha maior especialización e programas concretos para este colectivo. Así mesmo, o ámbito da dependencia é o que absorbe máis recursos económicos na Consellería de Política Social: un total de 324,2 millóns de euros. Esta cifra supón un aumento de 26 millóns de euros con respecto á presente anualidade.

 

A día de hoxe, Galicia conta con 424 prazas públicas para persoas con alzhéimer repartidas en 13 centros que forman unha rede de atención que chega ás catro provincias.

 

ATIGA Y LA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN ORGANIZAN UNA JORNADA EN PORTO DO MOLLE PARA ANALIZAR LA IMPORTANCIA DE LA INNOVACIÓN TECNOLÓGICA EN LA MEJORA DE LA COMPETITIVAD EMPRESARIAL

Durante el encuentro, los centros tecnológicos integrados en ATIGA y empresas como Borgwarner, Selmark, Centum Research & Technology, Cooperativa Os Irmandiños y Hermasa presentarán casos de éxito y colaboración en I+D+i.

Vigo, 20 de julio de 2016.- Mañana jueves, 21 de julio, a partir de las 10:30 horas, la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia, en colaboración con la Axencia Galega de Innovación, organiza en el Centro de Negocios del Consorcio de la Zona Franca de Vigo, en Porto do Molle (Nigrán), la jornada “Innovación Tecnológica y Competitividad”, que tiene por objetivo presentar las capacidades de los centros tecnológicos gallegos y debatir sobre el papel crucial de la innovación y la tecnología en la mejora de la competitividad empresarial.

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL DESTACA A FORMACIÓN COMO “UNHA DAS MELLORES ARMAS PARA LOITAR CONTRA A EXCLUSIÓN” NA ENTREGA DE DIPLOMAS DE RADIO ECCA

  • A Xunta de Galicia investiu nesta asociación un total de 72.332 euros durante o curso 2015-2016 ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións plurianuais a entidades iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social

 

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 20 de xullo de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á entrega de diplomas Radio Ecca dos Servizos de Inmigración e Inclusión. Alí, o director xeral sinalou cara a formación como “unha das mellores armas para loitar contra a exclusión social” e incidiu en que as “melloras educativas son o vehículo ideal para mellorar a calidade de vida das persoas”. Nesta liña insistiu en que a formación orientada ao traballo é “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.  

 

Na sala de conferencias do Auditorio vilagarcián, Arturo Parrado valorou o gran labor de acción social que leva a cabo Radio Ecca e reflexionou acerca da importancia da “colaboración e da coordinación entre todas as administracións, entidades e demais institucións do terceiro sector para acadar o obxectivo da integración social plena para todas as persoas”.

 

Deste xeito, o director xeral de Inclusión Social lembrou que a Xunta de Galicia investiu nesta asociación un total de 72.332 euros durante o curso 2015-2016 ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións plurianuais a entidades iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Grazas a esta colaboración leváronse a cabo numerosos cursos de alfabetización para persoas inmigrantes, no marco do Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes da Dirección Xeral e tamén outros 24 cursos de alfabetización por toda Galicia do Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión.

CECILIA VÁZQUEZ REÚNESE COS MOZOS E MOZAS QUE ESTÁN A PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS DE MELIDE E PALAS DE REI

  • En ambos participarán un total de 240 rapaces e rapazas divididos en catro quendas
  • Sendeirismo, tiro con arco, kaiak, longboard ou paintball, son algunhas das actividades que se ofertan nestas localidades
  • No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior

 

Melide (A Coruña) e Palas de Rei (Lugo), 20 de xullo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos mozos e mozas que participan nas actividades que se desenvolven nos campamentos Furelos de Melide e Os Chacotes de Palas de Rei, que forman parte da Campaña de Verán da Consellería de Política Social.

Ao longo deste verán no campamento de Melide terán lugar catro quendas da actividade Natureza do camiño, nas que participan en total 240 mozos e mozas de 12 a 17 anos. Os e as participantes contan con actividades de bicicleta, orientación, sendeirismo, tiro con arco, kaiak, biomergullo fluvial, longboard e xeocaptura.

O campamento de Palas de Rei tamén conta con catro quendas e 240 mozos e mozas en total. Neste caso, son dúas as actividades, Multiaventura nos Chacotes para mozos e mozas de 12 a 14 anos e Aventura-T para os de 14 a 16 anos. Os participantes teñen actividades de BTT, escalada en rocódromo, orientación, tiro con arco, kaiak, piscina e carreiras de orientación. Para os máis maiores engádese ademais o paintball.

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

 

POLÍTICA SOCIAL E A UNIVERSIDADE DA CORUÑA ASINAN O CONVENIO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE AVALIACIÓN E TRATAMENTO DE MENORES EN SITUACIÓN DE RISCO OU DESAMPARO

200716sinaturaudc O departamento autonómico investirá máis de 160.000 euros neste proxecto da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da UDC

  • No 2016 incrementaranse en 35 o número de posibles derivacións a realizar con respecto ao 2015, chegando á posibilidade de atender 200 casos
  • O acordo experimenta unha mellora cuantitativa, xa que o orzamento consignado polo departamento autonómico aumenta un 17% con respecto ao 2015; e unha mellora cualitativa, dado que por primeira vez, ponse en marcha un sistema de formación continua aos traballadores/as que interveñen directamente cos menores do sistema de protección
  • Para a Xunta, é unha prioridade promover e potenciar a axeitada atención e tratamento terapéutico dos nenos/as que amosen desaxustes emocionais-conductuais severos relacionados coa situación de desprotección que sufriron.