A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal,

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal, a pesares das datas nas que nos atopamos e sendo conscientes do esforzo que supón, convocamos unha CONCENTRACIÓN o xoves 21 de xullo na rúa Pizarro, diante das antigas urxencias do Xeral, ás 20 horas.

Na concentración reclamamos:

1.- RESCATE DO H. ÁLVARO CUNQUEIRO.

2.- USO SANITARIO DO ANEXO I.

3.- APERTURA DE TODAS AS CAMAS DE HOSPITALIZACIÓN.

4.- APERTURA DA UNIDADE DE CRÍTICOS NO MEIXOEIRO.

5.- NIN UNHA DERIVACIÓN Á SANIDADE PRIVADA.

6.- PLAN DE CHOQUE PARA REDUCIR AS LISTAS DE ESPERA.

 

Diante do feito de que o SERGAS pretende destinar á Cidade da Xustiza a Torre do edificio do antigo Hospital Xeral de Vigo xunto co Anexo I do mesmo, dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo e a Xunta de Persoal queremos instar á Xunta de Galicia e á Consellería de Sanidade a non devolver os Anexos do antigo H. Xeral á Seguridade Social e manter o seu uso sanitario.

A atención sanitaria da área de Vigo precisa dedicar a uso sanitario os Anexos I (12,672 m2) e II (8,022 m2), para situar neles servizos moi necesarios para Vigo como un Centro de Alta Resolución con; un servizo de Cirurxía Minimamente Invasora (mantendo o Bloque Cirúrxico existente); un Bloque de Consultas Externas e Gabinetes de Exploracións e Probas Funcionais (necesarios para reducir as listas de espera); un novo Centro de Atención Primaria que remate coa masificación dos actuais; unha Unidade de Saúde Mental que substitúa ás pechadas na Dobrada e Coia; e manter o Servizo de Urxencias Extrahospitalario; o Servizo de Rehabilitación e o Centro de Orientación Familiar.

 

Vigo, 20 de xullo de 2016

 

Manuel González Moreira

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: