O CURSO 2015-2016 NAS ESCOLAS INFANTÍS DA REDE ‘GALIÑA AZUL’ DA XUNTA DE GALICIA CHEGA Á SÚA RECTA FINAL

  • gallina_284814Os centros afrontan os últimos días do curso, que rematará oficialmente o 31 de xullo, e planifican o 2016-2017  
  • A Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, prepara a apertura de 6 novas escolas, que suporá un incremento da oferta de 348 prazas
  • A Xunta investirá case 2 millóns de euros nas obras de mellora de 65 escolas, e na reforma integral do centro de O Grove, que acometerá durante o verán

 

Santiago, 20 de xullo de 2016.- A rede de escolas infantís ‘Galiña Azul’ do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, integrada na actualidade por 132 centros, afronta a recta final do curso 2015-2016, que rematará oficialmente o próximo 31 de xullo.

 

O persoal das escolas infantís leva a cabo estes días xuntanzas coas familias, festas de fin de curso, avaliacións por parte dos pais e nais dos nenos e do grao de satisfacción… ao tempo que planifican xa aspectos concretos do curso 2016-2017, que comezará oficialmente o 5 de setembro.

 

Un exemplo que resume o traballo desenvolvido polas escolas infantís que xestiona o Consorcio é o vídeo elaborado polos profesionais do centro de Tui (Pontevedra) e ao que se pode acceder a través da ligazón: http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/2016/06/17/a-escola-un-lugar-para-as-emocions/

 

Incremento de prazas e obras de mellora

No curso 2015-2016 que agora remata, a oferta para nenos de 0 a 3 anos incrementouse en relación ao curso anterior en 534 prazas, grazas á entrada en funcionamento de 10 novas escolas infantís: Boiro, Porto do Son, Muros, Malpica, Oroso e Salvaterra do Miño; Melide e Cambre, grazas ao convenio de colaboración coa Fundación Amancio Ortega (FAO); e Meira e Narón, que xa operaban como escolas municipais, pero que pasaron a forma parte da rede autonómica. O Consorcio xestionou no curso que vai concluír un total de 7.104 prazas.

 

Para o curso 2016-2017, que arrancará no próximo mes de setembro, está prevista a entrada en funcionamento de 6 novas escolas infantís, que sumarán en 348 prazas máis á rede autonómica.

 

Ademais, a Consellería de Política Social a través do Consorcio, aproveitará os meses de verán para levar a cabo obras de remodelación e mellora en 65 escolas infantís, máis a reforma integral do centro de O Grove, o que en conxunto supón un investimento de preto de 2 millóns de euros. Esas actuacións son posibles polos recursos económicos dos que dispón este ano a administración galega debido ao cumprimento por parte da comunidade autónoma dos obxectivos de déficit fixados para ela.   

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: