O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL DESTACA A FORMACIÓN COMO “UNHA DAS MELLORES ARMAS PARA LOITAR CONTRA A EXCLUSIÓN” NA ENTREGA DE DIPLOMAS DE RADIO ECCA

  • A Xunta de Galicia investiu nesta asociación un total de 72.332 euros durante o curso 2015-2016 ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións plurianuais a entidades iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social

 

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 20 de xullo de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á entrega de diplomas Radio Ecca dos Servizos de Inmigración e Inclusión. Alí, o director xeral sinalou cara a formación como “unha das mellores armas para loitar contra a exclusión social” e incidiu en que as “melloras educativas son o vehículo ideal para mellorar a calidade de vida das persoas”. Nesta liña insistiu en que a formación orientada ao traballo é “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.  

 

Na sala de conferencias do Auditorio vilagarcián, Arturo Parrado valorou o gran labor de acción social que leva a cabo Radio Ecca e reflexionou acerca da importancia da “colaboración e da coordinación entre todas as administracións, entidades e demais institucións do terceiro sector para acadar o obxectivo da integración social plena para todas as persoas”.

 

Deste xeito, o director xeral de Inclusión Social lembrou que a Xunta de Galicia investiu nesta asociación un total de 72.332 euros durante o curso 2015-2016 ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións plurianuais a entidades iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Grazas a esta colaboración leváronse a cabo numerosos cursos de alfabetización para persoas inmigrantes, no marco do Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes da Dirección Xeral e tamén outros 24 cursos de alfabetización por toda Galicia do Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: