A REHABILITACIÓN DOS NOVOS INMOBLES DO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO COMEZA A TOMAR FORMA NOS NÚMEROS 10-12 DA RÚA FERRERÍA

  • O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, visitou hoxe a zona para supervisar os traballos
  • Trátase dunha actuación na zona alta do casco histórico de onde sairán 2 vivendas dun dormitorio e 1 local comercial cun investimento de case 270.000 euros
  • Os traballos avanzan a bo ritmo e contan cun prazo de execución de 12 meses  21072016_VisitaObrasFerreria10-12b

 

Vigo, 21 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá a rúa Ferrería para supervisar o avance dos traballos de rehabilitación de 2 inmobles, concretamente nos números 10-12.

 

As obras de reestruturación en Ferrería 10-12 permitirán contar con 2 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo e unitario edificio, cun prazo de execución de 12 meses. A actuación foi proxectada polos arquitectos Antonio Cominges Carvallo e Harald Binkele e a adxudicación dos traballos se fixo por 270.000 euros. Segundo o proxecto, as vivendas serán de 1 dormitorio e terán unha superficie útil de 56,79m2 cada unha, ademais de contar cun patio exterior para a entrada de luz natural. O baixo contará con arredor de 37,48 m2.

 

Durante a visita, o delegado da Xunta percorreu as tres plantas do inmoble acompañado polo xerente do organismo, Alfonso Ramos, e polos responsables da obra que lle informaron da situación actual do proxecto, podendo así coñecer de primeira man todos os detalles técnicos e arquitectónicos. Segundo indicou López-Chaves, “as obras están moi avanzadas e estanse a cumprir os prazos de construción”. Ademais, grazas a execución de todos os proxectos do Consorcio, formado en un 90% pola Xunta e un 10% polo Concello, estase a dar “una lavado de cara a toda a zona alta do Casco Vello”.

 

O proxecto de recuperación desta zona estase a ver tamén nas obras dos números  45-47 da rúa Ferrería, que permitirán a construción doutras 4 vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio cun investimento de 670.000 euros. Ademais, o presidente do CCVV recordou que o organismo ven de adquirir un novo inmoble, o edificio da rúa Cruz Verde 12, por un valor de 148.000 euros, para continuar cos proxectos de rehabilitación.

 

Deste xeito, e coma destacou, este ano se destinarán algo máis de 2 millóns de euros nestes proxectos para conseguir 13 novas vivendas e 3 locais comerciais máis que se sumarán ás xa realizadas nos 10 anos de vida do CCVV. Actualmente o Consorcio, dispón de 24 locais comerciais para novos emprendedores, dos cales, 19 xa contan con actividade empresarial. Con estas últimas actuacións supérase xa o centenar de vivendas recuperadas onde xa residen ao redor de 150 persoas.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: