Archive | julio 22, 2016

A XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE CARBALLEDO ASINAN O CONVENIO POLO QUE SE REFORMARÁ E AMPLIARÁ UN EDIFICIO NA LOCALIDADE QUE PRESTARÁ SERVIZOS DE AUTONOMÍA E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

A actuación levarase a cabo grazas á achega de ata 700.000 euros por parte da Consellería de Política Social. Pola súa banda, o Concello consignará máis de 90.000 euros a este fin2016-07-07 13 59 37_1467892887854_resized

  • En virtude deste acordo, poranse a disposición das persoas maiores e/ou dependentes un total de 24 prazas residenciais e 20 de atención diúrna
  • A Xunta garante así o dereito a que os servizos no medio rural sexan accesibles ás persoas con discapacidade e ás persoas maiores, tomando en consideración as necesidades particulares dos cidadáns do medio rural.

 

A XUNTA E O CONCELLO DA CAÑIZA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A MELLORA DA RÚA VILANOVA, CUN INVESTIMENTO DE 220.000 EUROS

  • A actuación suporá unha importante mellora da accesibilidade e mobilidade así como un incremento da seguridade viaria mediante a urbanización da rúa Vilanova
  • Con este convenio estase a reforzar a seguridade viaria da rúa Vilanova, facéndoa máis cómoda e accesible para tódolos veciños e usuarios
  • Este proxecto enmárcase no conxunto de actuacións que A Xunta está a realizar para mellorar case 600 km de rede autonómica galega dos que xa están licitados o 90% destes traballos que se van realizar

 

A Cañiza (Pontevedra), 22 de xullo de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión co alcalde de A Cañiza, Miguel Domínguez, na que asinaron un convenio para mellorar a accesibilidade,mobilidade e a seguridade viaria da rúa Vilanova.

 

Vázquez Mourelle subliñou que o Goberno Galego comprométese a licitación, execución e financiamento das obras cun orzamento de 190.000 euros, mentres que o Concello de A Cañiza achegará ata 30.000 euros. Desta maneira, o convenio contará cun orzamento total de ata 220.000 euros.

 

A conselleira destacou que a actuación suporá unha importante mellora da vía mediante a súa reordenación ao longo de 170 metros, suprimindo unha das dúas bandas actuais de aparcadoiros para poder anchear as beirarrúas. Ademais, con estas obras, mellorarase tamén o firme da estradas e renovarase as redes de saneamento, abastecemento e alumeado.

 

Unha vez remate a redacción final do proxecto, iniciarase a contratación das obras neste mesmo verán para poder, desta forma, comezar os traballos de mellora antes de que remate o ano.

 

Con este convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de A Cañiza estase a reforzar a seguridade viaria da rúa Vilanova, facéndoa mais cómoda e accesible para tódolos veciños e usuarios dando resposta a demanda proposta polo seu alcalde.

 

Este proxecto enmárcase no conxunto de actuacións que A Xunta está a realizar para mellorar case 600 km de rede autonómica galega dos que xa están licitados o 90% destes traballos que se van realizar.

 

A XUNTA DE GALICIA DESTINA PRETO DE 600.000 EUROS EN MELLORAS E REFORMAS DE 10 CENTROS EDUCATIVOS DOS CONCELLOS DO VAL MIÑOR

  • O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe o CEIP Fontes Baíña de Baiona, onde se invisten case 230.000 euros para a cuberta e o patio
  • Outros municipios con partidas para infraestruturas educativas son, ademais dos tres concellos do Val Miñor, Vigo, Soutomaior, Fornelos, Porriño e Redondela
  • As melloras realizaranse en centros de educación primaria e secundaria

22072016_CEIPFontesBaiña

Baiona, 22 de xullo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, visitou está maña o CEIP Fontes Baíña, onde a Xunta investirá preto de 230.000 euros para a mellora da cuberta e o patio infantil.

 

Coma explicou o encargado do proxecto, Faustino Mena, a reforma no colexio de Baiona suporá o cambio da cuberta actual de fibrocemento por outra de paneis mentres que no patio infantil se pecharán dous laterais do mesmo por estar “moi exposto” aos ventos. As obras contan cun prazo de execución de 2 meses e, coma dixo o delegado, realizaranse na época estival “para non interromper” o normal funcionamento do curso escolar.

 

López-Chaves e o alcalde estiveron acompañados pola concelleira de Educación, Beatriz González, a directora do centro, Lourdes Fernández, e membros do equipo directivo así coma técnicos do departamento de Educación da Xunta de Galicia. O rexedor baionés agradeceu así a “importante” inversión que fará a Consellería de Educación no centro lembrando que era unha “petición de fai anos” ademais de esperar que estean rematadas “en breve” para que centro e colectivos “poidan desfrutar delas”.

 

Pola súa banda, o delegado informou que só en centros educativos do Val Miñor a Consellería de Educación destinará preto de 600.000 euros para atender as demandas de 10 centros educativos da comarca. Deste xeito, o investimento no CEIP Fontes Baíña non será o único que se vai a executar posto que ao CEIP Belesar se destinan case 7.000 euros para a mellora do acondicionamento xeral. Mentres, no Concello de Gondomar se mellorarán os ventanais do CEIP Serra de Vincios cun presuposto de 55.000 euros ademais de asumir as obras do parque infantil do CEIP Souto-Donas.

 

Por último, en Nigrán, se actuará no CEIP Carlos Casares e no IES Val Miñor que dispoñen, respectivamente, de 30.000 euros para o cambio de ventás e de 200.000 euros para a renovación de falsos teitos, ventás e luminarias. Un investimento que ven a engadirse aos aproximadamente 30.000 euros de actuacións de mellora, acondicionamento e reforma doutros centros de infantil e primaria deste municipio (os CEIP da Cruz, Humberto Juanes,  Mallón, e a EEI As Dunas de Panxón).

 

López–Chaves aclarou que os centros nos que se acometen estas melloras son os que presentaban unhas demandas máis urxentes segundo a valoración dos técnicos ademais de explicar que estas inversións proveñen das partidas de presuposto ordinarias e do fondo de superávit de responsabilidade, que permitiu á Xunta de Galicia destinar este ano unha gran partida á educación. Ademais, no que respecta á obra de Baiona, sinalou que estes traballos eran unha “reclamación constante” por parte do Concello para lograr o obxectivo de “mellorar as condicións” das instalacións educativas. Outros municipios con partidas para infraestruturas educativas da área territorial son, ademais dos tres concellos do Val Miñor, Vigo, Soutomaior, Fornelos, Porriño e Redondela.

EL CONSELLEIRO DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LA XUNTA DE GALICIA INAUGURA EL MARTES, 26 DE JULIO, LA JORNADA “NANOTECNOLOGÍA Y OPORTUNIDADES”

a Jornada “Nanotecnología y Oportunidades”, que se celebrará en el Centro de Negocios del Consorcio de la Zona Franca de Vigo en Porto do Molle, está organizada por la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia (ATIGA) en colaboración con la Axencia Galega de Innovación (GAIN) y el Laboratorio Internacional de Nanotecnología (INL); y en ella participa también el Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI).

 

El conselleiro de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia, Francisco Conde, inaugura el próximo martes, 26 de julio, a las 10:00 horas, la Jornada “Nanotecnología y Oportunidades”. Organizada por la Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia (ATIGA) en colaboración con la Axencia Galega de Innovación (GAIN) y el Laboratorio Internacional de Nanotecnología (INL), tendrá lugar en el Centro de Negocios del Consorcio de la Zona Franca de Vigo en Porto do Molle (Nigrán). El objetivo de este encuentro es acercar el mundo de las nanotecnologías a la sociedad, la Administración y la empresa.