A XUNTA E O CONCELLO DA CAÑIZA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A MELLORA DA RÚA VILANOVA, CUN INVESTIMENTO DE 220.000 EUROS

  • A actuación suporá unha importante mellora da accesibilidade e mobilidade así como un incremento da seguridade viaria mediante a urbanización da rúa Vilanova
  • Con este convenio estase a reforzar a seguridade viaria da rúa Vilanova, facéndoa máis cómoda e accesible para tódolos veciños e usuarios
  • Este proxecto enmárcase no conxunto de actuacións que A Xunta está a realizar para mellorar case 600 km de rede autonómica galega dos que xa están licitados o 90% destes traballos que se van realizar

 

A Cañiza (Pontevedra), 22 de xullo de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión co alcalde de A Cañiza, Miguel Domínguez, na que asinaron un convenio para mellorar a accesibilidade,mobilidade e a seguridade viaria da rúa Vilanova.

 

Vázquez Mourelle subliñou que o Goberno Galego comprométese a licitación, execución e financiamento das obras cun orzamento de 190.000 euros, mentres que o Concello de A Cañiza achegará ata 30.000 euros. Desta maneira, o convenio contará cun orzamento total de ata 220.000 euros.

 

A conselleira destacou que a actuación suporá unha importante mellora da vía mediante a súa reordenación ao longo de 170 metros, suprimindo unha das dúas bandas actuais de aparcadoiros para poder anchear as beirarrúas. Ademais, con estas obras, mellorarase tamén o firme da estradas e renovarase as redes de saneamento, abastecemento e alumeado.

 

Unha vez remate a redacción final do proxecto, iniciarase a contratación das obras neste mesmo verán para poder, desta forma, comezar os traballos de mellora antes de que remate o ano.

 

Con este convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de A Cañiza estase a reforzar a seguridade viaria da rúa Vilanova, facéndoa mais cómoda e accesible para tódolos veciños e usuarios dando resposta a demanda proposta polo seu alcalde.

 

Este proxecto enmárcase no conxunto de actuacións que A Xunta está a realizar para mellorar case 600 km de rede autonómica galega dos que xa están licitados o 90% destes traballos que se van realizar.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: