A III EDICÓN DE ‘PORRIGALIA’ TERÁ UN DÍA MÁIS, ESPÁLLASE POR TODO O PORRIÑO E XUNTA A HUECCO, DAVID POP, FONSI NIETO E O ESPECTACULAR ‘KELTIA O MUSICAL’

Porrigalia1O primeiro tenente de alcalde do Porriño, Manuel Carrera, e a concelleira de Benestar, Soledad Girón, presentaron este venres a terceira edición de Porrigalia, que e celebrará na vila os días 29, 30 e 31 de xullo e que como subliñou Girón, non so disporá dun día máis que en 2015, senón que terá presenza en todo o concello con actividades na rúa Domingo Bueno, no Velódromo Municipal, “que estará conectado por bus, “constantemente” dende San Sebastián, ou a Praza do Cristo, que este ano acollerá a proposta para os máis pequenos, ‘Pekegalia’.

O programa, que este 2016 dará, ademais un maior protagonismo ás asociacións veciñais e culturais”, recolle as actuacións de Huecco, David Pop DJ e Fonsi Nieto, o ex  piloto profesional de motociclismo ofrecerá o seu espectáculo a mañanciña do 30 al 31 en Domingo Bueno, dende as 10 e media da noite.

O ‘prato forte’, á ,marxe do Desfile da Garda Pretoriana do arde Lucus, o prendido da chama ‘olímpica’ no Faro de Budiño, o venres, día 29 ás 9 da noite, as exhibicións de aves, os cabalos, o corte de troncos,carreiras, salto horizontal ou espectáculo de lume, será a Keltia O Musical (10 e media da noite do venres día 29, na rúa Domingo Bueno).

O Bruxo Queimán e Andrea Pousa, os seus protagonistas, ofreceron un anticipo este mesmo luns, durante a presentación de Porrigalia, do que será o espectáculo que protagonizan e que estará baseado “nos alicerces da cultura atlántica pero adaptado especialmente para os III Xogos Olímpicos de Porrigalia”.

Como adiantara xa hai varias semanas o goberno local, nesta nova edición de Porrigalia,tamén aumenta o número de postos de comida e roupa, haberá máis variedade de oferta no mercado artesán, ademais de máis animación e actividades na rúa, dende o espectáculo de lume, pasando polo xantar, foto-call, ou  desfiles polo centro do Porriño.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: