GALICIA CONSOLÍDASE ENTRE AS COMUNIDADES QUE PAGA CON MÁIS AXILIDADE AOS SEUS PROVEDORES, 32 DÍAS ANTES QUE A MEDIA

  • O período medio de pago da Xunta de Galicia baixou en maio aos 18,2 días, fronte aos 50,8 días do conxunto das CCAA
  • Galicia mantense como a terceira comunidade con menor tempo medio de pago e a quinta con menor débeda comercial

 

Santiago, 22 de xullo de 2016.- Galicia consolídase entre as comunidades que pagan con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas referentes ao mes de maio. O tempo medio de pago ese mes foi de 18,2 días en Galicia, o que supón 32,5 días menos que a media autonómica, que foi de 50,8 días.

 

Os datos do Ministerio de Hacienda mostran que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en dúas comunidades autónomas (Canarias e Asturias) e nas dúas comunidades de réxime foral. En maio, o período medio de pago reduciuse en Galicia sobre o mes anterior, mentres que media autonómica aumentou en 3,8 días.

 

O informe presentado polo Ministerio de Hacienda mostra tamén que só sete comunidades autónomas cumpriron o tempo máximo de pago que establece a lexislación estatal. Entre elas figura Galicia e outras catro comunidades de réxime común.

 

Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. Esta axilidade é consecuencia da solvencia da Comunidade Autónoma, que permitiu á Xunta manter nestes últimos anos a súa autonomía financeira.

 

Ademais, Galicia é a quinta comunidade de réxime común con menor débeda comercial, cunha ratio de débeda/PIB do 0,60%, fronte ao 0,84% de media no conxunto das comunidades autonómicas. Este indicador mantívose estable respecto ao mes anterior, tanto en Galicia (0,58% en abril) como no conxunto de España (0,85% en abril).

 

Período Medio de Pago – Maio 2016 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (4,27) Cataluña 38,83
País Vasco* (3,10) MEDIA CCAA 50,76
Canarias 0,56 Madrid 55,30
Asturias 9,57 Baleares 66,36
Galicia 18,23 C.Valenciana 77,62
A Rioxa 21,19 Murcia 78,08
Andalucía 23,82 Castela e León 81,68
Castela-A Mancha 37,90 Aragón 97,02
Cantabria 38,49 Estremadura 118,51

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: