A XUNTA REALIZARÁ MAÑÁ CORTES DE TRÁFICO PUNTUAIS E BREVES NO CORREDOR DO MORRAZO, ENTRE AS 10 E AS 11 HORAS, POR MOR DA EXECUCIÓN DE TRABALLOS DE CABLEADO ELÉCTRICO
- Os cortes prevense no treito comprendido entre os PK 0+500 e 1+100, en ambas marxes
- Estas interrupcións estarán sinalizadas e o tráfico regularase de xeito manual
- Tendo en conta a brevidade para levar a cabo estes traballos, non se prevén desvíos alternativos
Santiago, 26 de xullo de 2016.- A Xunta realizará mañá, entre as 10 e as 11 horas, cortes de tráfico breves e puntuais nos dous sentidos do Corredor do Morrazo, no treito comprendido entre os PK 0+500 e 1+100, por mor da execución de traballos de cableado eléctrico.
Estes cortes, cunha duración que non superará os 5 minutos, estarán debidamente sinalizados e o tráfico regularase de xeito manual. Tendo en conta a brevidade para levar a cabo estes traballos, non se prevén desvíos alternativos.
A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ADXUDICA O CONTRATO PARA A CREACIÓN DUN CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN OURENSE
A partir de hoxe ábrese o prazo de dous meses para rematar o proxecto construtivo da primeira fase
- Rey Varela cumpre así cos prazos e co compromiso adquirido con este colectivo en pasados encontros
- As novas instalacións estarán situadas na zona de Mariñamansa e estímase que a redacción e licitación do proxecto estará preparada para finais do ano 2016
- Esta nova infraestrutura dará cobertura ás necesidades dos discapacitados e discapacitadas maiores de 21 anos da provincia de Ourense e a aqueles que marcharon a outros centros fóra da mesma
Ourense, 26 de xullo de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, adxudicou o contrato para a redacción do proxecto de creación dun novo centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) en Ourense. Así o trasladou o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ao colectivo de pais e nais de mozos e mozas con discapacidade psíquica e física do Centro de Educación Especial “Miño”, de Velle, no transcurso dun encontro técnico mantido esta mañá e que permitiu aos integrantes deste colectivo ser copartícipes desta iniciativa.
A partir de hoxe ábrese o prazo de dous meses para rematar o proxecto construtivo da primeira fase deste centro. O titular autonómico destacou que deste xeito “cúmprese o prazo que dende a Consellería de Política Social trasladamos aos pais e nais, que no mes de xullo teríamos esta reunión, que o proxecto estaría adxudicado e que teríamos o crédito orzamentario necesario para a licitación deste centro”.
O colectivo de pais e nais saudou este novo encontro e destacou a participación que están a ter na configuración deste centro, así como que este responde ás necesidades reais da provincia. Así mesmo, este colectivo fixo fincapé na atención que o conselleiro puxo neste asunto.
Nesta liña, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, amosou a súa satisfacción pola construción deste centro “tan necesario” na cidade. “Hai un alto grao de entendemento e cumprimento por parte da Consellería de Política Social, e hoxe visualizouse o consenso na cobertura dunha necesidade”, declarou o rexedor.
O centro emprazarase na zona de Mariñamansa e a xestión do mesmo será pública, respondendo así ás peticións do colectivo de pais e nais. Estímase que a redacción e licitación do proxecto estará preparada para finais de 2016.
Esta nova infraestrutura será un referente en Ourense e porá á provincia ao nivel das outras tres galegas en canto a recursos como os CAPD.
Deste xeito, o conselleiro de Política Social dá resposta á petición que o colectivo de pais e nais do Centro de Educación Especial “Miño” lle trasladou no pasado mes de marzo, concernente á creación dun centro público para maiores de 21 co obxecto de que os seus fillos e fillas teñan a posibilidade de continuar coa súa formación e desenvolvemento persoal.
Vía libre para os negocios de Aqualia, vía executiva para os fogares empobrecidos
A auga da moito cartos. Moitos para as grandes transnacionais, uns poucos para os gobernos municipais que a venden como unha mercadoría máis. Un modelo de xestión que permite aos concellos financiarse malvendendo este ben común, igual que o fan con tantos outros. Cos cartos no peto, pouco importa a supervisión dos contratos ou, o máis importante, que todas as veciñas teñan garantido o dereito a auga.
No caso de Vigo, Aqualia goza dunhas condicións moi beneficiosas para facer negocios. Caballero coa prórroga do contrato até 2020 apañou cartos para seguir facendo “humanizacións” sen lle importar que temos auga cara e que Vigo fica sen ordenanza que garanta exencións no pagamento para fogares sen recursos.
A maiores disto, cando nos últimos meses comezamos a denunciar os cortes de auga ou os negocios de Aqualia coas nosas necesidades Caballero sae á palestra para defender a empresa. En varios roldas de prensa: nega os cortes de auga, nega información á veciñanza e á Valedora do Pobo, anuncia medidas “pantasma”, insúltanos… E mentres Aqualia segue facendo beneficios.
Nas últimas semanas a empresa sorprendeunos cunha notificación. Unha veciña, con varias facturas atrasadas que derivaron nun aviso de corte, púxose en contacto coa concesionaria para evitar o corte e para comunicar que non tiña capacidade para saldar a débeda. Os escasos euros da RISGA non dan para todo…
A empresa, moi amigablemente, respondeulle que rachara co aviso de corte e que xa terían novas. Pasadas tres semanas reciben unha notificación na que lle comunican que de non pagar a factura máis antiga, de finais de 2015, procederían a enviala ao concello para que este a cobre por vía executiva. Negocio redondo para Aqualia: para eles os bos clientes, os que pagan; para o concello os morosos que serán castigados con procedementos administrativos para esixirlles os pagamentos da taxa.
Mentres isto acontece Regades responde, de novo, con trolas dicindo:
– “Aqualia non corta a auga a ningún cidadán que non poida pagar por razóns de renda acreditada”. Temos constancia de veciñas que sufriron cortes nas últimas semanas á vez que empresa e concello néganse a facer públicos os datos dos cortes de subministración nos últimos anos. Até tres veces solicitou información a Valedora do Pobo sen polo momento teren resposta.
– “A concesionaria formaliza plans de pago adecuados á situación dos usuarios”. Moitas veciñas non chegan até as afastadas oficinas da rúa Cantabria ao non teren recursos cos que poder pagar facturas e polo tanto tampouco plans de pagamento. A empresa non teñen un protocolo para isto, polo que non hai acordo, hai imposición da empresa das condicións.
– «No propio Concello de Vigo existen mecanismos de axudas que cubren os costos dos recibos de auga de aqueles cidadáns que non poden facer fronte ao seu pago». O “cheque social” non cubre facturas de auga e as axudas de emerxencia municipais apenas resolven os cortes de auga ao tramitarse con lentitude, opacidade, restritividade e sen garantías.
Porén os titulares só recollen anuncios de “app’s” e de medidas propagandísticas que en nada mudan a crúa realidade daquelas veciñas que son privadas dos mínimos para unha vida digna. Fronte a isto seguiremos a denunciar, seguiremos a loitar!
Abonda xa de negocios coas nosas necesidades! Auga para todas!
O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL SUBLIÑA A FORMACIÓN COMO “UN DOS PIARES BÁSICOS NA INSERCIÓN DAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN” NA ENTREGA DE DIPLOMAS DE RADIO ECCA
- A Xunta de Galicia investiu nesta asociación un total de 72.332 euros durante o curso 2015-2016 ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións plurianuais a entidades iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social
Burela (Lugo), 26 de xullo de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á entrega de diplomas Radio Ecca do curso para a alfabetización de persoas inmigrantes. Alí, o director xeral sinalou cara a formación como “unha das mellores armas para loitar contra a exclusión social” e incidiu en que as “melloras educativas son o vehículo ideal para mellorar a calidade de vida das persoas”. Nesta liña insistiu en que a formación orientada ao traballo é “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.
No Centro de Formación Ocupacional da localidade burelá, Arturo Parrado valorou o gran labor de acción social que leva a cabo Radio Ecca e reflexionou acerca da importancia da “colaboración e da coordinación entre todas as administracións, entidades e demais institucións do terceiro sector para acadar o obxectivo da integración social plena para todas as persoas”.
Deste xeito, o director xeral de Inclusión Social lembrou que a Xunta de Galicia investiu nesta asociación un total de 72.332 euros durante o curso 2015-2016 ao abeiro da Orde do 2 de xuño de 2015 de subvencións plurianuais a entidades iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Grazas a esta colaboración leváronse a cabo numerosos cursos de alfabetización para persoas inmigrantes, no marco do Servizo de Atención ás Persoas Inmigrantes da Dirección Xeral e tamén outros 24 cursos de alfabetización por toda Galicia do Servizo de Coordinación de Programas de Inclusión. O curso levado a cabo en Burela para a alfabetización de persoas inmigrantes tivo unha achega por parte da Xunta de 2.855,82 euros.
A XUNTA INSTA AOS CONCELLOS DA CORUÑA, VIGO, SANTIAGO, OURENSE E LUGO A ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA ESTENDER A GRATUIDADE PARA MENORES DE 18 ANOS AO TRANSPORTE URBANO
- O 28 de xuño o Pleno do Parlamento de Galicia debateu e aprobou unha iniciativa para que a Xunta se dirixirse aos municipios que contan con transporte urbano para sumarse a estas condicións vantaxosas para os mozos
- A Consellería de Infraestruturas está a implantar o transporte gratuíto para máis de 200.000 nenos e mozos de ata 18 anos no transporte metropolitano de competencia autonómica, o interurbano
- O obxectivo desta iniciativa é garantir un mellor futuro á mocidade galega, ao contribuír á economía das familias, fomentando tamén entre os máis novos unha mobilidade sustentable e respectuosa co medio
- A Xunta está a impulsar o Plan de Transporte Metropolitano en seis áreas de Galicia, un plan social que ten permitido a bonificación das viaxes de millón e medio de galegos que residen nos 74 concellos beneficiados e un aforro de 45 millóns de euros aos usuarios
Santiago, 26 de xullo de 2016.- A Xunta insta aos Concellos da Coruña, Vigo, Santiago, Ourense e Lugo a adoptar as medidas necesarias para estender ao transporte urbano a gratuidade para menores de 18 anos, en cumprimento da solicitude realizada pola Cámara galega. Así, llelo trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mediante unha misiva.
Nestes escritos enviados hoxe aos citados concellos, indícase que en sintonía co esforzo que está a facer a Xunta para promocionar o transporte público, o pasado 28 de xuño o Pleno do Parlamento de Galicia debateu e aprobou unha iniciativa instando ao Goberno galego a dirixirse aos municipios que contan con transporte urbano para sumarse a estas condicións vantaxosas para os mozos.
A Consellería de Infraestruturas está a implantar o transporte gratuíto para máis de 200.000 nenos e mozos de ata 18 anos no transporte metropolitano de competencia autonómica, o interurbano.
O obxectivo desta iniciativa é garantir un mellor futuro á mocidade galega, a través dunha medida de claro compoñente social, ao contribuír á economía das familias. Tamén hai unha compoñente educativa, ao facilitar o acceso á formación non obrigatoria, estendendo a gratuidade do transporte aos centros e a outros desprazamentos habituais dos nenos e mozos. Trátase de fomentar entre os máis novos unha mobilidade sustentable e respectuosa co medio, concienciándoos dende cativos das vantaxes do transporte público fronte ao vehículo particular.
A Xunta está a impulsar o Plan de Transporte Metropolitano en seis áreas de Galicia, un plan social que ten permitido a bonificación das viaxes de millón e medio de galegos que residen nos 74 concellos beneficiados e un aforro de 45 millóns de euros aos usuarios.
Más de 250 ponentes participarán en Madrid en el evento sobre open data de mayor relevancia internacional
* Los expertos, procedentes de 42 países, abordarán 24 temáticas del ámbito de los datos abiertos, como las ciudades inteligentes, el transporte, la educación, la agricultura, el medioambiente, la transparencia o el periodismo de datos, entre otros.
* Ya está disponible el programa y abierto el periodo de pre-inscripción para asistir a este encuentro de la comunidad open data. La inscripción es gratuita en opendata.org.
* La elección de España para celebrar el evento por primera vez en Europa es una oportunidad para reforzar el posicionamiento de nuestro país como referente en la apertura de datos.
* Según los datos del ONTSI, el sector infomediario alcanza en España un volumen de negocio de 500 millones de euros y genera 4.700 empleos.
26.07.16 La organización de la 4ª Conferencia Internacional sobre Datos Abiertos, IODC16, avanza el programa oficial de esta cita internacional que se celebra por primera vez en Europa y que tendrá lugar el 6 y 7 de octubre, en Madrid, bajo el lema `Objetivos globales, impacto local´. Este evento, organizado por el Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información y la entidad pública empresarial Red.es, reunirá a más de 250 ponentes que debatirán acerca de 24 temáticas relacionadas con los datos abiertos. La Conferencia, a la que está previsto que asistan 1.200 personas, contempla la organización de 76
sesiones que se celebrarán en diferentes formatos (workshops, mesas redondas, paneles, etc.).
La IODC16 contará con la presencia de algunas de las personalidades más relevantes del open data mundial, que compartirán su experiencia en las sesiones plenarias, con presentaciones sobre la utilización de los datos abiertos en la empresa, el alcance global del sector y su impacto a nivel local, el tratamiento de las estadísticas, las posibilidades que los datos tienen para analizar todos los aspectos de la vida o el auge que han adquirido las técnicas de extracción de datos y su uso en las nuevas formas de periodismo.
Amplia participación internacional en la configuración del Programa
La variada agenda de la Conferencia se ha configurado a partir de las 624 propuestas, procedentes de 76 países, enviadas por más de 440 integrantes de la comunidad open data que han participado en la Call for Proposal. De este modo, la IODC16 cuenta con un completo programa que se organiza entorno a los siguientes bloques:
* Impact: iniciativas sobre open data que suponen un impacto real en la vida de las personas. En estas sesiones breves se presentarán casos de datos abiertos que versarán sobre diferentes temáticas: ordenación del territorio, asistencia, agricultura, educación, servicios, responsabilidad, transporte, problemas humanitarios, cultura, parlamentos, modelos de negocio, presupuestos, medio ambiente, periodismo, ciudades, Hacking Data, ciencia, anticorrupción, género, desigualdad, gestión de catástrofes, indigenismo, industria extractiva y sistemas de procesamiento del lenguaje.
* Action and Sharing sessions: ponencias, encuentros y grupos de trabajo dirigidos a continuar configurando la hoja de ruta para la comunidad open data centrada en diferentes ejes de acción: Charter, Standards, Innovation, Capacity building, Measuring and increasing impact y Global goals. Son sesiones enfocadas a compartir el conocimiento del sector, debatir y recopilar las mejores prácticas implementadas por diferentes colectivos (empresas, organizaciones cívicas y grupos de investigación, entre otros), así como por los gobiernos de todo el mundo.
* Main Conferences: en estas sesiones plenarias se tratarán las temáticas más relevantes y actuales en el ámbito de los datos abiertos a nivel internacional.
* Regional Talks: sesiones en las que tendrán presencia representantes de todas las regiones del mundo.
Más de 76 sesiones para debatir sobre datos abiertos
Con este amplio programa, los asistentes a la Conferencia tendrán la ocasión de elegir entre una gran variedad de ponencias según sus intereses o ámbitos de actuación.
En el recinto ferial de IFEMA se dispondrán más de seis salas en las que se expondrán casos reales y de impacto vinculados con los datos abiertos en campos como el geoespacial, transporte, parlamentos, desigualdad, género, cuestiones humanitarias y medioambientales, gestión de catástrofes, educación, ciencia, periodismo de datos, smart cities, rendición de cuentas públicas y transparencia, entre otros.
En el programa de la IODC16 también se incluyen sesiones dirigidas al sector open data más profesionalizado donde se retomarán temas iniciados en las anteriores ediciones celebradas en Estados Unidos y Canadá: el Charter, estándares para la publicación de datos, las últimas innovaciones en este campo, el desarrollo de las capacidades, la medición y aumento del impacto y los objetivos globales.
España líder en Open Data – reutilización de la información del sector público
Gracias a la contribución de todos los actores y al esfuerzo colectivo en la apertura de datos que se ha venido haciendo en los últimos años, España se ha situado en una posición destacada en el contexto internacional en lo que se refiere a la apertura de datos públicos.
El proyecto europeo de referencia impulsado por la Comisión Europea “EPSI Platform” genera una comparativa internacional denominada “The PSI Scoreboard”, donde España figura en segundo lugar europeo, justo detrás de Reino Unido.
La reutilización de la información generada por el sector público contribuye a la creación de nuevos servicios de valor añadido, que generan nueva actividad económica y mejoran la calidad de vida de los ciudadanos.
Según los informes elaborados por el ONTSI de Red.es, en España, el sector infomediario –dedicado a la generación de productos, aplicaciones o servicios de valor añadido a partir de la información del sector público- alcanzó un volumen de negocio entre 450 y 500 millones y generó entre 4.200 y 4.700 empleos.
Si a la reutilización de la información del sector público añadimos la información del sector privado, que a menudo se combinan para generar
servicios de valor añadido, el volumen de negocio del sector infomediario se sitúa alrededor de los 1.100 M€.
Abierta la pre-inscripción para asistir a la IODC16
Todas aquellas personas interesadas en asistir a la 4ª Conferencia Internacional sobre Datos Abiertos, IODC16, pueden realizar su pre-inscripción gratuita a través del formulario habilitado en la web de la Conferencia, opendatacon.org, y que permanecerá abierto hasta completar el aforo.
4ª Conferencia Internacional sobre Datos Abiertos
Organizada por el Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información y la entidad pública empresarial Red.es, conjuntamente con el Banco Mundial, el Centro de Investigaciones para el Desarrollo International de Canadá (IDRC) y el Open Data for Development Network (OD4D), la IODC16 es uno de los puntos de encuentro más relevantes para debatir los temas fijados en la agenda open data mundial (Open Data Charter) y buscar soluciones innovadoras en áreas como la educación, el transporte, los productos de consumo, la electricidad, las industrias extractivas, la sanidad y las finanzas personales.
Con el lema `Objetivos globales, impacto local´ la IODC16, incorpora la experiencia acumulada en las anteriores ediciones y asume el reto de dar a conocer nuevos proyectos, facilitar el diálogo sobre los desafíos que preocupan a la comunidad open data internacional y favorecer la difusión de soluciones a los problemas planteados.
Puede consultarse el detalle del programa en http://www.opendatacon.org/agenda
ATIGA, GAIN E INL PRESENTAN A EMPRESARIOS GALLEGOS LAS MÚLTIPLES OPORTUNIDADES DE NEGOCIO QUE OFRECE LA NANOTECNOLOGÍA
El conselleiro de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia, Francisco Conde, inauguró la jornada “Nanotecnología y Oportunidades”, en la que se puso en valor el papel de esta tecnología para dinamizar el tejido productivo gallego adaptando los procesos y los productos para responder eficazmente a las nuevas necesidades del mercado.
Pies de fotos
Foto 1: Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria durante su intervención
Foto 2: mesa redonda com representantes de los centros tecnológicos de ATIGA, INL y CDTI
Mañá empeza a venda de abonos para a tempada de música clásica de Afundación en Vigo
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a súa nova tempada de música clásica en Vigo, que ofrece ao espectador obras de Webern, Brahms, Vasks e Beethoven, entre outros. A Real Filharmonía de Galicia e a Orquesta Sinfónica de Galicia estarán dirixidas nesta ocasión por Guy Braunstein, Christoph König, Dima Slobodeniouk, Jaime Martín e Giancarlo Guerrero. Unha nova oferta de Afundación para os afeccionados á música clásica que na pasada tempada reuníu máis de 8000 espectadores, o que representou unha ocupación media nos concertos do 91 por cento da asistencia.
A XUNTA CONVOCA O PROGRAMA REFORMA 16 EN COLABORACIÓN CON ASEMACO PARA MELLORAR OS BAÑOS E COCIÑAS DE 5.000 FOGARES
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, reuniuse esta mañá con Andrés Sande, xerente de Asemaco
- A iniciativa, programada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa colaboración de Asemaco, xerará investimentos de 30 millóns de euros con axudas que suporán rebaixas do 40%
- O programa Reforma 16 conta cun orzamento de 2,8 millóns de euros e apoiará ás familias no acondicionamento destes espazos, impulsando a demanda e o emprego entre as pequenas empresas e os autónomos do sector da construción
- O custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do Reforma 16 será de 1.000 euros, e as axudas públicas poderán oscilar entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros
- O Reforma 15 permitiu executar obras de modernización en 3.000 fogares galegos coa participación de 380 establecementos de materiais de construción e mobilizando máis de 20 millóns de euros.