A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL ADXUDICA O CONTRATO PARA A CREACIÓN DUN CENTRO DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE EN OURENSE

  • DSC_9075A partir de hoxe ábrese o prazo de dous meses para rematar o proxecto construtivo da primeira fase
  • Rey Varela cumpre así cos prazos e co compromiso adquirido con este colectivo en pasados encontros
  • As novas instalacións estarán situadas na zona de Mariñamansa e estímase que a redacción e licitación do proxecto estará preparada para finais do ano 2016
  • Esta nova infraestrutura dará cobertura ás necesidades dos discapacitados e discapacitadas maiores de 21 anos da provincia de Ourense e a aqueles que marcharon a outros centros fóra da mesma

 

Ourense, 26 de xullo de 2016.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, adxudicou o contrato para a redacción do proxecto de creación dun novo centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) en Ourense. Así o trasladou o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ao colectivo de pais e nais de mozos e mozas con discapacidade psíquica e física do Centro de Educación Especial “Miño”, de Velle, no transcurso dun encontro técnico mantido esta mañá e que permitiu aos integrantes deste colectivo ser copartícipes desta iniciativa.

 

A partir de hoxe ábrese o prazo de dous meses para rematar o proxecto construtivo da primeira fase deste centro. O titular autonómico destacou que deste xeito “cúmprese o prazo que dende a Consellería de Política Social trasladamos aos pais e nais, que no mes de xullo teríamos esta reunión, que o proxecto estaría adxudicado e que teríamos o crédito orzamentario necesario para a licitación deste centro”.

 

O colectivo de pais e nais saudou este novo encontro e destacou a participación que están a ter na configuración deste centro, así como que este responde ás necesidades reais da provincia. Así mesmo, este colectivo fixo fincapé na atención que o conselleiro puxo neste asunto.

 

Nesta liña, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, amosou a súa satisfacción pola construción deste centro “tan necesario” na cidade. “Hai un alto grao de entendemento e cumprimento por parte da Consellería de Política Social, e hoxe visualizouse o consenso na cobertura dunha necesidade”, declarou o rexedor.

 

O centro emprazarase na zona de Mariñamansa e a xestión do mesmo será pública, respondendo así ás peticións do colectivo de pais e nais. Estímase que a redacción e licitación do proxecto estará preparada para finais de 2016.

 

Esta nova infraestrutura será un referente en Ourense e porá á provincia ao nivel das outras tres galegas en canto a recursos como os CAPD.

 

Deste xeito, o conselleiro de Política Social dá resposta á petición que o colectivo de pais e nais do Centro de Educación Especial “Miño” lle trasladou no pasado mes de marzo, concernente á creación dun centro público para maiores de 21 co obxecto de que os seus fillos e fillas teñan a posibilidade de continuar coa súa formación e desenvolvemento persoal.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: