A XUNTA INSTA AOS CONCELLOS DA CORUÑA, VIGO, SANTIAGO, OURENSE E LUGO A ADOPTAR AS MEDIDAS NECESARIAS PARA ESTENDER A GRATUIDADE PARA MENORES DE 18 ANOS AO TRANSPORTE URBANO

  • O 28 de xuño o Pleno do Parlamento de Galicia debateu e aprobou unha iniciativa para que a Xunta se dirixirse aos municipios que contan con transporte urbano para sumarse a estas condicións vantaxosas para os mozos
  • A Consellería de Infraestruturas está a implantar o transporte gratuíto para máis de 200.000 nenos e mozos de ata 18 anos no transporte metropolitano de competencia autonómica, o interurbano
  • O obxectivo desta iniciativa é garantir un mellor futuro á mocidade galega, ao contribuír á economía das familias, fomentando tamén entre os máis novos unha mobilidade sustentable e respectuosa co medio
  • A Xunta está a impulsar o Plan de Transporte Metropolitano en seis áreas de Galicia, un plan social que ten permitido a bonificación das viaxes de millón e medio de galegos que residen nos 74 concellos beneficiados e un aforro de 45 millóns de euros aos usuarios

 

Santiago, 26 de xullo de 2016.- A Xunta insta aos Concellos da Coruña, Vigo, Santiago, Ourense e Lugo a adoptar as medidas necesarias para estender ao transporte urbano a gratuidade para menores de 18 anos, en cumprimento da solicitude realizada pola Cámara galega. Así, llelo trasladou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mediante unha misiva.

 

Nestes escritos enviados hoxe aos citados concellos, indícase que en sintonía co esforzo que está a facer a Xunta para promocionar o transporte público, o pasado 28 de xuño o Pleno do Parlamento de Galicia debateu e aprobou unha iniciativa instando ao Goberno galego a dirixirse aos municipios que contan con transporte urbano para sumarse a estas condicións vantaxosas para os mozos.

 

A Consellería de Infraestruturas está a implantar o transporte gratuíto para máis de 200.000 nenos e mozos de ata 18 anos no transporte metropolitano de competencia autonómica, o interurbano.

 

O obxectivo desta iniciativa é garantir un mellor futuro á mocidade galega, a través dunha medida de claro compoñente social, ao contribuír á economía das familias. Tamén hai unha compoñente educativa, ao facilitar o acceso á formación non obrigatoria, estendendo a gratuidade do transporte aos centros e a outros desprazamentos habituais dos nenos e mozos. Trátase de fomentar entre os máis novos unha mobilidade sustentable e respectuosa co medio, concienciándoos dende cativos das vantaxes do transporte público fronte ao vehículo particular.
A Xunta está a impulsar o Plan de Transporte Metropolitano en seis áreas de Galicia, un plan social que ten permitido a bonificación das viaxes de millón e medio de galegos que residen nos 74 concellos beneficiados e un aforro de 45 millóns de euros aos usuarios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: