Archive | julio 27, 2016

Apresentação da IXº Descida do Rio Minho em Bóia

13659002_1084777531603621_8783009998189296335_nA Eurocidade Tui Valença convida o órgão de comunicação que Vª Excia representa para a apresentação pública da IXª Descida do Rio Minho em Bóia que decorrerá quinta-feira, 28 de julho, às 11h (PT), no Centro Interfederado de Remo de Tui.

O ato contará com a presença do Alcalde de Tui, do Presidente da Câmara Municipal de Valença, do Presidente da Junta de Freguesia de Verdoejo e do Presidente da Associação de Eventos Faz Diferente.

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE VISITA OS CAMPOS DE TRABALLO DE VEDRA E BOQUEIXÓN ORGANIZADOS POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL NO MARCO DA CAMPAÑA DE VERÁN 2016

  • En Vedra estase a desenvolver un Campo etnográfico e de dinamización sociocultural e en Boqueixón outro sobre o patrimonio cultural, natural e social que existe ao redor do Pico Sacro
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado explicou que “os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes”

 

Vedra e Boqueixón (A Coruña), 27 de xullo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou aos participantes nos campos de traballo de Vedra e Boqueixón, que forman parte da Campaña de Verán da Consellería de Política Social. Os participantes nos dous campos desenvolven hoxe unha acción conxunta de coñecemento do entorno da Vía da Prata, o camiño de Santiago que percorre os dous municipios.

En Vedra está tendo lugar un Campo etnográfico e de dinamización sociocultural do 19 ao 30 de xullo. Os voluntarios participan nun obradoiro de artesanía en madeira para fabricar carteis que sinalizan rutas turísticas no municipio. Tamén colaboran no desenvolvemento de actividades socioculturais na Ludoteca, na Escola de verán e no Centro da terceira idade.

No caso de Boqueixón, o Campo ten lugar do 18 ao 29 de xullo. Os voluntarios promoverán no un achegamento ao patrimonio cultural, natural e social que existe ao redor do Pico Sacro a través dunha unidade didáctica que será aplicada no CPI Antonio Orza Couto no vindeiro curso escolar. Os participantes establecerán un plan de actuación para a dinamización do Camiño de Santiago ao seu paso por Boqueixón e Vedra e tamén elaborarán, tras recibir un obradoiro formativo, pequenos spots audiovisuais nos tres idiomas presentes no campo que promovan lugares de interese do concello como son o Pico Sacro, a ponte de Ponte Ledesma ou a fervenza de Codeso.

Cecilia Vázquez destacou que “os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes”. Así mesmo, “fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países”.

Galicia é a comunidade de referencia en materia de Campos de traballo. O ano pasado a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve. Este ano a Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán e os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nestas iniciativas. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia.

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

 

PRESENTACIÓN DEL ESTUDIO BLUE GROWTH EN EL PUERTO DE VIGO 2016-2020

IMG_4235Vigo, 27 de julio de 2016.- Hoy se han reunido los representantes de la iniciativa Blue Growth del Puerto de Vigo para proceder a la firma del protocolo entre Puertos del Estado, la Autoridad Portuaria de Vigo, la Consellería do Mar, la Consellería de Economía, Emprego e Industria, el Consorcio de la Zona Franca y el Campus del Mar para el establecimiento de un marco de actuación conjunta a favor del desarrollo de la estrategia de Blue Growth en el Puerto de Vigo y su área de influencia. A su término, López Veiga presentó a los usuarios y participantes en la iniciativa, el estudio Blue Growth Puerto de Vigo para los años 2016-2020.

 

En la realización de este importante proyecto han participado más de 250 personas de diversas administraciones, empresas, Universidad y centros de investigación. El Presidente del Puerto de Vigo ha destacado el alto grado de consenso que se ha alcanzado entre los distintos participantes, si bien el proceso no ha estado exento de controversias y tensiones. El documento final recoge, en suma, la opinión de los usuarios y agentes intervinientes.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL VISITA O CAMPAMENTO VIRXE DE LORETO, UN RECURSO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR ESTIVAL NO QUE PARTICIPARÁN 660 MOZOS E MOZAS

  • _MG_2095Baixo a temática “Natureza xunto ao mar” os e as asistentes realizarán kaiak, paddel surf, escalada ou bodyboard entre outras actividades
  • Este é o quinto ano consecutivo que a Xunta de Galicia incrementa as prazas da Campaña de Verán, na que neste 2016 tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior
  • O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha desta campaña

 

Porto do Son (A Coruña), 27 de xullo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o campamento Virxe de Loreto “Natureza xunto ao mar” en Porto do Son, onde un total de 120 mozos e mozas están a participar estes días en diversas actividades grazas á programación da Campaña de Verán 2016. Na visita o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez.

 

Este campamento conta con actividades de kaiak, paddel surf, escalada, surf, bodyboard, orientación, tirolesa, tiro con arco, stop motion e cometas; e durante a época estival acollerá a un total de 660 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos.

 

Rey Varela destacou durante a súa visita a auténtica opción de futuro que representan os campamentos de verán como o da Virxe de Loreto, onde os participantes gozan dunha programación de ocio educativo e tempo libre de primeiro nivel. “Galicia segue a ofrecer aos mozos e mozas e ás súas familias recursos de conciliación estival no marco dunha programación activa e formativa”, explicou o titular autonómico. Ademais, este campamento foi obxecto dunha reforma o ano pasado na que a Consellería de Política Social investiu 100.000 euros. “Este ano seguimos investindo en novo equipamento para que os rapaces e rapazas teñan as mellores instalacións para desfrutar do verán”, explicou o titular autonómico.  

Este é o quinto ano consecutivo que a Xunta de Galicia incrementa as prazas da Campaña de Verán, na que neste 2016 tomarán parte un total de 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

 

Melloras para os maiores e as persoas con discapacidade

O conselleiro de Política Social tamén fixo referencia ás melloras do Servizo de Axuda no Fogar no Concello de Porto do Son, onde se incrementou en 3.000 horas dito recurso cunha inversión de 30.000 euros. “Queremos facilitar que os maiores que o desexen sigan a vivir nas súas casas”, explicou Rey Varela. Así mesmo indicou que a Consellería de Política Social está a carón do concello para o que se precise en materia de dependencia.

 

Por outra banda, o conselleiro anunciou que proximamente os dependentes dos concellos de Porto do Son, Rianxo, Boiro, Ribeira e A Pobra do Caramiñal, poderán realizar as revisións, valoracións e solicitudes de discapacidade en Santiago, evitando así os desprazamentos ata a cidade da Coruña. “Acabamos de crear na Consellería o terceiro equipo de valoración na capital galega, e isto, ademais de evitar longos desprazamentos, permitirá mellorar os prazos de valoración”, detallou Rey Varela.  

 

A DIRECTORA XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA AVANZA AOS ALCALDES DE PONTEVEDRA O CONTIDO DA ORDE PARA O INVESTIMENTO EN ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

  • Salienta que a orde, publicada onte mesmo no Diario Oficial de Galicia por primeira vez, “está dotada de 1,5 millóns de euros” e que “os concellos interesados xa poden presentar a súa solicitude nun prazo dun mes que rematará o vindeiro 26 de agosto”

 

Pontevedra, 27 de xullo de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González mantivo esta mañá un encontro con alcaldes da provincia de Pontevedra para avanzarlles o contido da Orde que regula a concesión de axudas para o investimento en escolas infantís dependentes das corporacións locais. Na provincia de Pontevedra existen máis de 20 concellos que contan con escolas infantís municipais.

 

A directora xeral salientou que a orde pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para o investimento en escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de corporacións locais, publicada onte mesmo no Diario Oficial de Galicia por primeira vez, “está dotada de 1,5 millóns de euros” e que “os concellos interesados xa poden presentar a súa solicitude nun prazo dun mes que rematará o vindeiro 26 de agosto”.

 

Durante este encontro que tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta, Amparo González salientou que a finalidade da convocatoria é “mellorar as escolas infantís así como os puntos de atención á infancia municipais a través da realización das obras menores e da compra do equipamento necesario”.

Con estas axudas facilitarase a posta en marcha inmediata de recursos de atención á infancia que estean unicamente pendentes da dotación de equipamento, co que se aumentará a dispoñibilidade de prazas de atención á infancia. Igualmente mellorarase a calidade da atención recibida nos que xa veñen funcionando.

 

Esta convocatoria enmárcanse no programa operativo FEDER Galicia para o período 2014-2020 e o financiamento articularase a través dunha convocatoria pública de subvencións baixo o réxime de concorrencia competitiva. Os concellos beneficiarios non poderán ter recibido axudas financiadas con fondos Estruturais de Investimento Europeos (EIE) 2007-2013 para o mesmo concepto de gasto e no suposto de recursos que dependan da dotación de equipamento para seren postos en marcha  tampouco poderán ter recibido axudas financiadas cos ditos fondos EIE para a construción da infraestrutura. Ao abeiro desta convocatoria serán subvencionables obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas, obras novas de escasa contía que doten ao edificio de servizos necesarios, adquisición e mellora do equipamento do centro (incluída a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo), e a dotación de conexión a internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

 

As axudas poderán financiar ata o 100% do investimento subvencionable e terán unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as actuacións destinadas á realización de obras e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento. Cada concello poderá percibir unha axuda máxima de 35.000 euros, con independencia do número de centros para os que presente solicitude. A actuación é complementaria das accións de investimento para mellora das escolas infantís da rede Galiña Azul.

 

A día de hoxe, existen en Galicia 127 recursos de titularidade das corporacións locais dos cales 119 reciben financiamento da administración autonómica a través do Plan Concertado, e un total de 97 concellos son titulares destes 119 recursos.

 

Cómpre destacar que esta convocatoria enmárcase no Plan de Dinamización Demográfica para Galicia 2013-2016, Horizonte 2020, e forma parte do Programa de apoio á natalidade (PAN), un programa integral da administración autonómica que ten como obxectivo apoiar ás familias galegas ofrecendo respostas globais ás súas necesidades.

 

A atención á infancia e o apoio ás familias é unha das liñas estratéxicas de actuación da Consellería de Política Social. Investir na atención á infancia aumenta a equidade dos resultados educativos e reduce os custes para a sociedade en perda de talento e en gasto público en benestar, sanidade e incluso xustiza. Así mesmo, contar con estes recursos de conciliación contribúe significativamente a acadar obxectivos políticos fundamentais, en especial en canto a crecemento e emprego, integración social de grupos vulnerables e igualdade de xénero. O desenvolvemento dunha política de conciliación eficaz tamén constitúe unha resposta clave aos retos demográficos a longo prazo.

 

O orzamento consignado para as actuacións de conciliación por parte da Consellería de Política Social ascende a 67.124.923 euros, o que supón un incremento de case o 70% con respecto ao exercicio 2015. Grazas a esta aposta decidida do departamento autonómico Galicia xa é un referente de servizos de apoio á natalidade e á familia no contexto español.

 

CECILIA VÁZQUEZ DESTACA O TRABALLO CONXUNTO ENTRE AS CONSELLERÍAS DE POLÍTICA SOCIAL E MEDIO AMBIENTE PARA O DESENVOLVEMENTO DO CAMPO DE TRABALLO AMBIENTAL DE CORRUBEDO

  • Os voluntarios están a realizar tarefas de mantemento, información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora do complexo dunar, así como tamén na Illa de Sálvora que pertence ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas
  • Esta iniciativa forma parte da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e do programa de voluntariado ambiental

 

Ribeira (A Coruña), 27 de xullo de 2016.- A directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá o Campo de traballo de temática ambiental que se está a desenvolver no Parque Natural de Corrubedo do 20 ao 31 de xullo e no que participan 19 mozos e mozas de entre 18 e 31 anos procedentes de Galicia, do resto de España e de varios países do mundo. Os voluntarios realizan tarefas de mantemento, información e sensibilización do visitante e intervencións puntuais de mellora do complexo dunar, así como tamén na Illa de Sálvora que pertence ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Esta iniciativa forma parte da Campaña de Verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, así como tamén do novo programa de voluntariado ambiental que as Consellerías de Medio Ambiente e de Política Social desenvolven conxuntamente na Rede galega de parques naturais. Este programa distribúese en dous bloques: dous campos de traballo de carácter medioambiental en Muíños e Ribeira; e o novo programa de voluntariado nos parques naturais.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez puxo en valor a colaboración entre ambos departamentos e destacou a importancia que ten a “transversalidade” tanto nas políticas medioambientais como nas relacionadas coa mocidade. “Traballar en equipo divide as tarefas e multiplica os resultados, e iso é o que propoñemos coa sinatura deste acordo, e cos campos de traballo que constitúen unha excelente ferramenta de educación non formal para a mocidade, englobando experiencias de participación, voluntariado e mobilidade”, explicou.

Ribeira é o único concello galego que acolle as dúas iniciativas recollidas no programa de voluntariado ambiental: o campo de traballo, e o programa de voluntariado ambiental, que se desenvolverá no complexo dunar de Corrubedo.

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

 

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL APOIA A INSERCIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE QUE PARTICIPARÁN NO CURSO DE “ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS” DA ASOCIACIÓN AMICOS

  • Nesta acción formativa participarán 12 persoas e conta co investimento do FSC Inserta e do Fondo Social Europeo
  • Arturo Parrado sinalou que dende a Consellería de Política Social “apoiamos todo tipo de iniciativas e actividades formativas que, coma esta, teñen por finalidade mellorar a formación das persoas con discapacidade”

 

Boiro (A Coruña), 27 de xullo de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acudiu hoxe á presentación do curso de formación “Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería” no Centro de Atención Integral Amicos de Boiro. O programa busca a inserción laboral de mozos e mozas con discapacidade da comarca do Barbanza e Noia e conta coa colaboración e investimento do FSC Inserta e do Fondo Social Europeo.

 

En total, 12 persoas menores de 30 anos con discapacidade intelectual superior ao 33% participan no curso, que se prolongará ata o vindeiro mes de novembro. Tras esta acción formativa, os e as participantes estarán capacitados/as para executar as operacións auxiliares para a implantación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes, así como para a produción e mantemento de plantas en viveiros e centros de xardinería, seguindo as instrucións de superiores e cumprindo coas medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección do medio ambiente.

 

Arturo Parrado sinalou que dende a Consellería de Política Social “apoiamos todo tipo de iniciativas e actividades formativas que, coma esta, teñen por finalidade mellorar a formación das persoas con discapacidade e aumentar as súas posibilidades de inserción laboral”. O director xeral engadiu que a Xunta de Galicia desenvolve políticas transversais e coordina numerosos recursos no ámbito social tendentes, todos eles, a facilitar a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas.

 

A XUNTA DE GALICIA INICIARÁ ESTA SEMANA O TRÁMITE DE EXPROPIACIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA NA PO-331, EN ATÍN, NO CONCELLO DE MOS

  • 160727 MosA nova senda executarase ao longo de case un quilómetro na marxe esquerda da PO-331, e previse un investimento de 450.000 €
  • Con esta actuación mellorarase a accesibilidade peonil das vivendas e núcleos de poboación da zona de Atín, dando continuidade ao itinerario peonil existente que chega ata Porriño
  • Ademais, a actuación prevé un novo acceso peonil e ciclista, directo dende a PO-331, ao colexio público de Atín, a mellora da seguridade dunha intersección da PO-331, e a execución dun colector de saneamento
  • Esta iniciativa enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe

 

Mos (Pontevedra), 27 de xullo de 2016.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentaron hoxe á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,  o novo itinerario peonil e ciclista ao longo da estrada autonómica PO-331 na zona de Atín, que o venres 29 de xullo inicia a súa tramitación coa publicación no Diario Oficial de Galicia da información pública a efectos expropiatorios.

 

Esta actuación enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a execución de 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe ata 2020. Os itinerarios propostos para a comarca de Vigo foran presentados o pasado 16 de marzo pola Conselleira de Infraestruturas e vivenda, e suman 12 quilómetros en 11 novas sendas. Como se indicou naquel momento, encargáronse os proxectos construtivos das actuacións e agora iníciase a tramitación do correspondente á senda da PO-331.

 

Francisco Menéndez explicou que se prevé unha nova senda cunha lonxitude de 920 metros, que implicará un investimento de 450.000 € cuns fondos que a día de hoxe xa están garantidos para a execución da actuación dentro do Plan de Sendas de Galicia. Deste modo, farase posible a comunicación peonil das vivendas e núcleos máis próximos a este treito da PO-331 coa capitalidade do concello de Porriño, e dotará dun novo acceso peonil e ciclista, directo dende a estrada autonómica, ao colexio público de Atín.

 

A sección que se vai executar contará cun firme de formigón con cor e garantirá un ancho mínimo de 1,8 m libres para o tránsito. Isto permitirá que as persoas que se despracen pola senda teñan un espazo suficiente como para transitar e cruzarse comodamente.

 

Para poder acometer a actuación será necesaria a expropiación de 1.453 m2, cun custo estimado de adquisición dos terreos de 10.152 €. Para elo, o documento que se somete o día 29 a información pública inclúe a relación de bens e dereitos afectados pola actuación.

Actuacións complementarias de mellora da estrada

A maiores da senda en si mesma, mellorarase a seguridade viaria e a funcionalidade da propia estrada con actuacións complementarias importantes en canto á súa transcendencia:

 

  • Destaca o novo acceso peonil e ciclista ao colexio de Atín, directo dende a estrada PO-331, cun ancho de 3 metros e 200 de lonxitude.
  • Mellorarase a intersección da estrada de Pereiras, habilitando un cambio de sentido que mellora a funcionalidade da PO-331.
  • Habilitaranse rebaixes nos treitos existentes de beirarrúa da marxe dereita da PO-331.
  • Instalarase un colector de saneamento que permitirá conectar as vivendas da zona co sistema de saneamento do Louro.

 

E, ademais, completarase a obra coa renovación da sinalización horizontal e vertical e aquelas obras de drenaxe e sostemento de terras que sexan necesarias.

 

Resposta ao alcalde pedáneo de Chenlo

Unha das estradas xa limpa Estado do monte e fincas da parroquiaSe a semana pasada eran as descualificacións ao Goberno local por parte do grupo municipal do Partido Popular en relación cos orzamentos municipais ( aínda que o PP non foi quen de aprobar os mesmos cando tiña maioría absoluta na Corporación), estes días son as declaracións do alcalde pedáneo de Chenlo as que sorprenden ao goberno do Porriño.

Causa estupor que Alejandro Lorenzo manifeste que “apenas se acometeron” obras de saneamento en Chenlo cando en seis anos á fronte do Concello, o goberno do Partido Popular, do cal o señor Lorenzo formou parte, non fixo unha soa obra de extensión do saneamento, un feito que é aínda máis grave considerando que Alejandro Lorenzo leva, con este, tres mandatos á fronte da Entidade Local menor de Chenlo, que o seu partido gobernaba con maioria absoluta o Concello e que tiña a mesma,tamén, na Deputación e na Xunta.

Esixir que este goberno que remata apenas un ano de xestión, arranxe o que aquel no que estaba Alejandro Lorenzo non fixo en seis, é un descarado exercicio de desvergoña, aínda máis considerando que, a marxe das obras iniciadas, como xa se informou hai meses, Concello do  Porriño, Confederación Hidrográfica del Miño-Sil e Consorcio de Aguas del Louro confirmaron un acordo polo cal,neste mandato, estarán conectadas á rede de saneamento as parroquias de Budiño, Cans, Carracido, Chenlo, Mosende-Pontellas e Torneiros.

Él mesmo sabe que o que dí non é certo xa que, nas súas propias declaracións o señor Lorenzo incorre en contradicións xa que, primeiro, asegura que o Concello non fai nada en relación co saneamento e engade, logo, que hai viais municipais polos que “está proxectado o paso do sistema de saneamento”, unha afirmación que amosa a total incoherencia das súas manifestacións que están baseadas na procura da pubicidade e non nos intereses das veciñas e veciños.

En relación co estado dos viais dependentes da Deputación, hai que lembrarlle a Alejandro Lorenzo que o Partido Popular, xestionando con maioría absoluta, a Entidade Local de Chenlo, o Concello do Porriño e, coa mesma maioría, a Deputación de Pontevedra, non foi quen de facer un so arranxo das estradas provinciais que pasan pola parroquia e que levan décadas sen un mínimo mantemento.

Por contra, o actual Goberno local, non so está rematando a limpeza das pistas e vías da parroquia, como poiden comprobar os veciños estos días o cal contradice a verdón do señor Lorenzo, senon que presentó na Deputación  un informe polo miúdo, das necesidades de reparación das estradas provinciais que cruzan o Concello, e mantivo xuntanzas con responsábeis do organismo provincial neste sentido para que as obras comecen á maior brevidade posible.

Seica, do que si debería ocuparse Alejandro Lorenzo, como alcalde pedáneo de Chenlo, é de instar á limpeza de fincas e montes da parroquia, considerando o seu estado de abandono e o feito de que que, como ven de alertar o Goberno de Galicia, estamos e situación de risco extremo de incendios.

Tamén tería que indicar, por exemplo, qué tipo de actividades, actos, propostas, proxectos, ideas ou ofertas de lecer, culturais, veciñais ou formativas ten para a Rectoral de Chenlo, na que a Deputación, presidida polo popular Rafael Louzán, investiu 420.000€, que Alejandro Lorenzo aseguro no seu día que “redundarían en beneficio da veciñanza que terá un novo espazo para o seu gozo”, e que, como pódese comprobar ben doadamente, na actualidade é un espazo que apenas ten uso algún.

ABANCA, primeira entidade financiera en ofrecer a identificación por pegada dixital na súa banca móbil

  • O banco galego é o primeiro que incorpora o lector de pegada dixital tanto para clientes con móbiles Android como iOS
  • A entidade financeira lanza unha nova versión da súa banca móbil con novas funcionalidades como apagar e acender tarxetas
20160726-abanca-huella-android
Acceso por pegada á banca mobil

 

20160726-abanca-huella-android-2
 

20160726-abanca-huella-android-3
Imaxes do novo deseño e funcionalidades da banca móbil de ABANCA

ABANCA vén de lanzar unha nova versión da súa banca móbil que permite aos seus clientes acceder identificándose coa súa pegada dactilar. O banco galego é o primeiro en España en ofrecer este servizo aos usuarios con móbiles con sistema operativo Android versión 6 ou superior, xa que esta funcionalidade estaba dispoñible ata agora unicamente para usuarios con dispositivos de Apple. O 77% dos clientes de ABANCA con móbil teñen un dispositivo con sistema Android, mentres que o 23% dispón dun móbil de Apple.

“Un dos nosos principais obxectivos é que a experiencia de usuario sexa o mellor posible e, con esta nova funcionalidade, conseguimos que o cliente poida acceder de forma máis cómoda e rápida, mantendo a mesma seguridade”, explica Rebeca Cores, directora de Arquitectura de ABANCA.

Esta nova forma de acceso con pegada en substitución do PIN mantén a máxima seguridade nas operacións e o seu uso está dispoñible en todos aqueles smartphone que incorporan esta tecnoloxía (actualmente os principais fabricantes de terminais para plataforma Android incorporan lector de pegada dixital),

A versión máis innovadora de banca móbil

A incorporación do acceso por pegada dactilar coincide co lanzamento dunha nova versión debanca móbil cun deseño máis atractivo e novas funcionalidades para os clientes.

Unha das funcionalidades máis destacadas que incorpora esta actualización é a posibilidade de apagar e acender tarxetas, de maneira que só funcionarán cando o cliente queira. Ademais, desde a banca móbil tamén se pode modificar os importes máximos para operar con tarxetas, cambiar o pin dabanca electrónica ou crear tarxetas virtuais de forma rápida e sinxela para comprar por internet.

A app de banca móbil mellor valorada do sector

A aplicación de banca móbil de ABANCA é unha das mellor valoradas polos usuarios e a primeira do sector totalmente accesible para persoas con discapacidade visual. Ademais, segundo o estudo de Mobile Banking 2016 realizado por Smartme Analytics, no que se miden 38 apps de banca móbil e medios de pago, a banca móbil de ABANCA é a máis áxil do sector e a mellor valorada en Google Play Store.

O 40% dos clientes particulares de ABANCA e o 65% das empresas son usuarios das canles a distancia da entidade financeira. As conexións á banca móbil e electrónica creceron un 72% e un 48% en xuño en relación ao mesmo período do ano anterior, mentres que o número de clientes que operan por estas canles aumentou un 21% e un 9,5% desde xaneiro.