A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE VISITA OS CAMPOS DE TRABALLO DE VEDRA E BOQUEIXÓN ORGANIZADOS POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL NO MARCO DA CAMPAÑA DE VERÁN 2016

  • En Vedra estase a desenvolver un Campo etnográfico e de dinamización sociocultural e en Boqueixón outro sobre o patrimonio cultural, natural e social que existe ao redor do Pico Sacro
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado explicou que “os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes”

 

Vedra e Boqueixón (A Coruña), 27 de xullo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou aos participantes nos campos de traballo de Vedra e Boqueixón, que forman parte da Campaña de Verán da Consellería de Política Social. Os participantes nos dous campos desenvolven hoxe unha acción conxunta de coñecemento do entorno da Vía da Prata, o camiño de Santiago que percorre os dous municipios.

En Vedra está tendo lugar un Campo etnográfico e de dinamización sociocultural do 19 ao 30 de xullo. Os voluntarios participan nun obradoiro de artesanía en madeira para fabricar carteis que sinalizan rutas turísticas no municipio. Tamén colaboran no desenvolvemento de actividades socioculturais na Ludoteca, na Escola de verán e no Centro da terceira idade.

No caso de Boqueixón, o Campo ten lugar do 18 ao 29 de xullo. Os voluntarios promoverán no un achegamento ao patrimonio cultural, natural e social que existe ao redor do Pico Sacro a través dunha unidade didáctica que será aplicada no CPI Antonio Orza Couto no vindeiro curso escolar. Os participantes establecerán un plan de actuación para a dinamización do Camiño de Santiago ao seu paso por Boqueixón e Vedra e tamén elaborarán, tras recibir un obradoiro formativo, pequenos spots audiovisuais nos tres idiomas presentes no campo que promovan lugares de interese do concello como son o Pico Sacro, a ponte de Ponte Ledesma ou a fervenza de Codeso.

Cecilia Vázquez destacou que “os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes”. Así mesmo, “fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países”.

Galicia é a comunidade de referencia en materia de Campos de traballo. O ano pasado a nosa comunidade organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve. Este ano a Consellería de Política Social organiza un total de 23 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán e os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nestas iniciativas. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia.

No total galego, na Campaña de verán toman parte 9.046 mozos e mozas, un 6 % máis que no ano anterior. As actividades están dirixidas a persoas entre 9 e 30 anos, e están divididas en actividades específicas para os distintos grupos de idade.

O departamento autonómico inviste 2,6 millóns de euros na posta en marcha destas actividades, que permitirán a contratación dunhas 900 persoas entre monitores e directores de tempo libre.

Na programación inclúense: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: