A XUNTA DE GALICIA INICIARÁ ESTA SEMANA O TRÁMITE DE EXPROPIACIÓNS PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA SENDA PEONIL E CICLISTA NA PO-331, EN ATÍN, NO CONCELLO DE MOS

  • 160727 MosA nova senda executarase ao longo de case un quilómetro na marxe esquerda da PO-331, e previse un investimento de 450.000 €
  • Con esta actuación mellorarase a accesibilidade peonil das vivendas e núcleos de poboación da zona de Atín, dando continuidade ao itinerario peonil existente que chega ata Porriño
  • Ademais, a actuación prevé un novo acceso peonil e ciclista, directo dende a PO-331, ao colexio público de Atín, a mellora da seguridade dunha intersección da PO-331, e a execución dun colector de saneamento
  • Esta iniciativa enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executará 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe

 

Mos (Pontevedra), 27 de xullo de 2016.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, presentaron hoxe á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo,  o novo itinerario peonil e ciclista ao longo da estrada autonómica PO-331 na zona de Atín, que o venres 29 de xullo inicia a súa tramitación coa publicación no Diario Oficial de Galicia da información pública a efectos expropiatorios.

 

Esta actuación enmárcase no Plan de Sendas de Galicia, que prevé a execución de 170 quilómetros de sendas sostibles, seguras e integradas na paisaxe ata 2020. Os itinerarios propostos para a comarca de Vigo foran presentados o pasado 16 de marzo pola Conselleira de Infraestruturas e vivenda, e suman 12 quilómetros en 11 novas sendas. Como se indicou naquel momento, encargáronse os proxectos construtivos das actuacións e agora iníciase a tramitación do correspondente á senda da PO-331.

 

Francisco Menéndez explicou que se prevé unha nova senda cunha lonxitude de 920 metros, que implicará un investimento de 450.000 € cuns fondos que a día de hoxe xa están garantidos para a execución da actuación dentro do Plan de Sendas de Galicia. Deste modo, farase posible a comunicación peonil das vivendas e núcleos máis próximos a este treito da PO-331 coa capitalidade do concello de Porriño, e dotará dun novo acceso peonil e ciclista, directo dende a estrada autonómica, ao colexio público de Atín.

 

A sección que se vai executar contará cun firme de formigón con cor e garantirá un ancho mínimo de 1,8 m libres para o tránsito. Isto permitirá que as persoas que se despracen pola senda teñan un espazo suficiente como para transitar e cruzarse comodamente.

 

Para poder acometer a actuación será necesaria a expropiación de 1.453 m2, cun custo estimado de adquisición dos terreos de 10.152 €. Para elo, o documento que se somete o día 29 a información pública inclúe a relación de bens e dereitos afectados pola actuación.

Actuacións complementarias de mellora da estrada

A maiores da senda en si mesma, mellorarase a seguridade viaria e a funcionalidade da propia estrada con actuacións complementarias importantes en canto á súa transcendencia:

 

  • Destaca o novo acceso peonil e ciclista ao colexio de Atín, directo dende a estrada PO-331, cun ancho de 3 metros e 200 de lonxitude.
  • Mellorarase a intersección da estrada de Pereiras, habilitando un cambio de sentido que mellora a funcionalidade da PO-331.
  • Habilitaranse rebaixes nos treitos existentes de beirarrúa da marxe dereita da PO-331.
  • Instalarase un colector de saneamento que permitirá conectar as vivendas da zona co sistema de saneamento do Louro.

 

E, ademais, completarase a obra coa renovación da sinalización horizontal e vertical e aquelas obras de drenaxe e sostemento de terras que sexan necesarias.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: